http://www.wikio.es

31/12/10

2011: Agora imos nós!

Neste ano que remata, poidemos comprobar que un feixe de acontecimientos que se dirixen directamente a infelicidade humán, e que parecíannos impensábels, foron acadados polas mismas forzas que diseñan un mundo imposible, -contrario a propia supervivencia humán e da supervivencia mesmo do planeta-, somentes perseguindo o beneficio persoal, de curto prazo, coste o que coste.

Eles, e os seus cómplices necesarios, gobernos pusilánimes, sen principios e escasas conviccións, foron quen de acadar o que non parecía posíbel.

Hoxe, cando remata o ano, podemos comprobar os primeiros efectos da devastación, cun desemprego que acada cáseque cinco millóns de cidadáns e cidadás; tripiclada a demanda nos comedores sociáis; desmontando, peza a peza, o Estado social e demócrático, poñendo en venta os servizos sociáis, mesmo o aparello de protección social, os subsidios, as pensións... Toda unha estratéxia, perfectamente diseñada, para dar a volta as conquistas sociáis, aos avances da Civilización.

Pero, agora imos nós. Os que sempre defendimos o que parecía imposíbel.

As solucións, as respostas non están na esquerda claudicante, nin na esquerda que se ten amosado inútil, ineficaz, incapaz de aglutinar no seu entorno o pluralismo das forzas de progreso que son as que teñen que mobilizarse para parar a iniciativa devastadora das dereitas.

Agora imos nós! Pero todos, porque o imposíbel, xa é posíbel.

A crear os puntos de encontro que leven, con sinceridade e xenerosidade, a reorganizar o espazo da esquerda, defensora da Civilización e do progreso da xustiza e da humanidade. Sin tutelas, sin patrocinios, coherente coa composición plural das diferentes formas de expresiós dos movementos sociáis, políticos, sindicáis, que temos como razón de ser, ese obxectivo.

No 2011, temos que tomar a iniciativa e cada quén dará contas do que non faga a prol dese obxectivo.

Apertas fraternáis de Radio Rexurdimento.gal, emisora atlántica que emite dende o País das Brétemas e do Nunca Máis.

29/12/10

Criterios e alternativas para abordar unha nova reforma do sistema público de pensións.

Con motivo da renovación das conclusións parlamentarias do Pacto de Toledo e a reforma do sistema público de pensións, o secretario confederal de Seguridade Social de CCOO, Carlos Bravo, publicou "Criterios e alternativas para abordar unha nova reforma do sistema público de pensións", no que se presentan as principais propostas alternativas que CCOO formulou á hora de afrontar a futura reforma das pensións de modo que se garanta a mellora da protección e a viabilidade do sistema sen ter que recorrer a recortes sociais.

"Nin a crise económica nin o temor ante os mercados poden esgrimirse como xustificación para pretender impoñer unha reforma nas pensións consistente unicamente en recortes na protección social e os dereitos dos traballadores. Os verdadeiros retos que ten o sistema de Seguridade Social e xustifican a súa reforma son outros, e CCOO ten alternativas sólidas para enfrontalos”, afirma Carlos Bravo, autor do traballo que presenta as reformas alternativas, editado pola Fundación 1º de Maio e a Fundación Sindical de Estudos.

Click para executar o devandito documento.

28/12/10

Ogallá fose unha inocentada...

No último Consello Europeo, Zapatero asegurou que aprobará o proxecto de lei de xubilación aos 67 anos no próximo Consello de Ministros do venres, 28 de xaneiro de 2011.

CCOO e UGT dixeron que se Zapatero se empeña en prolongar a idade de xubilación de 65 a 67 anos non quedará outra saída que convocar unha segunda Folga Xeral.


O Goberno esconde a verdade cando fala da reforma das pensións públicas

1.- O Goberno di que é inevitable aumentar a idade legal de xubilación aos 67 anos (aínda que o queira facer con flexibilidade)

Non é certo.
  • España é un dos países de Europa cunha idade "real" de xubilación máis alta (63 anos e 10 meses) e próxima á idade legal.

2.- O Goberno di que o aumento da esperanza de vida (haberá máis pensionistas no futuro) fai necesaria a reforma.

Non é certo.
  • É verdade que haberá máis pensionistas, pero tamén é verdade que haberá máis cotizantes e con cotizacións máis altas. O problema non é demográfico, senón de vontade política. Pódense facer cotizar os contratos que están na economía mergullada, pódese evitar que as mulleres gañen un 30% menos que os homes e, polo tanto, coticen menos, pódese elevar o salario mínimo (un dos máis baixos de Europa), pódese facer cotizar as bolsas (na súa maior parte son contratos laborais encubertos) pódense elevar as cotizacións máximas (a base máis alta son 3.198 euros/mes; a partir de aí xa non se cotiza máis).

3.- O Goberno di que o gasto en pensións é moi alto.

Non é certo.

  • En 2011 gastaremos en pensións contributivas en torno ao 10% do PIB. En 2040, o 14%. Hoxe hai xa países como Italia que xa gastan ese 14%. Francia gasta xa o 12%. As nosas pensións medias son das máis baixas de Europa e o número de pensionistas comparado coa poboación tamén é dos máis reducidos. Mesmo en períodos de crise como o actual e con 4,5 millóns de parados, a Seguridade Social ten superávit e o Fondo de reserva está a aumentar ata alcanzar case os 70.000 millóns de euros.

4.- O Goberno di que as medidas que se toman agora son para consolidar o sistema e garantir as pensións do futuro.

Non é certo.
  • A realidade é que as medidas que se toman teñen por obxectivo reducir as pensións e así exprésao o Goberno no compromiso contido no Plan de Austeridade enviado á Comisión Europea. O aumento da idade de xubilación significa que todos cobrariamos dous anos menos de pensión, co conseguinte aforro (que se estima nun 6%) e o aumento dos anos de cómputo para determinar o importe da pensión, dos actuais 15 anos a 20 ou 25, significa que todos cobraremos pensións máis baixas (entre un 5 e un 10% menos) porque os salarios máis antigos eran máis baixos.

5.- O Goberno di que defende o sistema público de pensións.

Non é certo.
  • Entregouno aos mercados, que teñen nome e apelidos. Son os bancos e as compañías de seguros. Preténdese un modelo asistencial, é dicir unhas pensións públicas mínimas e o resto con complementos dos seguros privados.

Todo iso parece unha mala inocentada de fin de ano. Pero non o é.

Só a mobilización social pode impedir que toquen as pensións impoñendo a súa reforma dentro dun mes.

21/12/10

Foro 2010-Compostela: A Paz como Cultura

Chamamento do Foro 2010 e do FME-Compostela aos movementos que integran os procesos emancipadores do Foro Mundial de Educación e o Foro Social Mundial.

O Foro 2010, celebrado en Santiago de Compostela (Galicia) durante todo o mes de decembro de 2010, con tres congresos internacionais, unha xuntanza de alto nivel e, especialmente, o Foro Mundial de Educación temático sobre “Educación, Investigación e Cultura de Paz” –xunto con numerosas actividades artísticas e culturais paralelas–, insta aos movementos, organizacións, redes e individuos que conflúen nos procesos do Foro Social Mundial (FSM) e o Foro Mundial de Educación (FME), para que a Cultura da Paz constitúa un dos eixes de actuación transversal na procura dun outro mundo posíbel, ou de moitos outros mundos posíbeis.

A Cultura de Paz debe ser entendida en sentido amplo, como educación para a paz, para os dereitos humanos e para a democracia, para a emancipación social e o coñecemento, para a autodeterminación dos pobos e a xustiza ambiental, xunto coa procura da superación definitiva da pobreza e a fame, da exclusión social e das desigualdades, a defensa inequívoca do diálogo intercultural e das culturas e linguas minorizadas, así como a prevención dos conflitos e a consolidación da paz.

Do mesmo xeito, o Foro 2010 fai un chamamento para que a Declaración de Santiago de Compostela sobre o Dereito Humano á Paz, aprobada por unanimidade no Congreso Internacional celebrado no marco do Foro 2010 entre os días 9 e 10 de decembro, sexa un obxectivo específico do FSM e do FME, na pretensión lexítima de que o dito dereito sexa aprobado polas Nacións Unidas e incorporado á lexislación complementaria da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

As organizacións e movementos que confluiron no Foro 2010, manifestan o seu compromiso cos valores e principios do movemento altermundialista e os procesos enfrontados á dominación do mundo polo capital do FSM e o FME, na demanda dun outro mundo posíbel, máis xusto, máis democrático e máis humano, sen miseria, sen pobreza, sen desigualdades e asoballamentos territoriais, nacionais e/ou sociais, no que os inxentes recursos destinados ao armamentismo no mundo se orienten a satisfacer as necesidades humanas básicas e no que as necesidades das persoas e mailo planeta primen sempre sobre os intereses do capital.

O Comité Organizador do Foro 2010 e o FME-Compostela manifesta o seu repudio á política de fronteiras pechadas da Unión Europea e o Estado español, que impediu a presenza en Santiago de Compostela das delegacións procedentes de Nixeria, Guinea-Bissau, Senegal, Serra Leoa, Haití e outros moitos casos en Colombia e outros países. A idea dunha Europa fortaleza, blindada aos migrantes e a outras culturas, non é un bo camiño para alcanzar a paz universal, mais ben ao contrario, fomenta as desigualdades, o racismo, a xenofobia e o odio. O Comité quere tamén manifestar a súa máis enérxica condena pola ocupación policial da Universidade de Porto Rico, un feito intolerábel en calquera recinto universitario do mundo.

Finalmente, o Comité Organizador do Foro 2010 e o Comité Local Galego, queren agradecer publicamente ás máis de 70 entidades e movementos sociais colaboradores, ás organizacións participantes –máis de 200–, aos delegados e delegadas de máis de 40 países de todo o mundo, ás institucións e ás entidades privadas, nomeadamente á Universidade de Santiago de Compostela, o seu esforzo e apoio. Tamén aos artistas pola súa participación. E moi especialmente, aos máis de 100 voluntarios e voluntarias que fixeron posíbel que durante o mes de decembro Galiza enteira e Santiago de Compostela fose unha referencia internacional da Cultura de Paz.

Santiago de Compostela, decembro 2010

16/12/10

Inauguracion do Memorial as vitimas da represion franquista

O vindeiro domingo, dia 19 de decembro, as 17:00 horas, na avenida de Navarra, (fronte a residencia Torrente Ballester), vaise inaugurar o conxunto escultorico “Xermolos de Paz e Liberdade”.

Habera unha lectura colectiva dos nomes das vitimas dos concellos da comarca coruñesa.

Actuaran: A Polifonica Coruñesa Canticorum, Xose Taboada e Cesar Moran.
Convoca: CRMH de A Coruña.

Poema “Paz para sempre”, (Claudio Rodriguez Fer).

Perseguironos con saña.
Detiveronos con sevicia.
Torturaronos con sadismo.
Xulgaronos sen xustiza.
Pasearonos sen piedade.

Asi os mataron.

E impuxeron o terror.
E impuxeron a calumnia.
E impuxeron a falsificación.
E impuxeron a censura.
E impuxeron o silencio.
E impuxeron o esquecemento.

E asi trataron de rematalos.

Contra o exterminio atroz
das suas vidas desfeitas
e contra o esquecemento inxusto
do silencio complice
queremos manter viva para sempre
a memoria galega
das vitimas do fascismo
en solidariedade
con todas as comunidades do mundo
que padecesen calquera ditadura do terror.

Porque como aquelas vitimas
queremos liberdade para sempre.
Porque por aquelas vitimas
para sempre queremos xustiza.

Porque a realidade e o desexo.
Paz para sempre.


Radio Rexurdimento.gal, estara ali conmemorando.

15/12/10

O asalto á educación pública

No actual despezamento do Estado do benestar tocoulle a quenda á educación pública, e en primeiro lugar á superior. En Italia a reforma Gelmini proponse eliminar un gran número de profesores e reducir considerablemente os fondos destinados á universidade e á investigación. Ante as protestas de estudantes e profesores, Berlusconi manifestou: "Os verdadeiros estudantes séntanse na súa casa e estudan, os que saen ás rúas son alborotadores". O outro foco de protestas foi Gran Bretaña, onde unha proposta semellante vai acompañada do anuncio dunha suba brutal das taxas universitarias, que deixaría a educación superior reducida a un privilexio para os fillos das clases elevadas.O asalto non se refire soamente ás universidades.

