No último Consello Europeo, Zapatero asegurou que aprobará o proxecto de lei de xubilación aos 67 anos no próximo Consello de Ministros do venres, 28 de xaneiro de 2011.
CCOO e UGT dixeron que se Zapatero se empeña en prolongar a idade de xubilación de 65 a 67 anos non quedará outra saída que convocar unha segunda Folga Xeral.
Os seguintes blogs censuramos as intencións de Zapateiro e apoiamos a proposta de CCOO e UGT de convocar unha Folga Xeral:
Ventanas del Falcón, Arraio Sound System, Moscas en la sopa, Quien mucho abarca, Maldice que no es poco, Kabila, Soto en Cameros,Relatando desde el Bajo Llobregat, abloguear, Desde la cantera, La Rueda del Tiempo, punts de vista,Agua Va!!!, La Ratera, Viramundeando, Multiverso Incognoscible,Ciberculturalia, The Fuente Palmera Times, Bosque de Brocelandia, Sara Mulet,ceronegativo, la terca iutopía Radio Rexurdimento.gal
O Goberno esconde a verdade cando fala da reforma das pensións públicas
1.- O Goberno di que é inevitable aumentar a idade legal de xubilación aos 67 anos (aínda que o queira facer con flexibilidade)
Non é certo.
- España é un dos países de Europa cunha idade "real" de xubilación máis alta (63 anos e 10 meses) e próxima á idade legal.
2.- O Goberno di que o aumento da esperanza de vida (haberá máis pensionistas no futuro) fai necesaria a reforma.
Non é certo.
- É verdade que haberá máis pensionistas, pero tamén é verdade que haberá máis cotizantes e con cotizacións máis altas. O problema non é demográfico, senón de vontade política. Pódense facer cotizar os contratos que están na economía mergullada, pódese evitar que as mulleres gañen un 30% menos que os homes e, polo tanto, coticen menos, pódese elevar o salario mínimo (un dos máis baixos de Europa), pódese facer cotizar as bolsas (na súa maior parte son contratos laborais encubertos) pódense elevar as cotizacións máximas (a base máis alta son 3.198 euros/mes; a partir de aí xa non se cotiza máis).
3.- O Goberno di que o gasto en pensións é moi alto.
Non é certo.
- En 2011 gastaremos en pensións contributivas en torno ao 10% do PIB. En 2040, o 14%. Hoxe hai xa países como Italia que xa gastan ese 14%. Francia gasta xa o 12%. As nosas pensións medias son das máis baixas de Europa e o número de pensionistas comparado coa poboación tamén é dos máis reducidos. Mesmo en períodos de crise como o actual e con 4,5 millóns de parados, a Seguridade Social ten superávit e o Fondo de reserva está a aumentar ata alcanzar case os 70.000 millóns de euros.
4.- O Goberno di que as medidas que se toman agora son para consolidar o sistema e garantir as pensións do futuro.
Non é certo.
- A realidade é que as medidas que se toman teñen por obxectivo reducir as pensións e así exprésao o Goberno no compromiso contido no Plan de Austeridade enviado á Comisión Europea. O aumento da idade de xubilación significa que todos cobrariamos dous anos menos de pensión, co conseguinte aforro (que se estima nun 6%) e o aumento dos anos de cómputo para determinar o importe da pensión, dos actuais 15 anos a 20 ou 25, significa que todos cobraremos pensións máis baixas (entre un 5 e un 10% menos) porque os salarios máis antigos eran máis baixos.
5.- O Goberno di que defende o sistema público de pensións.
Non é certo.
- Entregouno aos mercados, que teñen nome e apelidos. Son os bancos e as compañías de seguros. Preténdese un modelo asistencial, é dicir unhas pensións públicas mínimas e o resto con complementos dos seguros privados.
Todo iso parece unha mala inocentada de fin de ano. Pero non o é.
Só a mobilización social pode impedir que toquen as pensións impoñendo a súa reforma dentro dun mes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario