http://www.wikio.es

31/5/10

Críme de Estado.

Con estupor sucédense as noticias da criminal actuación do exercito israeli executada sobre un grupo numeroso de pacifistas, entre eles varios españois e tambien algúns deputados alemáns, no que ao parecer morreron preto de vinte persoas de entre os ocupantes dos barcos que levaban un cargamento de axuda humanitaria aos habitantes da franxa de Gaza. Habitantes que soportan dende hai tempo o bloqueo do estado israeli.

A condena non pode ser máis rotunda e clara. Europa debe actuar con rapidez e esixir a aclaración dos criminais feitos e a depuración urxente de resposabilidades ao goberno de Israel. Resulta intolerable que o Estado Israeli sexa incapaz de actuar doutro xeito que non sexa respondendo con ataques armados contra pacifistas que tratan de introducir na franxa de Gaza produtos alimentarios, de ensino e mesmo de xoguetes. Que intentan paliar o enclaustramento en que viven centenares de miles de palestinos no devandito territorio. Xusto cando se cumpren 62 anos da creación do Estado de Israel e da dispersión e perdida da patria Palestina para millóns de palestinos, incluíndo as súas propiedades, casas, terras, negocios, obligandoles á gran maioría a un exilio forzado. A NAKBA palestina é unha das maiores actuacións de inxustizas cometidas historicamente contra todo un Pobo e hoxe lamentablemente séguese perpetrando sobre os palestinos.
Este último crime é un elo máis na longa cadea de represines efectuadas por Israel sobre Palestina e fai máis dificil aínda encontrar unha solución negociada que parta do respecto e o dereito á existencia dun Estado Palestino viable na franxa de Gaza e a Cisxordania.

Mal pode seguir defendendo o goberno israeli que és un Estado amenzado cando a súa capacidade de resposta militar foi sempre claramente desproporcionada e consentida dende EUA Dende os asasinatos selectivos ata os bombardeos sobre poboación civil en Gaza culminando co barbaro ataque sobre a flotilla pacifista que intentou romper o bloqueo sobre Gaza, o goberno israeli teceu sempre unha arañeira de xustificacións que en última instancia lles leva a ter patente de corso polos crimenes que o Pobo Judio sufrio por parte do Nacional Socialismo alemán durante a 2ª Guerra Mundial.

Non negamos o Holocausto, ao contrario, condenámolo sen paliativos, pero non se pode nin debe exercer permanentemente a chantaxe moral sobre os europeos para xustificar a actitude terrorista do estado israeli sobre a plobación Palestina. Se o Estado Israeli existe é grazas á mala conciencia europea por permitir durante séculos a presecución dos judios, e polo Holocausto, crime de guerra e xenocidio do cal foron xulgados os xerarcas nazis e polo cal o pobo alemán tivo que pagar a súa culpa co oprobio e con indemnizacións económicas ao Estado israeli.

É lamentable que a estas alturas o goberno israeli non tomase boa nota do sentir solidario que sobre os palestinos ten boa parte da poboación europes sen que iso reste para nada a condena do Holocausto. É imposible que o goberno israeli non sexa capaz de abordar dunha vez por todas, xunto á Autoridade Palestina, dun Plan de recoñecemento do do Pobo Palestino e do dereito a ter o seu propio Estado.



Nota:

O día 1 de Xuño, as 20:30 horas celebraránse concentracións nas principáis vilas e cidades de Galicia:
  • A Coruña, diante do Obelisco.
  • Compostela: na Praza do Toural.
  • Ferrol: diante do edificio administrativo da Xunta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario