http://www.wikio.es

14/1/10

Estreo na Coruña: "O segredo da Frouxeira"

O vindeiro mércores, día 20 de xaneiro, as 20:00 horas, no Teatro Rosalía de Castro, estréase na Coruña o documental de Xosé Abad "O segredo da Frouxeira".
SINOPSE:
Setenta anos despois dun traumático acontecemento familiar, Paulino Gasalla encontra un pequeno paquete con recortes e recordos. Impresionado inicia unha minuciosa investigación que o levará a enfrontarse ás consecuencias que implica o seu descubrimento.
O SEGREDO DA FROUXEIRA intérnase na historia de catro familias relacionadas entre se por un feito dramático silenciado durante máis de 70 anos.
Este documental presenta un novidoso punto de vista da Guerra Civil Española e as súas consecuencias aínda hoxe.

12/1/10

A partir de hoxe, Rede e Liberdade

A partir de hoxe, Rede e Liberdade

Consideramos imprescindíbel a retirada da disposición final primeira da Lei de Economía Sustentábel polos seguintes motivos:

1.-Viola os dereitos constitucionais en que se ha de basear un estado democrático en especial a presunción de inocencia, liberdade de expresión, privacidade, inviolabilidade domiciliaria, tutela xudicial efectiva, liberdade de mercado, protección de consumidoras e consumidores, entre outros.

2.-Xera para a Internet un estado de excepción no cal a cidadanía será tratada mediante procedementos administrativos sumarísimos reservados pola Audiencia Nacional a narcotraficantes e terroristas.

3.-Establece un procedemento punitivo “á carta” para casos en que os tribunais xa teñen manifestado que non constituían delicto, implicando incluso a necesidade de modificar polo menos 4 leis, unha delas orgánica. Isto implica un cambio radical no sistema xurídico e unha fonte de inseguridade para o sector das TIC (Tecnoloxía da Información e a Comunicación).


Lembramos, neste sentido, que o troco de coñecemento e cultura na rede é un motor económico importante para saír da crise como se ten demostrado amplamente.

4.-Os mecanismos preventivos urxentes de que dispoñen a lei e a xudicatura son para protexer toda a cidadanía fronte a riscos tan graves como os que afectan á saúde pública. O goberno pretende utilizar estes mesmos mecanismos de protección global para beneficiar intereses particulares fronte á cidadanía.Ademais a normativa introducirá o concepto de “lucro indirecto”, é dicir: a min poden pecharme o blogue porque “promociono” un que “promociona” outro que vincula un terceiro que fai negocios presuntamente ilícitos.

.-Lembramos que a propiedade intelectual non é un dereito fundamental, contrariamente ás declaracións do Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño. O que é un dereito fundamental é o dereito á produción literaria e artística.

6.-De acordo coas declaracións da Ministra de Cultura, esta disposición utilizarase exclusivamente para pechar 200 webs que presuntamente están a atentar contra os dereitos de autor. Entendemos que se este é o obxectivo da disposición, non é necesaria, xa que coa lexislación actual existen procedementos que permiten actuar contra webs, incluso con medidas cautelares, cando presuntamente se estea a incumprir a legalidade. Polo que non fica senón recear das verdadeiras intencións que a motivan xa que o único que engade á lexislación actual é o feito de dexar a cidadanía nunha situación de grave indefensión xurídica no contorno dixital.

7.-Finalmente consideramos que a proposta do goberno non só é un dilapidamento de recursos senón que será absolutamente ineficaz nos seus presuntos propósitos e deixa patente a absoluta incapacidade por parte do executivo de entender os tempos e motores da Era Dixital.

A disposición é unha concesión máis para a vella industria do lecer en detrimento dos dereitos fundamentais da cidadanía na era dixital.

A cidadanía non pode permitir de ningunha maneira que sigan os intentos de vulnerar dereitos fundamentais das persoas, sen a debida tutela xudicial efectiva, para protexer dereitos de menor rango como a propiedade intelectual. Dita circunstancia xa foi aclarada co ditado de inconstitucionalidade da lei Corcuera (ou “lei da patada na porta”). O Manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en Internet, apoiado por máis de 200.000 persoas, xa avanzou a reacción e demandas da cidadanía ante a perspectiva inaceptábel do goberno.

Para impulsar un definitivo cambio de rumbo e coordinar unha resposta conxunta, o 9 de xaneiro constituíuse a “Red SOStenible” unha plataforma representativa de todos os sectores da sociedade civil afectados. O obxectivo é iniciar unha ofensiva para garantir un regulamento do contorno dixital que permita expresar todo o potencial da Rede e da creación cultural respectando as liberdades fundamentais.

Neste sentido, recoñecemos como referencia para o desenvolvemento da era dixital, a Carta para a innovación, a creatividade e o acceso ao coñecemento, un documento de síntese elaborado por máis de100 expertos de 20 países que recolle os principios legais fundamentais que deben inspirar este novo horizonte.

En particular, consideramos que nestes momentos é especialmente urxente a implementación por parte de gobernos e institucións competentes, dos seguintes aspectos recollidos na Carta:

1.-Os artistas, como todos os trabajadores, teñen que poder vivir do seu traballo (referencia punto 2 “Demandas legais“, parágrafo B. “Estímulo da creatividade e a innovación”, da Carta);

.-A sociedade necesita para o seu desenvolvemento unha rede aberta e libre (referencia punto 2 “Demandas legais“, parágrafo D, “Acceso ás infraestruturas tecnolóxicas”, da Carta);

3.-O dereito a cita e o dereito a compartir teñen que ser potenciados e non limitados como fundamento de toda posibilidade de información e constitutivo de todo coñecemento (referencia punto 2 “Demandas legais“, parágrafo A, “Dereitos nun contexto dixital”, da Carta);

4.-A cidadanía debe poder gozar libremente dos dereitos exclusivos dos bens públicos que se pagan co seu diñeiro, co diñeiro público (referencia punto 2 “Demandas legais“, parágrafo C, “Coñecemento común e dominio público”, da Carta);

5.-Consideramos necesaria unha reforma en profundidade do sistema das entidades de xestión e a abolición do canon dixital (referencia punto 2 “Demandas legais“, parágrafo B, “Estímulo da creatividade e a innovación”, da Carta).

Por todo isto hoxe se inicia a campaña INTERNET NON SERÁ OUTRA TELE e levaranse a cabo diversas accións cidadás durante todo o período da presidencia española da UE.

Consideramos particularmente importantes no calendario da quenda de presidencia española o II Congreso de Economía da Cultura (29 e 30 de marzo en Barcelona), Reunión Informal de ministros de Cultura (30 e 31 de marzo en Barcelona) e a reunión de ministros de Telecomunicacións (18 a 20 de abril en Granada).

A Rede ten previsto reunirse con representantes nacionais e internacionais de partidos políticos, representantes da cultura e delegacións diplomáticas.

AsinadoRed SOStenible (rede sustentábel)
Red SOStenible somos todos e todas. Se queres adherir este texto, cópiao, postéao, espállao.


Nota: Radio Rexurdimento.gal, únese á Red SOStenible-Rede Sustentábel e ao Manifesto que a razoa tan lexítima como xustamente. Sínde, váiase.

10/1/10

¡Que nos rouban, ho!, que nos rouban!

Medio centenar de intelectuáis galegos subscribiron unha carta na que mostran o seu apoio e solidariedade con Isaac Díaz Pardo, que durante esta semán estivo preparando a súa saída do Instituto Galego de Información, (IGI), que fundóu e presidíu durante máis de vinte anos.

Este blog únese ao aplauso a Díaz Pardo, "...sinceiro, efusivo, descontrolado, emotivo, barullento, ¡porque bágoas non hay que verter polos bos e xenerosos".

