http://www.wikio.es

12/10/11

Mobilizacións en defensa da Sanidade Pública.

O próximo día 27 de outubro a Plataforma SOS Sanidade Pública, que agrupa a todas as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Galicia, convoca mobilizacións en todas as Áreas Sanitarias da Comunidade Autónoma con dous puntos fundamentais:


- A defensa dos Servizos Sanitarios Públicos
- Frear os recortes dos mesmos que están sendo levado a cabo pola Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia


SOS Sanidade Pública considera que o sistema sanitario público galego está en risco real de deterioración e privatización pola política sanitaria da Xunta de Galicia destinada a cambiar o actual modelo sanitario baseado na universalidade das prestacións, o acceso en condicións de igualdade, a gratuidade as consultas e a calidade das prestacións, levadas a cabo con recursos públicos.


A crise económica está sendo utilizada pola Xunta para introducir importantes recortes económicos no orzamento sanitarios (máis de 200 millóns de euros) e nos servizos sanitarios públicos como son a paralización da actividade dos hospitais pola tarde, a desviación de pacientes a centros privados, o abandono do Plan de Mellora da Atención Primaria, o desmantelamento das Áreas sanitarias, o peche de servizos anatomía patolóxica e laboratorio, a eliminación dos radiólogos nos servizos de urxencias dos hospitais comarcais, a privatización dos centros sanitarios ao apostar polo financiamento privado da construción de novos hospitais e centros de saúde e dos plans directorios de mellora e ampliación dos antigos, a cesión a empresas privadas dos servizos de diálises, equipamento tecnolóxico dos centros , centrais de chamadas ou as redes informáticas.


A sanidade pública galega achégase perigosamente ao punto de non retorno que só unha gran mobilización de toda a sociedade pode frear.


Pretendemos facer chegar á Xunta de Núñez Feijoo o clamor dos cidadáns e profesionais , por encima das lexítimas posicións ideolóxicas, en apoio dun sistema sanitario de calidade, eficiente e accesible como o que gozamos e que é absolutamente sostible.


As mobilizacións que levarán a cabo a partir das 8 da tarde terán diferentes formatos en función das características de cada área sanitaria. Poderedes consultar as mobilizacións da vosa área nesta mesma páxina web a medida que vaian sendo informadas.


*Nota de Radio Rexurdimento.gal:


A Coruña, o día 27 de outubro, as 20:00 horas, concentración no Obelisco.


2/7/11

Alberdi.

Cando, aos 13 anos, Francisco Prado Alberdi empezou a traballar nun cine de Avilés, nada naquel neno introvertido, lector voraz de costumes solitarios, fillo dun policía, que fixera a guerra cos vencedores facía presaxiar que se estaba a fraguar un loitador antifranquista, un sindicalista e un home comprometido coa causa da liberdade e os dereitos dos traballadores. Ao contrario, as súas primeiras experiencias directas do abuso e a explotación laboral non o fixeron máis rebelde senón máis temeroso. Vencer o medo e desenvolver a capacidade para falar en nome doutros denunciando as inxustizas requiriu superar estas limitacións. E o motor deste paso cara á reivindicación e o compromiso residía nun rexeitamento instintivo, visceral, case físico, á inxustiza.


A canle inicial deste impulso será a Xuventude Obreira Cristiá. Na JOC fará as súas primeiras armas e sufrirá as primeiras decepcións. O intento de mediar para que un amigo cobrase o seu salario foi resolto polo empresario co despedimento e, xa en desafíos de maior envergadura, con 17 anos recén cumpridos, a viaxe a Madrid en plena folga da primavera de 1962 para recoller a propaganda das organizacións de apostolado obreiro saldouse cun fracaso porque a policía e o bispo, en franca sintonía, impediron a súa distribución en Asturias. Pero do seu paso pola JOC quedará unha herdanza moito máis importante: o orgullo da condición de obreiro e a vontade de trasladar os principios á práctica. A clara conciencia de que os obreiros son a fonte da riqueza daqueles que os desprezan e que o traballo ben feito é a base sólida na que se asenta a forza moral para reivindicar. E de que os dereitos se defenden colectivamente.