En Estados Unidos -e é bo fixarse no que acontece alí, porque é o anuncio do que nos pode chegar pronto- a escola publica está sendo atacada por dous camiños distintos. En primeiro lugar, pola necesidade de reducir o gasto. Michael Bloomberg, o multimillonario alcalde de Nova York, puxo á fronte das súas escolas a Cathleen Black, presidenta do grupo Hearst (que edita publicacións como Cosmopolitan ou Marie Claire), unha executiva sen ningunha preparación no terreo da educación, que xa anunciou que a súa tarefa se vai centrar en reducir o gasto do sistema escolar público, que é o que usan os pobres. Bob Herbert, que sitúa estes feitos no contexto dunha Norteamérica en que coinciden o maior paro e os maiores beneficios das empresas financeiras, advirte: "A guerra de clases da que ninguén quere falar segue sen pausa".

Hai unha segunda liña de ataque, en que participa activamente a Bill and Melinda Gates Foundation, que combate a escola pública como ineficaz, sen tomar en conta a pobreza de recursos con que funciona, e acusa diso aos sindicatos do profesorado, que se negan a aceptar o despedimento dos mestres menos capacitados. A súa alternativa son as chárter schools, que están "exentas de regras locais ou estatais que inhiben unha administración e xestión flexibles".


O que estas formulacións adoitan ocultar é que, detrás dos argumentos de custo e eficacia, hai o propósito de combater un ensino independente e crítico, que se pretende substituír por outra que inculque valores patrióticos e conformismo social. James Loewen explica, no seu libro Lies My Teacher Told Me, que os profesores norteamericanos teñen que ir con coidado cando falan en clase de temas como, por poñer un exemplo, a guerra de Vietnam. "Entrevistei profesores de Ensino Secundario que foron despedidos, ou recibiron ameazas de despedimento, por actos menores de independencia como os de proporcionar os alumnos materiais que algúns pais consideran discutibles". O cal, sabendo que ninguén vai acudir a defendelos, os empurra a "a seguridade da autocensura".

As bibliotecas son outro escenario desta loita. Non só as das escolas -onde a Asociación de bibliotecarios de Estados Unidos denunciou que abonda coa queixa dun só pai para eliminar un libro-, senón as públicas en xeral. Kurt Vonnegut eloxiou aqueles bibliotecarios que "souberon resistir enerxicamente os energúmenos que trataron de eliminar certos libros dos seus estantes e que destruíron os rexistros dos lectores antes que revelar á policía do pensamento os nomes das persoas que os consultaron".

Nun sentido semellante vai a decisión do actual Goberno pospinochetista chileno de diminuír as horas de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais nas ensinanzas Primaria e Secundaria, que provocou manifestacións de protesta de profesores e estudantes. Ou o menosprezo pola presenza dos Humanidades na universidade, que levou a un crítico de Not for profit -o libro en que Martha C. Nussbaum sostén que o ensino que desenvolve un pensamento crítico é necesario para a supervivencia da democracia- a realizar afirmacións como a de que "os académicos empregan o seu tempo e enerxía escribindo monografías ilexibles sobre temas sen interese ningún".

A tendencia, tanto na escola coma na universidade, apunta na dirección de limitarse a ofrecer unha formación que se dedique a preparar para o ingreso inmediato na empresa. Trátase de consolidar o tipo de "currículo oculto" de que fala Henrio A. Giroux polo que "a clase dominante se asegura a hexemonía", transmitindo "formas de coñecemento, cultura, valores e aspiracións que son ensinadas, sen que nunca se fale delas ou se explicitar publicamente".

Todo o cal debería levarnos a reflexionar sobre as motivacións que hai detrás destas políticas. A idea de que só se pode combater o déficit polo procedemento do recorte do gasto social, escribiu hai poucos días o premio Nobel de Economía Joseph Stiglitz, "é un intento de debilitar as proteccións sociais, reducir a progresividade do sistema de impostos e diminuír o papel e o tamaño do Goberno mentres se deixan determinados intereses establecidos, como os do complexo militar-industrial, tan pouco afectados como sexa posible".

