http://www.wikio.es

25/11/10

Xunta de Galicia: O concurso eólico non é respectuoso coa natureza

Verdegaia é unha organización ecologista galega, da cál hónrase en formar parte Radio Rexurdimento. Esta organización, (referente galega de Ecoloxístas en Acción), acaba de publicar a súa avaliación do reparto eólico adxudicado pola Xunta do PP ano e medio despois de parar o reparto do bipartito.

Os ecoloxistas galegos de Verdegaia, lembran que Galicia é a comunidade autónoma con menos porcentaxe de Rede Natura e critican a escasa relevancia da proposta de ampliación. Ademais, piden que se aproveiten as adxudicacións a Gas Natural (que se inventou a marca Fenosa Wind) e Endesa para que se pechen as térmicas das Pontes e Meirama, as principais emisoras de CO2 de Galicia.


Velaeiquí o comunicado completo dos ecoloxistas:

"Ao entender de Verdegaia, o último ano e medio perdido no desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia non serviu para introducir as medidas necesarias para minimizar o seu impacto no territorio. A convocatoria e resolución do concurso eólico sen aprobar antes un novo Plan Sectorial Eólico que estabelecese suficientes zonas de exclusión, fará que a nova potencia eólica de 2.325 MW ocasione danos moi importantes ao medio natural que se poderían ter evitado cunha mellor planificación.

As áreas de interese natural incompatibles coa instalación de parques eólicos non se limitan ás zonas Natura 2000. Estes espazos deberían ter sido definidos no marco dun novo Plan Eólico que substituíse ao vixente, aprobado en 1997 e modificado en 2002, e que non foi obxecto dunha avaliación ambiental estratéxica. O estabelecemento de zonas de exclusión por motivos ambientais é a medida clave para prevenir impactos ambientais graves da enerxía eólica, unha enerxía limpa pero non exenta de impactos, cuxa expansión é necesaria para combater o cambio climático e lograr a autonomía enerxética, mais que require dunha planificación axeitada. O concurso eólico non se encadra nunha planificación ambientalmente correcta e por ese motivo a Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que forma parte Verdegaia, interpuxo un recurso contencioso administrativo despois de que fose convocado.

Se ben a actual Xunta do PP desbotou a construción de novos parques eólicos nas zonas Rede Natura 2000 -a diferenza dos anteriores gobernos galegos do mesmo partido, que mesmo chegaron a decretar a "compatibilidade" dos parques eólicos con esa figura de protección ambiental (Decreto eólico 302/2001, derrogado)-, a rectificación chega moi tarde, cando o 40% da potencia eólica instalada (1.247,2 dun total de 3.173,7 MW, a setembro de 2009) afecta negativamente a estes espazos de alto valor ecolóxico. Ademais, resulta incoherente coa disposición da Xunta a permitir na rede Natura 2000 outro tipo de proxectos tamén incompatibles coa súa conservación, como autovías, canteiras ou piscifactorías.

A non admisión de novos parques nas áreas afectadas pola ampliación da Rede Natura 2000, por outra banda, terá unha incidencia ben limitada, dada a falta de ambición da ampliación prevista pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, que só incrementaría a porcentaxe do territorio galego incluído na Rede Natura 2000 do 11,7 ao 16,3%, co que Galicia seguirá á cola do Estado español. Esta exclusión constitúe un avanzo a respecto do concurso eólico de 2008 anulado polo actual Goberno, aínda que non a respecto do outro concurso convocado polo bipartito, de 512 MW en 2006, cuxa resolución tamén excluiu a superficie de ampliación da Rede Natura 2000 prevista daquela.

A nova potencia eólica de 2.325 MW a instalar na nosa terra permitiría pechar as térmicas de carbón de Meirama e As Pontes sen necesidade de importarmos electricidade. O feito de GAS NATURAL FENOSA e ENDESA estaren entre as empresas que obtiveron máis potencia no concurso debería ser máis un motivo para pór data ao fin da xeración de electricidade a partir da queima de carbón e planificar o desmantelamento desas centrais, altamente contaminantes e moi ineficientes.