Cando o marco confesional se revela insuficiente, unha evolución ideolóxica menos estraña do que a priori se puidese supoñer condúceo ao comunismo. Non se trata dunha ruptura senón máis ben dun paso á fronte. Hai pouco de novo, en realidade, nos impulsos éticos que rexerán a súa vida en diante: reclamar os dereitos da clase obreira, conquistar e defender as liberdades, combater as inxustizas, loitar por unha sociedade igualitaria. Conciencia de clase e horizonte utópico como ferramentas para mellorar o presente e construír o futuro. Actuar conforme aos principios, antepoñendo o colectivo ao individual. E non esquecer nunca a máxima de que quen non actúa conforme ao que pensa acaba acomodando o seu pensamento á forma en que vive. Unha idea que Alberdi segue repetindo, como para non esquecer que é o que dá verdadeiro sentido a unha vida plena.



Comprometerse coa causa do movemento obreiro naqueles anos conducía directamente á clandestinidade e comportaba riscos que ninguén ignoraba. A Alberdi custoulle dar cos seus ósos nunha sinistra comisaría avilesina, onde foi torturado por un non menos sinistro policía da ditadura que andando o tempo -xa en democracia- ocuparía cargos importantes e recibiría honras. Aínda hoxe, ao cabo de case corenta anos, séntese incapaz de rememorar en voz alta aquela experiencia, sobre a que reflexionou moito. Pero nin as torturas nin o cárcere que veu despois impediron que, unha vez recobrada a liberdade, os seus esforzos se envorcasen en fortalecer a organización de Comisións Obreiras e en promover mobilizacións por cuestións laborais e políticas. Folgas, xornadas de loita, manifestacións pola amnistía e as liberdades democráticas marcan uns anos intensos onde os riscos permanecen (en 1975 volve ser detido e despedido) pero as esperanzas se impoñen e á fin chegan a legalidade, o dereito de folga, a amnistía laboral e as eleccións xerais. Neste novo tempo correspóndenlle tarefas sindicais de posta de pé dun sindicato de clase (CCOO tiña en Gijón 11.000 afiliados e ningunha infraestrutura nin experiencia) e políticas (participa na elaboración do borrador do Estatuto de Autonomía).

Secretario xeral de CCOO de Gijón en dúas ocasións e coordinador de IU noutra, calquera intento de representar a súa vida mediante un currículo centrado nos cargos que desempeñou entraña un desenfoque respecto ao verdadeiramente importante na súa traxectoria. En primeiro lugar, porque o relevante foi, por enriba do lugar que ocupase en cada momento, a coherencia cunhas conviccións. De aí que nos encontremos ante unha rara avis que posúe a capacidade de mirar cara a atrás con ollos autocríticos, de reflexionar sobre o pasado e recoñecer os propios erros, de ver a parte de razón que tiñan os que estiveron situados na trincheira de en fronte. Unha virtude, desgraciadamente insólita, que Francisco Prado Alberdi posuía xa cando o que fala tivo a fortuna de entrar no seu despacho, alá por abril de 1989, para facerlle unha entrevista. En segundo lugar, porque nin os cargos nin o poder tiveron para el valor ningún. E como proba, abonde sinalar que de cantas responsabilidades de dirección ocupou se foi por propia vontade, dimitindo ou cesando ao concluír o seu mandato. Aferrarse á cadeira de brazos xamais foi o seu. Quen o coñecía sabíao ben. Como o compañeiro de traballo da vella Ensidesa (casualmente, apelidado Carrillo) que coidou o seu despacho na fábrica mentres el ocupaba a secretaría xeral do sindicato, esperando durante seis anos o seu regreso ao traballo de electricista e o día que se reincorporou díxolle: "aquí, o que se vai da fábrica non volve, pero eu sempre souben que ti ías volver".



Porque Alberdi, "O Pipas" para os seus vellos camaradas, foi na vida un obreiro con conciencia e un sindicalista no máis nobre sentido da palabra. Sobre eses valores segue fundando a súa actividade, á fronte da Fundación Juan Muñiz Zapico ou a través do blog que lle conecta aos vastos mundos de internet que non parecían destinados a xente da súa xeración e nos que se internou coa mesma inquietude por aprender coa que volveu (xa xubilado do traballo, que non da vida) ás súas lecturas de Filosofía.

E navegando pola rede descubría hai unhas semanas a Giorgio Gaber, un italiano, que foi o que entón chamabamos un cantautor. Alberdi enviábame por correo electrónico unha canción, máis ben un recitado, de Gaber que leva por título "Qualcuno era comunista". "Alguén era comunista", na lingua de Cervantes. E subliñaba a súa identificación con boa parte da letra. En particular, con aquel verso que reza: "Algún era comunista porque cría que podía estar vivo e feliz só se tamén o estaban os demais". No seu correo electrónico engadía: "É que eu me nego a renegar da miña militancia comunista, pero tampouco acepto que me reivindiquen todos eses neo-comunistas admiradores de Stalin e da URSS Vázquez Montalbán explicábao moi ben: "Houbo dous comunismos: o dos sonos e o dos pesadelos. Nós pertencemos ao dos sonos".

Discurso de Rubén Vega como padriño de Francisco Prado Alberdi durante a entrega dos Premios Honoríficos da Vila de Gijón.

Francisco Prado Alberdi recibiu a pasada tarde a Medalla de Plata do Concello de Gijón en reconocimiento á súa dilatada traxectoria na defensa dos dereitos da clase obreira.


(Traducido do castelán ao galego por Radio Rexurdimento).

16/6/11

"Debtocracy - Χρεοκρατία - Deudocracia" - (Unha traxedia grega).

"Debtocracy - Χρεοκρατία - Deudocracia" é un documental realizado polos xornalistas gregos Katerina Kitidi e Ari Hatzistefanou, e distribuído en internet libremente polos seus autores, que busca as causas da crise e da débeda en Grecia, e que propón solucións que o Goberno e os medios de comunicación dominantes ocultan.


(Subtitulado en castelán) Duración deste documental: 1:14:05

9/6/11

Reyes Montiel fala do Proxecto Constituinte EQUO.

Este pasado fin de semana o ata agora Proxecto EQUO adxectivouse: despois de acordar con máis de 30 organizacións e partidos constituír un partido político que concorra ás eleccións xerais de 2012, podémoslle chamar xa Proxecto Constituinte EQUO.



Reyes Montiel, ata hai uns meses deputada rexional por IU na Asemblea de Madrid e agora presidenta da Fundación Equo, estivo con todos eles falando de multitude de temas: Equo e a súa evolución cara a un partido político, pero tamén do sistema de servizos públicos, o 15-M, as posibilidades electorais da esquerda para 2012, a desafección da política, a democracia participativa...






Fonte: Vúdeo

26/5/11

O partido que eu quero. (Reflexión dunha militante socialista).

“¿Es socialista, es obrero o es español solamente?” Así o expresaba Javier Krahe na súa canción “Cuervo ingenuo”, adicada a Felipe González e censurada no ano 1986. A vixencia da cuestión parece evidente.


As eleccións do 22 de maio foron un duro varapau a todos os niveis. Días despóis, as redes sociais dos/as políticos socialistas se encheron de palabras como “lección”, “reflexión” ou “cabeza alta”. Cando se aprende unha lección se muda o discurso e a forma de enfrentar a vida. Cando se reflexiona, se poñen en cuestión os máis básicos fundamentos para promover un cambio que debe ser palpable. Cando se ten a cabeza tan alta corremos o risco de non ver o que vai quedando debaixo do noso campo de visión. Polo tanto, ningunha destas palabras parece ter máis intención que a puramente ornamental. Sen agardadads dimisións, sen cambios estruturais e sen propósito de enmenda e autocrítica. Este non é o partido que eu quero e, dende logo, non son as ideas nas que eu creo. No partido que eu quero, moitas persoas deben dimitir, asumir as súas responsabilidades sen tibieza (sen “poñer os seus cargos a disposición do partido”, que é un sí pero non, un non quero marchar pero non vaia ser que o pareza…) Tampouco parece moi loable renunciar á acta de concelleiro/a e volver ao calor do Parlamento ou do Senado. É que fóra vai moito frío… ¿Ou é que ten que dimitir a cidadanía?


O partido que eu quero limita os cargos políticos electos aos oito anos. Non só as alcaldías, senon tamén as concellarías, os escanos parlamentarios… Só deste xeito se favorece a democracia interna, a rotación e a participación. E só así garantimos que as persoas que están na política non se adiquen a ela de xeito remunerado toda a súa vida e se convirtan nunha caste. Na caste política que dende a rúa nos din que non se pode aturar máis. Nesa caste na que moitos non queremos convertirnos. Limitemos a oito os anos cobrando nun cargo público. Independentemente do cargo: oito anos en total. Despóis, que quen queira siga a traballar polas ideas que nos importan dende outros lugares e sen remuneración. Veremos cántos se quedan.