A educación pública é unha parte esencial dos nosos dereitos sociais e unha garantía do futuro das nosas liberdades.


Josep Fontana é historiador

Ilustración de Jordi Duró

Traduccion Radiorexurdimento.gal

Fonte: publico.es
(click version original en castellano)

13/12/10

A familia Couso presenta unha denuncia coa información revelada por Wikileaks

A familia de José Couso presentóu hoxe ás 12:00 do mediodía unha denuncia ante a Fiscalía da Comunidade de Madrid pola información revelada por Wikileaks sobre as supostas irregularidades habidas no proceso xudicial aberto polo asasinato da cámara José Couso o 8 de abril de 2003 durante a invasión de Iraq por membros do Exército estadounidense. Segundo os cables da diplomacia estadounidense filtrados por Wikileaks sobre este caso, e publicados polo xornal EL PAÍS, altos cargos do goberno español e membros da Fiscalía da Audiencia Nacional e do Estado terían compartido información sobre este caso con diplomáticos estadounidenses en España e membros do goberno estadounidense. Así mesmo, segundo estes cables, tanto algúns ministros coma fiscais españois teríanlles comunicado aos representantes estadounidenses, seguindo as súas instrucións, que intervirían para evitar que prosperase o xuízo contra os tres militares presuntamente culpables do asasinato de José Couso.

Na denuncia, recóllense as quince informacións sobre as supostas inxerencias no "Caso Couso" que foron reveladas na última semana e "non" negada "no substancial a data de hoxe polas persoas nelas mencionadas", como apunta a denuncia. Estas violacións das garantías dun proceso xudicial xusto e transparente foron analizadas pola periodista Olga Rodríguez, unha das tres testemuñas do do asasinato de José Couso e que xa declarou dúas veces ante a Audiencia Nacional.


A nota de prensa enviada pola familia Couso sinala que "a obriga legal da Fiscalía é a persecución dos crimes e a defensa dos dereitos das vítimas. Por iso consideramos necesario e propio dun Estado de dereito que se investigue o contido dos documentos filtrados por Wikileaks. É a Fiscalía o organismo ao que constitucionalmente lle corresponde a investigación destes feitos. A demanda sinalará expresamente as persoas que presuntamente participasen nas reunións e intercambios descritos nos telegramas filtrados".
A denuncia recolle os nomes expresamente da entón vicepresidente María Teresa Fernández de la Vega, o Ministro e o Secretario de Estado do Ministerio de Asuntos Exteriores, respectivamente, Miguel Ángel Moratinos e Bernardino León, o entón Ministro de Xustiza, Juan Fernando López Aguilar, o Secretario de Estado de Xustiza, Julio Pérez Hernández, o Fiscal Xeral do Estado, Cándido Conde Pumpido, e o Fiscal Xefe da Audiencia Nacional, Javier Zaragoza e o Presidente da Sala do Penal da Audiencia Nacional, Javier Gómez Bermúdez.

Así mesmo, a familia tamén esixe no texto á Fiscalía que se investigue se se puido entregar documentación das actuacións a quen non é parte do proceso, como a embaixada estadounidense,"algo que está expresamente vetado pola Lei de Axuizamento Criminal," como apuntan na denuncia.




Fonte: periodismohumano.com

25/11/10

Xunta de Galicia: O concurso eólico non é respectuoso coa natureza

Verdegaia é unha organización ecologista galega, da cál hónrase en formar parte Radio Rexurdimento. Esta organización, (referente galega de Ecoloxístas en Acción), acaba de publicar a súa avaliación do reparto eólico adxudicado pola Xunta do PP ano e medio despois de parar o reparto do bipartito.

Os ecoloxistas galegos de Verdegaia, lembran que Galicia é a comunidade autónoma con menos porcentaxe de Rede Natura e critican a escasa relevancia da proposta de ampliación. Ademais, piden que se aproveiten as adxudicacións a Gas Natural (que se inventou a marca Fenosa Wind) e Endesa para que se pechen as térmicas das Pontes e Meirama, as principais emisoras de CO2 de Galicia.