O novo concurso eólico e a lei ao abeiro da que se convocou representan unha oportunidade perdida máis para reorientar o desenvolvemento da enerxía eólica en termos de sustentabilidade ecolóxica e de xustiza social. En lugar do canon eólico e do chamado Fondo de Compensación Ambiental, sería moito mellor dispor dun Plano Sectorial Eólico respectuoso coa biodiversidade e paisaxe, dun sector eólico cunha importante participación da Xunta, dos propietarios dos terreos e de pequenos investidores, e mais dunha política fiscal verde que gravase adecuadamente os combustibles fósiles, nomeadamente a queima de carbón nas térmicas.

Verdegaia continuará a avogar por unha nova política eólica respectuosa coas zonas de alto valor ecolóxico, que priorice o repotenciamento sobre a construción de novos parques, que aposte non só polos grandes parques eólicos senón tamén pola eólica de baixa e media potencia, que deixe importantes beneficios socioeconómicos no medio rural, e que se encadre nunha política enerxética cuxos obxectivos principais sexan o decrecemento no consumo de enerxía e o desenvolvemento de todas as renovables, na procura da sustentabilidade local e global e da soberanía enerxética."


22/11/10

SOS Sanidade Pública: "¡Non vamos permitir que ninguén faga negocio coa sanidade!

Máis de coarenta mil galegos, manifestáronse onte en Santiago e deixaron claro ao goberno da Xunta que non imos permitir que ninguén faga negocio coa saúde pública e que non imos permitir pasivamente o desmontaxe do estado do benestar e os servizos públicos. Son dereitos e non privilexios.

Ista é a reposta que ao berro de socorro da sanidade pública galega ante a política sanitaria da Xunta de Galicia, que está a deteriorar e facer inviable o sistema como paso previo a súa privatización.

Radio Rexurdimento.gal, estivo alí e uníuse ao berro de "Non, non, non a privatizacion".



20/11/10

Na defensa da Sanidade Pública galega.


A cámara do Galicia Confidencial entrevista aos voceiros da Plataforma SOS Sanidade Pública na véspera dunha cita clave. Tendo en conta o éxito de protestas previas en cidades como Vigo, a manifestación do domingo en Santiago será multitudinaria.

Galicia, que adica o 9% do PIB a Saúde, ten mellor cobertura que Estados Unidos, onde o sistema privado absorve o 20% da riqueza. Este é un dos argumentos dos voceiros de SOS Sanidade Pública, a plataforma plural que este domingo convoca unha manifestación en Compostela.

A cámara de Tingalaranga entrevista aos voceiros do colectivo en exclusiva para Galicia Confidencial. Son Francisco Vázquez, de SOS Sanidade Pública Vigo; María Xosé Abuín, da Federación de Saúde da CIG, e Francisco Reyes, de SOS Sanidade Pública Compostela. Velaquí, resumindo as súas palabras, porqué cómpre secundar a súa convocatoria:

A manifestación non vai contra ningún partido. Unicamente reclámase unha sistema onde pague máis quen máis diñeiro teña, e non quen máis doenzas sufra.

Malia ser apartidaria, a Plataforma critica a actual política de contratatacións do Sergas. Dende o cambio do Goberno, a Xunta ofrece de novo contratos precarios, que empurran aos profesionais a buscar estabilidade fóra de Galicia.

O cadro de persoal do SERGAS non aumentou dende a chegada do novo Executivo. Introducir o capital privado nos hospitais (como fará a Xunta nos novos centros de Vigo, Pontevedra e dez lugares máis ) é unha temeridade. Os xerentes dos complexos terán como prioridade o beneficio económico máis que a calidade da atención.
O modelo "público privado" xa se probou antes, tanto en Galicia como fóra, e sempre provocou unha peor calidade do servizo. Por exemplo, en Madrid os centros privatizados teñen como máximo 0,73 médicos por cada 1.000 habitantes, mentres que os públicos móvense sempre por enriba de 1,3 doutores por 1.000 habitantes.

No exterior tamén hai exemplos de sistemas 100% públicos que funcionan ben. Tal é o caso de Austria, onde non hai listas de agarda malia ter tamén unha poboación moi avellentada.
A xestión pública do sistema sanitario pode ser máis eficaz, pero por natureza é máis rendíbel que a privada. Abonda comparar a calidade do SERGAS, que absorve o 9% da riqueza galega anualmente, coa do sistema dos EE.UU, que absorbe o 20%.
Algúns cargos do SERGAS, nomeados pola Xunta, están a dificultar o traballo crítico da plataforma. A xerencia do hospital da Coruña, o antigo Juan Canalejo, prohibiu esta semana un acto reivindicativo da plataforma.