O titular deste blog, tivo a honra de presentar este documental realizado polo meu benquerido e admirado amigo Xosé Abad, hai dóus anos, na Casa da Cultura da vila de Sada no marco da semán da homenaxe da Terra das Mariñas a Isaac. Disfrútenlo vostedes.

Click para ver o vídeo:

"ISAAC" es un documental de cincuenta y cinco minutos que cuenta el pensamiento y los sentimientos de Isaac Díaz Pardo sobre una buena parte de los acontecimientos y de la vida que le toco y le está tocando vivir. Contado con ritmo vivo, el sentido del humor y la clarividencia que son propias del personaje gallego más relevante y fértil de todo el siglo veinte y de lo que va del veintiuno. En definitiva, ISAAC es Isaac. © EAF produccións, A Coruña - eaf@estudioabad.com

9/1/10

SEIS DÉCADAS DE DEREITOS. ‘60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos’

O 10 de decembro de 1948 os Estados con representación na ONU prometían que as atrocidades cometidas na Segunda Guerra Mundial nunca se repetirían.

Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade. Ninguén estará sometido á escravitude nin será sometido a torturas. Todos son iguais perante a lei. Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado. Toda persoa ten o dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade. Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun estado. Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade. Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión. Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión. Toda persoa ten dereito á liberdade de reunión e de asociación pacíficas. Toda persoa ten dereito ao traballo e ao descanso. Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado. Toda persoa ten dereito á educación… Toda persoa?


8/1/10

Que a xustiza actúe contra o Arcebispo de Granada

Don Javier Martínez, arcebispo de Granada, nunha recente homilía comparou a Lei do Aborto, votada maioritariamente polo Parlamento español, cos crimes de Hitler manifestando que "se a muller aborta, o varón pode abusar dela".

Un grupo de cidadás e cidadáns creamos na tarde de onte o grupo "Que la justicia actúe contra el Arzobispo de Granada", na rede social Facebook, xa que segundo o noso punto de vista, as súas palabras poden constituír un delito ao incitar e xustificar a violencia de xénero. Recordemos que no noso país se condenou, cunha pena de quince meses de prisión ao imán de Fuengirola (Málaga), por defender posicións similares.

No grupo incorporáronse artigos publicados na prensa nacional así como a homilía integra descargada en formato pdf da páxina oficial do Arcebispado de Granada:


Non pasaron aínda vinte e catro horas dende a creación do grupo e achegámonos xa a 3.000 persoas as que formamos parte deste, expresando con liberdade e transparencia nosas opinións sobre o tema.

Na mañá de hoxe procedeuse a enviar escritos individuais por parte de algúns dos integrantes do grupo ao Ministerio de Igualdade, asociacións cidadás, partidos políticos, Conferencia Episcopal... para que se manifesten sobre as palabras pronunciadas, pedindo a intervención da Fiscalía por se as mesmas constituen un delito.

A violencia de xénero é unha eiva social que se cobra moitas máis vidas que o terrorismo. Non podemos permitir que ninguén, e menos se o fai dende unha tribuna pública ou de un púlpito, poida contribuír coas súas palabras á súa propagación e xustificación.

Entendemos que a lei debe ser igual para todas e todos, sexan cristians, musulmáns, agnósticos ou ateos, agóchense tras dun pasamontañas, unha sotana ou un despacho institucional.

Se os poderes públicos silencian estas situacións, as cidadás e cidadáns debemos pasar da indignación á denuncia e á acción para que as nosas liberdades e leis non se desvaloricen polo desleixo dos que teñen que velar polo seu cumprimento.

Grupo en Facebook

NOTA: Este blog adhírese á nota de petición de actuación da xustiza en contra dunhas manifestacións tan graves de destacados membros da xerarquía da igrexa católica española e co desexo de que non queden impunes unha vez máis.