O partido que eu quero non se escuda en todo tipo de crise para ocultar á súa propia. O movemento Democracia Real Xa non pode servir de excusa de mal pagador porque a súa indignación, o seu hastío, o seu alonxamento da política ao uso non pode ser máis que comprendida e compartida dende o socialismo. Porque o fixemos mal. Rematadamente mal. Podemos tratar de solucionalo dende a esquerda. Pero coa cidadanía da man: non dándolles nós a man a eles e a elas, senón collendo a súa e deixándonos levar ao lugar onde soberanamente queren estar. Votar cada catro anos nunha urna non é democracia suficiente, e a participación cidadá debe ser un dos eixos fundamentais da construción do novo edificio que temos que levantar. Porque non se pode tratar unha vez máis dun pintado de fachada, nin sequera dunha rehabilitación. Porque as vigas mestras se tambalean e porque moitos dos materiais non son xa aproveitables. Nada é inmudable, as persoas non poden eternizarse nos seus cargos, os políticos non pode ser unha caste aparte, profesionalizada e haberá que cambiar as reglas de xogo, as formas de estar en política, os tempos… Todo pode ser transformado para ensanchar os límites da democracia.


O partido que eu quero, as ideas contan. Pero non contan para redactar discursos cheos de palabras como “igualdade”, “solidaridade”, “xustiza” ou “políticas sociais”. Contan porque son a base fundamental das nosas accións. A esquerda que xa non é percibida como tal pola cidadanía só pode refundarse dende a esquerda real. Non estamos na dereita e debemos demostralo con feitos.


O partido que eu quero é socialista e galego. Fagamos este cambio profundo, estrutural e derivado da nosa propia crise autónomamente e dende as nosas propias siglas. Galicia o merece e nós somos quen de facelo.

Cristina Justo, militante socialista.


* Nota de Radio Rexurdimento.gal: Admirada e benquerida amiga, compañeira dalgunhas batallas, exemplo de dignidade e coherencia. Cecáis algúns dirixentes do seu partido e doutros da esquerda, (en Galicia, España e Europa), terían que facer isa autocrítica, eludir a tentación de maquillar a realidade para salvar o seu propio cú, (cómo algúns/has xa están a facer), e tratar de reconstruir unha proposta programática común, de mínimos, que ofrecer ao conxunto da cidadanía antes de ser esmagados pola onda xenocida do neoliberalismo rampante e campante. Urxe.

25/5/11

Presente e futuro da esquerda. Un convite á reflexión e o debate.



Fai unhas décadas, un grupo de economistas encabezados por Milton Friedman elaborou unha nova doutrina segundo a cal o mundo, tras milenios de pobreza, era por fin rico. Iso debíase, segundo Friedman, a que se inventou un motor eficaz, o capitalismo e a libre empresa, e un potente carburante, o beneficio. E canto máis beneficio se conseguise, maiores serían os logros do sistema.


Librémonos entón dos impostos, dos obstáculos que para o mercado representa os servizos públicos e a Seguridade Social, e das múltiples regras que limitan o beneficio acumulable das empresas. Sexa cal for a actividade en cuestión, o equilibrio alcanzado polo mercado é sempre o mellor posible e calquera intervención pública só pode deterioralo. Este era o núcleo duro do discurso ultraliberal de Friedman e os seus amigos.


Esta filosofía simplista, que avoga polo afán de ganancia, a redución de impostos e a diminución do papel do Estado, logrou nun tempo record a adhesión dos patróns da industria e as finanzas, da maioría das forzas políticas e dos gobernos.


Trinta anos despois, o panorama é desolador: os ricos enriquecéronse aínda máis, as desigualdades disparáronse, tanto entre o Norte e o Sur como no interior dos nosos países, a pobreza masiva reapareceu nas nacións desenvolvidas, a protección social se erosiona en todas partes, os servizos públicos están ameazados, o esgotamento de recursos e a contaminación prosperan sen contención, o sistema volveuse inestable e logo de seis grandes crises rexionais desembocamos nunha crise xeral, na que estamos inmersos. Tal é o legado do neoliberalismo.