No sistema público os custes son secundarios pois o prioritario é recuperar a saúde do cidadán. No privado, os custes son máisn importantes, porque reducilos significa incrementar os beneficios.

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, segue sen organizar as quendas de tarde na pública, mentres drena as listas de espera desviando pacientes a sanatorios privados. A consecuencia é un maior gasto e o aumento das listas en certas especialidades. Por exemplo, a cirixuía pedriática da área de Compostela opera aos nenos despois dunha espera media de máis de tres meses.

NOTA: Radio Rexurdimento, xunto cos amigos e compañeiros, acudiremos á manifestación cidadán do vindeiro domingo, día 21, as 12:00 h., dende a Alameda de Santiago.



14/11/10

Oito anos despóis do “Prestige”, ¿Nunca Máis?


13.11.02: Un petroleiro accidentado, vertendo inmensas cantidades de fueloil ao mar, atópase á deriva. Igual que co Goberno da Xunta e o Goberno español. Seis días máis tarde, o día 19, as 8:00 AM, o "Prestige", con 77.000 Tm de fueloil abordo, partíase en dóus e afondíase a máis de 3.850 m. de profundidade e a uns 250 kms. da costa galega.

Oito anos máis tarde milloráronse, aínda que feblemente, os medios de alerta e seguridade marítima en Galicia, pero milleiros de buques-basura seguen a percorrer os corredores marítimos fronte a Galicia. Os operadores, lobbys e especuladores do negocio do petróleo manteñen unha flota desvencillada en materia de seguridade e con tripulacións enroladas sin formación e experiencia, reclutadas da fame.


Por outra banda, as responsabilidades xudiciáis aínda están sin sustanciar, sumerxidas en milleiros de folios arramblados nun modesto xulgado en Corcubión. Váise diluindo. Non se atoparán os responsables e culpable últimos.

As responsabilidades políticas, nunca se asumiron por parte dunha vergoñosa clase política que, salvo excepciones, nunca estiveron a altura do pobo e da magnitude da catástrofe.

Sen dúbida, voltará a ocurrir. Namentras os organismos internacionáis e os gobernos non paren contundentemente a aqueles que sustentan o seu negocio, a súa riqueza persoal, en matar a vida no planeta.

Hoxe, toca lembrar o exercicio de dignidade dos homes e mulleres que fixeron frente a irresponsabilidade dos gobernantes. Homes e mulleres do mar, voluntarios de todo o mundo, da humanidade sensible, en definitiva.

Tiven a honra de formar parte da Plataforma Nunca Máis da comarca de A Coruña e vivir intensa e inesquecíbelmente aqueles días, semáns, meses...

Con esta música dos benqueridos e admirados amigos de Luar Na Lubre, o contido íntegro do Discurso da Dignidade que fói lído por Manolo Rivas, no Obradoiro, tras da histórica manifestación do 1 de Decembro de 2002, quero amosar a miña homenaxe persoal a aquela expresión de solidariedad e aquela reivindicación da xustiza.

Por eles, por elas e por tí que estás lendo estas verbas e porque, en calqueira momento, pode voltar a ocurrir:


Manifesto final da convocatoria "Nunca Máis" do domingo 1 de diciembre de 2002.
(Texto íntegro do comunicado leído por Manuel Rivas).

"Galicia é hoxe a humanidade que berra: ‘Nunca máis!’"

Gracias irmáns:

Aquí está a dignidade, aquí está a conciencia libre, aquí está un pobo vivo, aquí está a honra de Galicia. Si, gracias irmáns:Nós tamén invocamos hoxe aquí a protección do Santiago Apóstolo, de Prisciliano, de Santo André de Teixido, da Virxe do Carme, nai e señora da xente do mar, pero invocamos sobre todo a forza do pobo, a capacidade cívica, democrática, de nós mesmos para afrontar responsablemente e con coraxe esta situación de emerxencia, sen que se nos oculte a realidade, sen que se secuestre información, sen que falte á dignidade pretendendo acalar as verdades cun tintinar de moedas.