Velaeiquí o comunicado completo dos ecoloxistas:

"Ao entender de Verdegaia, o último ano e medio perdido no desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia non serviu para introducir as medidas necesarias para minimizar o seu impacto no territorio. A convocatoria e resolución do concurso eólico sen aprobar antes un novo Plan Sectorial Eólico que estabelecese suficientes zonas de exclusión, fará que a nova potencia eólica de 2.325 MW ocasione danos moi importantes ao medio natural que se poderían ter evitado cunha mellor planificación.

As áreas de interese natural incompatibles coa instalación de parques eólicos non se limitan ás zonas Natura 2000. Estes espazos deberían ter sido definidos no marco dun novo Plan Eólico que substituíse ao vixente, aprobado en 1997 e modificado en 2002, e que non foi obxecto dunha avaliación ambiental estratéxica. O estabelecemento de zonas de exclusión por motivos ambientais é a medida clave para prevenir impactos ambientais graves da enerxía eólica, unha enerxía limpa pero non exenta de impactos, cuxa expansión é necesaria para combater o cambio climático e lograr a autonomía enerxética, mais que require dunha planificación axeitada. O concurso eólico non se encadra nunha planificación ambientalmente correcta e por ese motivo a Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que forma parte Verdegaia, interpuxo un recurso contencioso administrativo despois de que fose convocado.

Se ben a actual Xunta do PP desbotou a construción de novos parques eólicos nas zonas Rede Natura 2000 -a diferenza dos anteriores gobernos galegos do mesmo partido, que mesmo chegaron a decretar a "compatibilidade" dos parques eólicos con esa figura de protección ambiental (Decreto eólico 302/2001, derrogado)-, a rectificación chega moi tarde, cando o 40% da potencia eólica instalada (1.247,2 dun total de 3.173,7 MW, a setembro de 2009) afecta negativamente a estes espazos de alto valor ecolóxico. Ademais, resulta incoherente coa disposición da Xunta a permitir na rede Natura 2000 outro tipo de proxectos tamén incompatibles coa súa conservación, como autovías, canteiras ou piscifactorías.

A non admisión de novos parques nas áreas afectadas pola ampliación da Rede Natura 2000, por outra banda, terá unha incidencia ben limitada, dada a falta de ambición da ampliación prevista pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, que só incrementaría a porcentaxe do territorio galego incluído na Rede Natura 2000 do 11,7 ao 16,3%, co que Galicia seguirá á cola do Estado español. Esta exclusión constitúe un avanzo a respecto do concurso eólico de 2008 anulado polo actual Goberno, aínda que non a respecto do outro concurso convocado polo bipartito, de 512 MW en 2006, cuxa resolución tamén excluiu a superficie de ampliación da Rede Natura 2000 prevista daquela.

A nova potencia eólica de 2.325 MW a instalar na nosa terra permitiría pechar as térmicas de carbón de Meirama e As Pontes sen necesidade de importarmos electricidade. O feito de GAS NATURAL FENOSA e ENDESA estaren entre as empresas que obtiveron máis potencia no concurso debería ser máis un motivo para pór data ao fin da xeración de electricidade a partir da queima de carbón e planificar o desmantelamento desas centrais, altamente contaminantes e moi ineficientes.

O novo concurso eólico e a lei ao abeiro da que se convocou representan unha oportunidade perdida máis para reorientar o desenvolvemento da enerxía eólica en termos de sustentabilidade ecolóxica e de xustiza social. En lugar do canon eólico e do chamado Fondo de Compensación Ambiental, sería moito mellor dispor dun Plano Sectorial Eólico respectuoso coa biodiversidade e paisaxe, dun sector eólico cunha importante participación da Xunta, dos propietarios dos terreos e de pequenos investidores, e mais dunha política fiscal verde que gravase adecuadamente os combustibles fósiles, nomeadamente a queima de carbón nas térmicas.

Verdegaia continuará a avogar por unha nova política eólica respectuosa coas zonas de alto valor ecolóxico, que priorice o repotenciamento sobre a construción de novos parques, que aposte non só polos grandes parques eólicos senón tamén pola eólica de baixa e media potencia, que deixe importantes beneficios socioeconómicos no medio rural, e que se encadre nunha política enerxética cuxos obxectivos principais sexan o decrecemento no consumo de enerxía e o desenvolvemento de todas as renovables, na procura da sustentabilidade local e global e da soberanía enerxética."


22/11/10

SOS Sanidade Pública: "¡Non vamos permitir que ninguén faga negocio coa sanidade!

Máis de coarenta mil galegos, manifestáronse onte en Santiago e deixaron claro ao goberno da Xunta que non imos permitir que ninguén faga negocio coa saúde pública e que non imos permitir pasivamente o desmontaxe do estado do benestar e os servizos públicos. Son dereitos e non privilexios.

Ista é a reposta que ao berro de socorro da sanidade pública galega ante a política sanitaria da Xunta de Galicia, que está a deteriorar e facer inviable o sistema como paso previo a súa privatización.

Radio Rexurdimento.gal, estivo alí e uníuse ao berro de "Non, non, non a privatizacion".



20/11/10

Na defensa da Sanidade Pública galega.


A cámara do Galicia Confidencial entrevista aos voceiros da Plataforma SOS Sanidade Pública na véspera dunha cita clave. Tendo en conta o éxito de protestas previas en cidades como Vigo, a manifestación do domingo en Santiago será multitudinaria.

Galicia, que adica o 9% do PIB a Saúde, ten mellor cobertura que Estados Unidos, onde o sistema privado absorve o 20% da riqueza. Este é un dos argumentos dos voceiros de SOS Sanidade Pública, a plataforma plural que este domingo convoca unha manifestación en Compostela.

A cámara de Tingalaranga entrevista aos voceiros do colectivo en exclusiva para Galicia Confidencial. Son Francisco Vázquez, de SOS Sanidade Pública Vigo; María Xosé Abuín, da Federación de Saúde da CIG, e Francisco Reyes, de SOS Sanidade Pública Compostela. Velaquí, resumindo as súas palabras, porqué cómpre secundar a súa convocatoria:

A manifestación non vai contra ningún partido. Unicamente reclámase unha sistema onde pague máis quen máis diñeiro teña, e non quen máis doenzas sufra.

Malia ser apartidaria, a Plataforma critica a actual política de contratatacións do Sergas. Dende o cambio do Goberno, a Xunta ofrece de novo contratos precarios, que empurran aos profesionais a buscar estabilidade fóra de Galicia.

O cadro de persoal do SERGAS non aumentou dende a chegada do novo Executivo. Introducir o capital privado nos hospitais (como fará a Xunta nos novos centros de Vigo, Pontevedra e dez lugares máis ) é unha temeridade. Os xerentes dos complexos terán como prioridade o beneficio económico máis que a calidade da atención.
O modelo "público privado" xa se probou antes, tanto en Galicia como fóra, e sempre provocou unha peor calidade do servizo. Por exemplo, en Madrid os centros privatizados teñen como máximo 0,73 médicos por cada 1.000 habitantes, mentres que os públicos móvense sempre por enriba de 1,3 doutores por 1.000 habitantes.

No exterior tamén hai exemplos de sistemas 100% públicos que funcionan ben. Tal é o caso de Austria, onde non hai listas de agarda malia ter tamén unha poboación moi avellentada.
A xestión pública do sistema sanitario pode ser máis eficaz, pero por natureza é máis rendíbel que a privada. Abonda comparar a calidade do SERGAS, que absorve o 9% da riqueza galega anualmente, coa do sistema dos EE.UU, que absorbe o 20%.
Algúns cargos do SERGAS, nomeados pola Xunta, están a dificultar o traballo crítico da plataforma. A xerencia do hospital da Coruña, o antigo Juan Canalejo, prohibiu esta semana un acto reivindicativo da plataforma.

No sistema público os custes son secundarios pois o prioritario é recuperar a saúde do cidadán. No privado, os custes son máisn importantes, porque reducilos significa incrementar os beneficios.

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, segue sen organizar as quendas de tarde na pública, mentres drena as listas de espera desviando pacientes a sanatorios privados. A consecuencia é un maior gasto e o aumento das listas en certas especialidades. Por exemplo, a cirixuía pedriática da área de Compostela opera aos nenos despois dunha espera media de máis de tres meses.

NOTA: Radio Rexurdimento, xunto cos amigos e compañeiros, acudiremos á manifestación cidadán do vindeiro domingo, día 21, as 12:00 h., dende a Alameda de Santiago.