7/1/10

2010 ANO INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE

A Conferencia das Partes do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica, a través da Decisión VI/26 adoptou o Plan Estratéxico para a Conservación da Diversidade Biolóxica. Na declaración da súa misión, as Partes comprométense á implementación máis efectiva e coherente dos tres obxectivos do Convenio para lograr, no ano 2010, unha redución significativa da taxa actual de perda de biodiversidade a nivel global, rexional e nacional, como unha forma de contribuír ao alivio da pobreza e beneficiar toda forma de vida sobre a terra.

Na Decisión VII/30 da Conferencia das Partes adoptouse un marco de traballo para facilitar a avaliación dos progresos obtidos cara á meta do 2010, co fin de promover a coherencia entre os programas de traballo do Convenio e prover un marco flexible dentro do cal puidesen ser fixados os obxectivos rexionais e nacionais e identificados os indicadores.

Este marco de traballo inclúe sete áreas focais e a identificación de indicadores para avaliar os progresos obtidos nos países membros foron invitados a desenvolver tamén os seus propios indicadores:

1. Reducir a taxa de perda dos compoñentes da biodiversidade, incluída (i) biomas, hábitats e ecosistemas; (ii) especies e sub-poboacións; e (iii) diversidade xenética (indicadores inmediatos: tendencia na extensión de biomas seleccionados; tendencia e distribución de especies seleccionadas; cobertura de áreas protexidas).

2. Promover o uso sostible da biodiversidade.

3. Estudar as maiores ameazas á biodiversidade, incluídas aquelas acontecidas debido ás especies invasoras (indicador inmediato: depósitos de nitróxeno).

4. Manter a integridade dos ecosistemas e a provisión de bens e servizos proveí­dos pola biodiversidade nos ecosistemas (indicadores inmediatos: í­ndice tráfico mariño; calidade da auga en ecosistemas mariños).

5. Protexer o coñecemento tradicional, innovacións e prácticas (indicador inmediato: estado e tendencias da diversidade lingûí­stica e número de falantes de linguas indíxenas).

6. Asegurar o beneficio xusto e equitativo derivado do uso de recursos xenéticos.

7. Mobilizar recursos financeiros, especialmente dos paí­ses desenvolvidos, cara a aqueles menos desenvolvidos, estados e illas en desenvolvemento e paí­ses de economí­as en transición, para a implementación do Convenio e o seu Plan Estratéxico (indicador inmediato: desenvolvemento oficial de asistencia desenvolvido polo Convenio).

Este blog únese aos obxectivos fixados pola ONU para este Ano Internacional da Biodiversidade e participará e dará cumprida información dos actos e campañas que se convoquen.

http://www.cbd.int/2010/welcome/

5/1/10

21 DE XANEIRO: FOLGA XERAL NO ENSINO EN GALICIA

PAREMOS O DECRETO CONTRA O GALEGO.
Folga xeral no ensino. 21 de xaneiro.

A plataforma Queremos Galego convocou as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo. A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con sensibilidade pola nosa cultura, independentemente da lingua que falemos no día a día, para facermos do 21 de xaneiro unha data tamén histórica na resposta social.

Alberto Núñez Feijóo sabe que este decretazo non conta co respaldo nin das familias nin do profesorado nin do estudantado. Por iso o presentou no medio das vacacións, na véspera de fin de ano, á última hora do serán e mudando in extremis tamén o lugar de reunión do Consello da Xunta, por vez primeira na lexislatura. Só lle faltou facelo de noite e no medio dunha fraga perdida.

Co seu característico discurso cínico, Alberto Núñez Feijóo bautizou o disparate como “decreto do plurilingüismo”, cando a realidade é que con esta proposta non se poden mellorar as competencias comunicativas de ningún dos tres idiomas indicados.

A propaganda sobre a aprendizaxe do inglés é unha burla tremenda, porque se vende un suposto “trilingüismo” que, á marxe doutras consideracións, é imposíbel de aplicar en case toda Galiza. Así o recoñece a disposición transitoria primeira deste decreto, que sinala que mentres non haxa profesorado capacitado para dar aulas nesta lingua foránea, iso non se fará. Esa disposición adicional acaba anulando todo o dito no resto do articulado. Coas falacias sobre o inglés o que tentan é confundir á opinión pública e camuflar esta navallada contra o idioma de Galiza.