Con todo, pese ao estrepitoso fracaso das políticas e dos valores neoliberais, a esquerda foi incapaz de realizar unha análise seria sobre a crise e de formular un proxecto e un discurso que lle permitan abordar e liderar o futuro. Por iso, aínda que pareza paradóxico, as mesmas forzas políticas e sociais que xestaron e incuvado a grave crise que nos arrasa seguen dirixindo o proceso político e económico.

Organizado pola asociación socio-cultural, NAMENTRAS, o vindeiro xoves, día 26 de Maio, a partires das 20:00 horas, celebraráse unha conferencia con coloquio Baixo o título “PRESENTE E FUTURO DA ESQUERDA. UNHA PROPOSTA PARA A REFLEXIÓN E O DEBATE”, cuio relator será ANXO GUERREIRO CARREIRAS, analísta político.

O acto celebraráse na Aula de Cultura da Fundación Caixagalicia, na rúa Médico Rodriguez, 2, da cidade de A Coruña e será presentado (e moderado o coloquio posterior), por Lóis Uxío Taboada, vicepresidente de NAMENTRAS.

A nosa asociación que reclámase como un punto de encontro da esquerda plural e para o impulso e renovación do pensamento crítico e de esquerdas, convida a todos os cidadáns e cidadás, que así o desexen, a asistir e participar activamente.

NAMENTRAS

14/5/11

Eleccións municipáis: "Terra de ratos..."

Fábula política difundida por Tommy Douglas, prominente activista e político, elixido en 2004 como "O canadense máis grande de todos os tempos". Recoñecido como pai do paso do sistema de saúde canadense ao modelo de Asistencia sanitaria universal.








8/5/11

Inside Job... (Versión íntegra e subtitulada en castelán).

Inside Job, o documental de Charles Ferguson, gañador do Oscar ao mellor documental, analiza o crash do 2008, describe con precisión a gran estafa política, económica e intelectual que xestou e incubó, e estendeu por todo o planeta como modelo especulativo inmoral de punta a cabo.


Con entrevistas a unha ducia de altos executivos, conselleiros, políticos e economistas implicados (de Reserva Federal, Goldman Sachs, Lehman Brothers, Harvard, Columbia, etcétera), que como se ve no documental son incapaces de articular unha frase coherente e justificativa dos seus crimes económicos que levou a producir a maior e máis grave crise económica da historia.

O documental contén tanta información que parece esencial velo repetidas veces, en versión íntegra e con subtítulos en castelán.

Súmome á convicción da miña prezada Ángels e da súa benquerida amiga Carmen de que isto é facer cultura e da boa, e espero que os departamentos competentes en materias culturais non me envíen a unha parella da garda civil por difundir este impresionante documental sen solicitar permiso previo.








Cortesía da miña prezada amiga Ángels.

5/5/11

Non tropezar na mesma pedra...

Resulta asombrosa a tendencia que temos os seres humanos a repetir os erros do pasado, a desprezar a experiencia histórica acumulada, a ignorar ata vivencias propias próximas no tempo. Con inusitada frecuencia adoitamos tropezar na mesma pedra e, desde logo, non parecemos dispostos en absoluto a aprender na cabeza allea. Quizá conscientes desta tendencia humana ao esquecemento, un grupo de cidadáns coruñeses, todos eles cunha irreprochable traxectoria democrática e un recoñecido compromiso cívico, crearon unha plataforma apartidista e plural (Non podemos calar), co fin de contribuír á mobilización electoral e evitar que, debido a un certo xustificado desencanto, repítase o que sucedeu nas eleccións autonómicas, nas que por un escaso número de votos produciuse o retorno da dereita ao poder coas consecuencias coñecidas: desmantelamento sistemático dos logros do anterior Goberno, ruptura dos consensos políticos e sociais básicos e deterioración profunda da democracia.