Si, gracias irmáns:

Gracias a todos os que viñestes do Eo ao Miño, gracias especialmente ás familias do mar que están aquí, co peso da dor e destas noites de vixilia sobre os seus ombros, e gracias tamén moi especiais a esa humanidade sensible, alerta oa sufrimento da xente e da destrucción da naturea, que dende todo o mundo ten enviado o seu abrazo solidario e amosa o seu noxo e horror polo que acontece no mar de Galicia. Un mar fonte de vida, un excepcional ecosistema, o máis precioso horto da creación, velaí o tedes, en permanente ameaza, convertido nun vertedoiro de velenos, machacado pola cobiza duns e o desleixo, o abandono doutros.

Convocados aquí, dunha maneira libre e unitaria, en marea cívica fornte á marea negra do Prestige e na crise e na emerxencia en que Galicia está asolagada: Esiximos a declaración de Galicia como zona catastrófica. Trátase dun desastre de dimensións nacionais. Cómpre, pois, a inmediata dotación de recursos de todo tipo para reparar as graves consecuencias económicas, sociais, medio-ambientais e para a saúde provocadas por este sinistro. O que precisa Galicia non son remendos paliativos senón plans a longo prazo que contemplen o binomio tan estreitamente relacionado de protección do medio ambiente e o emprego e benestar da poboación.

As institucións españolas, a Comunidade Europea e os organismos internacionais deberían contemplar tamén a existencia do que poderiamos chamar unha Débeda Histórica de Catástrofes, pois temos sufrido xa seis catástrofes deste tipo e de gravísimas dimensións en trinta anos, e é unha responsabilidade a asumir polas institucións galegas o demandar esas compensacións históricas. Non só quen contamina debe pagar senón tamén quen obtivo e obtén beneficios, as petroleiras deberían pagar.

Reclamamos para Galicia a inmediata posta en marcha de mecanismos de prevención que impidan que a catástrofe vaia en aumento, coa posta a disposición dilixente dos medios económicos e loxísticos para impedir a contaminación de novas zonas, a intensificación nas xa contaminadas e a limpeza e a restauración medioambiental da costa.

Reclamamos para Galicia a adopción de medidas determinantes, ben concretas, por parte do Goberno central e da Xunta para que feitos como este non se volvan a repetir nunca máis. Medidas para impedir xa, e é o momento agora, por respecto ao loito do mar, o paso de buques que non reúnan as garantías de seguridade, apartar o corredor marítimo e establecer un control estricto do tráfico e do almacenamento de mercadorías perigosas.

Reclamamos para Galicia a dotación dun verdadeiro dispositivo de salvamento, dun plan de emerxencia e dun operativo de reacción inmediata para loitar contra a contaminación mariña, con remolcadores axeitados e con buques anti-contaminantes. Aqueles que presumen de potencia mundial, ¿non lles cae a cara de vergoña ao ver que aí, cunha nova marea negra nas nosas costas, non hai un só buque anti-contaminante con pavillón español?

Reclamamos para Galicia a ubicación nesta costa da Axencia Europea para a Seguridade Marítima.

Reclamamos que se impulse unha lexislación internacional que acabe con este tipo de capitalismo delincuente, amparado na comenencia e nos paraísos fiscais, que estraba a vida dos pobos e dos verdadeiros paraísos do mar e da terra.

E rematamos:

O sinistro do Prestige e o ocorrido despois, pón en evidencia dun xeito inapelable a inexistencia de medidas de prevención axeitadas, a ausencia de plans de emerxencia para facer fronte a este tipo de catástrofes, a improvisación e descoordenación nas tarefas de salvamento e loita contra a contaminación e a total escaseza de recursos técnicos e humanos para facer fronte a este tipo de situacións.

Denunciamos as responsabilidades derivadas destas deficiencias. Reclamamos a demisión das autoridades que coa súa ineficacia e irresponsabilidade non souberon impedir que o accidente tivese as peores consecuencias. Dicímolo no código do mar: Delta India Mike India Sierra India Oscar November: Dimisión. É nas situacións críticas cando os gobernantes teñen que estar a carón do pobo, informando realmente, nos medios e no Parlamento, e activando os recursos dun país.

¡Polycommander, Urquiola, Erkowit, Andros Patria, Casón, Mar Exeo.... e agora Prestige!