No caso do castelán e do galego, é obriga do Goberno garantir que os estudantes finalicen cada etapa educativa con competencias nas dúas linguas oficiais. No entanto, iso non se está a conseguir para o idioma propio, tal e como o corroboran estudos e informes realizados polo Consello Escolar de Galiza, o Instituto Nacional de Estatística, o Consello da Cultura Galega ou a Real Academia Galega.

O último censo de poboación e vivendas sinalaba que un 20% dos rapaces e rapazas entre 14 e 19 anos son analfabetos funcionais en galego. A Xunta, en lugar de axudar a resolver este gravísimo problema, profúndao e crea outros novos. Como se pode entender que, ante esta situación, o que se propoña sexa xusto reducir a presenza da lingua propia no horario escolar?

O outro eixo da propaganda deste decreto é que disque ofrece a “liberdade” dos pais para escolleren que materias se impartirán en que linguas a través de consultas. Así, a Xunta fai deixadez das súas funcións, trasladando as súas responsabilidades ás comunidades educativas, abrindo unha fonte de enormes conflitos mesmo entre familias.

Mais se non nos guiamos pola cínica grandilocuencia da Xunta e imos ao texto do decreto veremos en que consiste iso en realidade. En educación infantil, disque a maioría decidirá a lingua vehicular e non se sabe que é o que pasará coas familias que saian perdedoras desa votación. Ademais, as consultas ás nais, aos pais ou aos titores serán cada catro anos, de forma que un opina sobre a educación dos fillos dos demais e viceversa. Un auténtico disparate.

Fronte á imposición unilateral de Núñez Feijóo, as comunidades educativas reclamamos que se escoite a nosa voz. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a federación de ANPAs públicas, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica. O seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento. Se non o lembra, lembrarémosllo o 21 de xaneiro.

Este decretazo ímolo tombar!

Nota: Este blog, Radio Rexurdimento.gal, súmase á convocatoria e aos motivos que a xustifican.

4/1/10

MEMORIAS ROTAS

Siguiendo las huellas de un romance popular y, a través de los relatos de quienes fueron testigos de los hechos y de sus descendientes, "Memorias rotas" cuenta el trágico destino de un grupo de milicianos que tras defender a sangre y fuego sus ideales de libertad en el frente republicano habian sido dados por desaparecidos tras intentar regresar a Galicia.

O vindeiro xoves 7 de xaneiro ás 20 horas estréase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o documental Memorias rotas (A balada do Comandante Moreno), dirixido por Manane Rodríguez e producido por Xamalú Filmes. A entrada é libre e gratuíta.

Memorias rotas está centrada na historia de José Moreno Torres, comandante do Batallón Galicia. A primeira parte do documental trata da súa militancia na Coruña e do seu papel como organizador da resistencia ao golpe de estado. Desde o balcón do Rosalía, o 18 de xullo de 1936, Moreno chamou a resistir aos cidadáns da Coruña. Podedes descargar o flyer do documental picando nesta ligazón.


2/1/10

Vídeo presentación Historia Gráfica de CCOO de Catalunya

Grazas por difundilo. Co teu permiso farei o mesmo.

A través da recuperación da historia real, poderemos deixar a disposición da actual e das vindeiras xeracións, quen e quenes foron os protagonistas e auténticos promotores da loita contra o franquismo e o tránsito ás liberdades democráticas.

Ninguén pode facerse sequera co-partícipe da transición política española, sen citar en primeiro lugar as Comisións Obreiras.

A historia oficial e os protagonistas oficiais non poden suplantar a verdade.

Un fraternal abrazo, compañeiros.

Afiliado ao Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia.




Crónica gráfica de CCOO de Catalunya (1964-2008) from CCOO de Madrid on Vimeo.