Os promotores de Non podemos calar advirten ademais que o acceso da dereita ao Palacio de María Pita representaría algo máis que unha normal alternancia nun sistema democrático. O triunfo da dereita coruñesa significaría un profundo cambio na cultura política en aberta ruptura coa tradición liberal, democrática e republicana da cidade. Porque é evidente que estamos ante unha dereita especialmente reaccionaria, que non foi capaz de cortar o cordón umbilical co antigo réxime. En efecto, cando o Concello da Coruña decidiu aprobar, transcorridos 32 anos de convivencia democrática e 34 desde o falecemento do ditador, a retirada dos títulos honoríficos concedidos no seu día a Franco, o cambio de nome de 22 rúas que honraban a sinistros personaxes que se alzaron en armas contra a democracia ou pór termo á inaceptable presenza da estatua de Millán Astray nunha praza da cidade, o Partido Popular da Coruña, liderado polo seu candidato á alcaldía, Carlos Negreira, negouse a secundar a proposta do Goberno municipal. Como tantas outras veces, a dereita recorreu a puerís escusas para evitar o distanciamento e o rexeitamento inequívoco ao franquismo. Mentres as dereitas europeas condenaron sen reservas os réximes fascistas e autoritarios que arrasaron os seus países no pasado, o Partido Popular segue mostrando unha contumaz resistencia a condenar o réxime de Franco e a recoñecer ás súas vítimas.


Agora ben, nunhas eleccións democráticas cada cidadán dispón dun só voto que, obviamente, non pode repartir entre diferentes forzas políticas. Por iso os partidos, ata os que son aliados naturais e están condenados a entenderse, libran unha encarnizada batalla para conseguir cada un dos indivisibles votos dos cidadáns. En campaña, cada formación política reafirma a súa identidade, resalta as súas supostas virtudes, destaca as súas vantaxes comparativas e todo aquilo que lle distingue do adversario ou do competidor, que por principio adoita ser denostado. Nunha campaña electoral non existen amigos, só adversarios a bater. Atrapados nese vórtice, os candidatos pronuncian discursos nos que abundan os exabruptos, as hipérboles e todo tipo de excesos que os cidadáns reciben con evidente cansazo e intelixente escepticismo.


Pero todo ten un límite, e a santa paciencia con que a cidadanía soporta este ritual adoita transformarse en firme rexeitamento e xustificada indignación cando alguén se pasa da raia e despreza a súa intelixencia. Por todo iso permítome suxerirlle á plataforma Non podemos calar que inclúa no seu manifesto un chamamento ás forzas políticas progresistas, para que tamén elas favorezan a participación, e para que a súa lexítima disputa electoral non desvirtúe ou difumine a alternativa á dereita que, na Coruña como no resto das cidades galegas, será politicamente plural ou non será.

* Radio Rexurdimento, figura entre os asinantes do Manifesto "Non podemos calar".


Fonte: Namentras.

25/4/11

NON PODEMOS CALAR !!

Manifesto presentado na Coruña o 19 de abril de 2011:


Non podemos calar. Non debemos calar. Porque están aí, ás portas, esperando o asalto final ao palacio municipal de María Pita. Preséntanse como o cambio, mais son os de sempre, nostálxicos do franquismo.


Candidatos que manifestan sen rubor a súa negativa a cumprir a Lei da Memoria Histórica e a retirar a simboloxía franquista, tal e como aprobou o pleno da corporación municipal o 7 de setembro de 2009. A Coruña xa non é a capital da simboloxía franquista, mais aínda queda moito por facer; é unha vergoña que o único escudo franquista da cidade estea na entrada principal de María Pita.

Son os mesmos que fan interesada relación entre inmigración ou etnia e delincuencia, con afirmacións de marcado carácter racista.

Utilizan o tema do topónimo da cidade para xerar crispación social e escasos réditos electorais. Están contra a aplicación da Lei de Normalización Lingüística, aprobada por unanimidade no Parlamento Galego en 1983. O concello da Coruña debe asumir a política de normalización lingüística que xa teñen outras cidades galegas e tomar medidas para o impulso do uso do galego.

Levan anos obstaculizando a construción dunha residencia pública na nosa universidade porque eles están pola xestión privada e por defender o negocio dos seus amigos.

Hai que afondar nunha política urbanística ao servizo das maiorías sociais, que poña freo á especulación. A Coruña debe liderar o recoñecemento institucional do novo espazo político cidadán do século XXI, impulsando un modelo territorial urbanístico que nos leve a unha cidade aberta, de habitabilidade conxunta e servizos compartidos, aplicando políticas públicas de vivenda, transporte, defensa do espazo público e do patrimonio cultural e histórico da cidade, que teña na participación cidadá a chave da súa concepción como proxecto colectivo.

Queremos unha sociedade participativa coa posta en vigor dun renovado Regulamento de Participación Cidadá e uns Orzamentos Participativos.