Xa non queremos contar máis. Xa abonda. Xa estamos petroleados ata as praias da alma. Galicia, mobilizada de exemplar, conseguiu nos anos Oitenta que se pechara o vertedoiro de residuos radioactivos, o cemiterio nuclear, fronte á costa de Fisterra. Pois ben. Hoxe dicimos: NUNCA MÁIS. Que non se desprecie máis este S.O.S dun pobo canso de aturar e sufrir. Que se escoite en Santiago, Madrid e Bruxelas. Que se escoite onde se teña que escoitar. Galicia é hoxe a humanidade que berra: ‘Nunca máis!’.

E para rematar, os benqueridos e admirados amigos, os coruñeses de Luar Na Lubre, déixannos unha delicia que titularon "Memoria da noite", lembrando aquela expresión de cidadanía activa que representóu o Nunca Máis.




12/11/10

Non existe a opción do silencio como non existe a posibilidade de frear as xustas demandas do pobo saharauí

Enchendo este formulario lle farás chegar un correo teu ás/ e os representantes de tu país no Parlamento Europeo na tua propia língoa. Pregámosche que o fagas con moito respeto e claridade. O obxectivo desta ferramenta é que a europarlamentaria ou o europarlamentario en concreto, lle chegue unha mensaxe única e escrita coas tuas propias verbas, sin empregar o método do "copia e pega".


O día dez de outubro comezou unha grande protesta pacífica, na que máis de 20.000 saharauís reivindicaban o seu dereito ao traballo, á non discriminación e ao usufructo dos seus recursos naturais, establecendo un campamento de 7000 jaimas a 15 kilómetros da cidade de El Aaiún. 30 días despois o goberno de Marrocos ordeou ao seu exército o asalto e a destrucción do campamento saharauí de Agdaym Iziken. Teñénse contabilizado 28 persoas mortas, 723 feridas e 159 desaparecidas, sin contar a quenes se atopan nos cuarteis militares ou a cadea, nin nos hospitais.



Ao mesmo tempo, as forzas de ocupación teñen instigado e armado a colonos da cidade de El Aaiún que, xunto cos policías de paisano, asaltan domicilios, negocios e queiman vehículos de propiedade saharauí. O exército marroquino ven de declarar o Estado de sitio nos Territorios Ocupados do Sáhara Occidental.



Non existe a opción do silencio como non existe a posibilidade de frear as xustas demandas do pobo saharauí. O que sí existe é a posibilidade de protexer a quenes están a sofrer a represión. Por elo temos creado esta ferramenta, para facer chegar por todos os canles posibeis a demanda universal de xustiza, dignidade e respeto pola vida de quenes hoxe son perseguidos e perseguidas por militares profesionais e grupos paramilitares a través das rúas de El Aaiún. Entre todos/as os/as que empreguemos esta ferramenta podemos colaborar para esixir ao Europarlamento que se pronuncie.



Propostas a ter en conta na redacción da tua mensaxe:



· Explícalles con brevidade coas tuas propias verbas o que está a suceder, cóntalles como te sintes e que é o que deberían de facer no teu nome.



· Pídelles que lle esixan ao goberno marroquino o cese da violencia que está a exercer contra da población saharauí nos Territorios Ocupados do Sáhara Occidental.



· Explícalles coas tuas propias verbas que a ONU ten de tomar cartas no asunto facendo cumplir o artigo 2 da Declaración Universal dos Dereitos do Home, así como as resolucións adoptadas para os Territorios Non Autónomos.



· Explícalles que teñen que pedir á ONU que o Consello de Seguridade lle outorgue á MINURSO a capacidade de controlar o respeto dos Dereitos Humáns, informando directamente ao Consello de Seguridade.



· Recórdalles que a ONU ten a obriga de protexer á población dun Territorio Non Autónomo, mentras permanece á espera da celebración do seu Referéndo de Autodeterminación, en conformidade coas Resolucións da Asamblea Xeral, do Consello de Seguridade e da Unión Africana.



· Reclama ao Goberno de Zapatero que deteña de inmediato a venta de armas ao goberno alauita, coas que o exército de ocupación asesiña, tortura e reprime ao pobo saharauí.



· Pídelles que levanten a sua voz para permitir a entrada de civís que poidan facer o labor de observación internacional, ao mesmo que o libre acceso da prensa.