Somos unha plataforma cívica apartidaria e non pedimos o voto para ninguén. Formamos parte dunha cidadanía coruñesa que quere asumir as súas responsabilidades. Facemos a nosa humilde achega para crear un movemento cívico que impida a chegada ao Goberno Municipal daqueles que se presentan como o cambio, pero que non representan outra cousa que a marcha atrás e unha hipoteca para o futuro da Coruña.

Consideramos que a abstención favorece os obxectivos da dereita e, por tanto, é de vital importancia a participación nas eleccións municipais do 22 de maio porque o noso voto decide.

A Coruña, 14 de abril de 2011

Promotores deste manifesto, que se presentará nunha asemblea pública o 28 de abril, ás 8 da tarde, no Circo de Artesáns (r/ San Andrés 36, A Coruña):

Xabier Docampo, Manuel Rivas, Francisco Pillado, Xosé María Monterroso, Henrique Rabuñal, Xurxo Souto, Tono Galán, Isabel Risco, Luis Fermín Rodríguez, Pepe Galán, Miro Casabella, Xosé Lois Martínez Suárez, Xosé Luis Rodríguez Pardo, Andrés Salgueiro, Mari Luz Canal, Ramón Veras, Manuel Monge, Pura Barrio, Xesús Díaz, Lóis Uxío Taboada Arribe, Pancho Alvarez Fontenla-Gayoso, Anxo Guerreiro Carreiras, Enrique Veira Pino, José Manuel Sánchez Mesejo, Francisco Vázquez Camba.


Nota: Radio Rexurdimento.gal, adhírese ao contido deste Manifesto.

14/4/11

80 anos: pero todas as primaveras seguen sendo aquela primavera.

Hoxe conmemórase o 80 aniversario da proclamación da II República. A nosa obriga moral, científica e política é lembrar o papel dos demócratas, do movemento obreiro e da esquerda, recuperando a memoria histórica de rebeldía política e loita social do noso pobo. É unha obriga respecto do pasado: é o recoñecemento dun periodo de apertura democrática, de compromiso social e de vontade de construír unha Galicia próspera e plural, nunha España próspera e plural.



Pero é tamén un compromiso respecto do presente e do futuro. Fronte ao oscurantismo, a vontade dos poderes reais deses dias de manter a España, sojuzgada, sometida e na escuridade, a República foi tradicionalmente a loita pola democracia, as liberdades, os dereitos económicos e sociais e autogobierno para as nacionalidades e rexións. Antonio Machado, foi un dos republicanos que ese día izaron a bandeira republicana no concello de Segovia. Escribe nun articulo publicado no 1937:

Fue un día profundamente alegre –muchos que ya eramos viejos no recordábamos otro más alegre-, un día maravilloso en el que la naturaleza y la historia parecían fundirse para vibrar juntas en el alma de los poetas y en los labios de los niños. La República había venido por sus cabales, de un modo perfecto, como resultado de unas elecciones… Desde aquel día, -no sé si vivido o soñado-, hasta el dia de hoy, en que vivimos demasiado despiertos y nada soñadores, han transcurrido seis años repletos de realidades…, yo los resumiría con unas pocas palabras. Unos cuantos hombres honrados tuvieron la insólita y genial ocurrencia de legislar atenidos a normas estrictamente morales, de gobernar en el sentido esencial de la historia, que es el del porvenir…”



A defensa da II República foi tamén un baluarte da Humanidade, angustiada polo avance do fascismo. A axuda espontánea, xenerosa e desinteresada das Brigadas Internacionais é aínda un exemplo que invita á construción dun novo internacionalismo civil, humanista e solidario.


Pasaron 80 anos, pero no corazón da cidadanía, todas as primaveras seguen sendo aquela primavera.




. Radio Rexurdimento.gal únese á declaración dos benquerido amigos de NAMENTRAS compartindo ista entrada.

12/4/11

Unha indignación, que xa caseque é ira

Recoñezo que non teño o sentido de Estado da nosa clase política e, no colmo da irresponsabilidade, ademais, fago ostentación delo e, mesmo, alégrome. Este preliminar é pra afirmar tallantemente que me inunda unha indignación, que xa caseque é ira.


Diante desta inmensa estafa financeira que inunda as colas do desemprego, os comedores sociais, que provoca unha desolación e miseria social sen precedentes; tras a fraude e a traizón dos nosos gobernos, incumprindo os seus compromisos e, mesmo, a defensa do ben xeral; tras observar como se empapela un xuíz xusto por iniciativa de fascistas e estafadores sen que os Poderes se poñan colorados e nin sequera pestanexen.