· Esíxelles que se pronuncien diante do Parlamento Europeo, demandando a intervención deste e do resto da comunidade internacional.



· Pídelles que esixan a liberación inmediata dos/das saharauís detidos/as ilegalmente, son centos de persoas desaparecidas ou detidas.




¡VIVA O SAHARA LIBRE!




Fonte: SaharaRigths (en castelán)

Sáhara: O Goberno de España ten un compromiso histórico, ético e político

O Goberno de España ten un compromiso histórico, ético e político, con soporte xurídico de abondo para rachar coa actual e bochornosa postura adoutada diante do que está a acontecer contra do pobo saharaui na súa terra, por parte dun exército ocupante en nome dun réxime despótico, medieval, que non respeta os dereitos humáns fundamentaís, básicos, que desprecia a jurisdicción internacional, nin os requerementos das numerosas resolucións de Nacións Unidas.

Por outra banda, o Goberno de España, pusilánime diante desta agresión xunto da súa fronteira, irresponsablemente e en aras duna hipócrita “real politik” imposta por potencias terceiras, non protexe aos cidadáns españois, como periodistas, xuristas, observadores, cooperantes e diputados, que son sometidos a agresións, desprecios, insultos, detencións e expulsións ilegáis polas autoridades ocupantes.

BASTA XÁ!


1- É INDISPENSABLE QUE OS GOBERNOS DE ESPAÑA E DA UNIÓN EUROPEA, CONDENEN ESTA BARBARIE E PIDAN A NACIÓNS UNIDAS FACER O MESMO, E PEDIR UNHA COMISION INDEPENDENTE DE INVESTIGACION.

2- É URXENTE ENVIAR OBSERVADORES PARA ROMPER O BLOQUEO E O SILENCIO COMPLICE.

3- FACER DECLARACIÓNS E COMUNICADOS DE CONDENA DESTE XENOCIDIO E DE APOIO AO POBO SAHRAUI NESTAS CIRCUNSTANCIAS.

Compartimos o chamamento, a todos os amigos do pobo saharauí, necesitamos do teu esforzo para romper o bloqueo e salvar os saharauis, participemos todos na denuncia desta masacre e participemos nas manifestacións e concentracións convocadas nestes dias..

Recollida de sinaturas de Amnistía Internacional aquí

5/11/10

Contra el desmantelamiento del Hospital Abente y Lago de A Coruña

En el día de hoy, hemos apoyado con nuestra presencia una concentración en contra del desmantelamiento del Hospital Abente y Lago de A Coruña. Esta concentracción se llevó a cabo por segundo jueves consecutivo y se repetirá los próximos días 11 y 18 de noviembre. Esta convocada por la Sección Sindical de CC.OO. del mencionado Hospital.

Se repartió a la prensa y a los allí presentes el siguiente:

"Comunicado:

Os traballadores e traballadoras do Hospital "Abente y Lago" concéntranse hoxe diante do Hospital para denunciar o seu desmantelamento e a infrautilización do mesmo.

Descende a actividade cirúrxica e asistencial, o que o principio ia ser só unha diminución de actividade por mor das vacacións de verán.

Estamos as portas de novembro e a situación segue igual.

Hai sete quirófanos pechados polas tardes agás un que se utiliza un día a semán.

No periodo de 1 de xaneiro ó 1 de setembro de 2010 a actividade cirúrxica baixou con respecto o 2009 en 461 intervencións, actividades que se están a desviar aos hospitais privados.

As consultas viñan funcionando o cento por cento. A consulta de Anestesia con unha lista de espera de seis meses agora funciona un día pola mañán e dous días pola tarde, con peonadas, o mesmo que a Consulta de Dixestivo e Ecocardio onde se quitou a actividade de tarde sen alternativas.O persoal facultativo, en concreto, os Dermatólogos van na súa xornada de traballo a operar un día aos hospitais privados.Isto leva a peches de unidades e amortizaqción de postos de traballo do persoal de enfermería.

Optimizar recursos é:

Utilizar os recursos existentes humanos e tecnológicos.
Utilizar as infraestructuras existentes ao cento por cento.
Non desprazar ao persoal facultativo aos hospitais da privada, senón que teñan programada a súa actividade no propio centro.
"


O vindeiro día 11, voltaremos a estar alí.