Tras todo isto, comparto con outros, envexo e reclamo a posiblidade de deixar quebrar aos bancos, meter no cárcere os gobernadores dos bancos centrais e os banqueiros irresponsables, derrubar o Goberno correspondente, modificar a Constitución e reformular o sistema democrático con mecanismos para a súa defensa e auténticos órganos de control dos cidadáns.


Ou tomámola iniciativa ou eles a toman por nós.

Viva Islandia!

11/4/11

As mestras da República.

A educación constituíu un dos compromisos sociais da II República cuxo fin era lograr a democracia, garantir os dereitos de todos os cidadáns e cidadás e modernizar o país. Tratábase de configurar o estado docente, a defensa dunha República capaz de educar cidadáns e cidadás comprometidas coa construción dunha nova sociedade, que deixase atrás o obscurantismo, e as deas-igualdades doutras épocas.

Unha educación pública, obrigatoria, gratuíta, activa, laica, bilingüe e solidaria que intentaba rematar con séculos de discriminación por razón de sexo ou de clase social.

Desgraciadamente, as formulacións da II República tiveron unha plasmación incompleta e efémera. A sublevación fascista acernou as ilusións de cambio social e a actividade reformadora en todos os terreos, entre eles, o da educación. Así que moitos dos aspectos que aquí se destacan non chegaron a estenderse a todo o país e non conseguiron consolidarse. Aínda así, o seu legado chegou ata os nosos días e é importante trasmitilo e dar a coñecer un dos mellores retallos da historia de España.

Dentro deste proxecto de educación da cidadanía ocupaban un lugar privilexiado as mestras republicanas, que encarnaban o modelo de mulleres modernas e independentes. Elas serían as responsables, en boa medida, da construción e difusión da nova identidade cidadá, ao educar o seu alumnado nos valores de igualdade, liberdade e solidariedade, tanto a través da transmisión de contidos nas aulas como, sobre todo, coas súas vivencias persoais. Non obstante, moi pouco sabemos destas mulleres comprometidas e valentes que traballaron por levala educación a todos os cantos de España, por moi perdidos e illados que estivesen, ou por moitas dificultades que encontrasen ante unha sociedade que, en demasiadas ocasións, as observaba con receo, ante a súa posición libre e independente e unhas prácticas educativas que introducían a coeducación na aula, e a aprendizaxe práctica e experimental, fronte aos métodos memorísticos e mecánicos.

Esta unidade didáctica ten como fin recuperar a memoria das mestras da II República, devolvéndolles a voz, visibilizando as súas achegas á modernización do ensino, así como o papel que tiveron na conquista dos dereitos das mulleres. Os seus nomes, vidas e obra, teñen que ser restituídos na memoria, formando parte do legado da nosa historia educativa. Unidade didáctica

Como complemento é moi recomendable ver este documental, (55'), sobre as Misións pedagóxicas da República (1934-1936).

8/4/11

Galeano dedica un relato a un deportivista fusilado en 1936

Bebel García era un destacado socialista. «Moi bo mozo e bo dianteiro», recorda García Vizoso, que xogou con el.


A última vontade de Bebel García antes de que un pelotón de fusilamento mandáseo ao outro mundo foi ouriñar ante os seus verdugos. Ocorreu en punta Herminia, A Coruña, en 1936. Este episodio é narrado con prosa certeira por Eduardo Galeano nun dos relatos incluídos no seu último libro, “Espellos. Unha historia case universal”, (Século XXI), publicado o pasado febreiro. Xa se venderon máis de 25.000 copias dunha obra na que o uruguaio abarca desde a prehistoria ata Bush, pasando por Hitler e Bebel García.


¿Quen era Bebel? Na Coruña, os máis vellos do lugar responderían: «Un dos irmáns da lejía». Roxos ata a medula e ata a bala final. No 2002, o Concello dedicou unha rúa aos irmáns García. No 2008, Galeano, autor dun dos grandes libros sobre o balompé xamais publicados ( O fútbol a sol e sombra ), converte en universal a historia dun deles: Bebel.


«Os irmáns chegaron á cidade procedentes de Ribadeo porque o seu pai fora desterrado, por socialista, a 150 quilómetros da vila», explica o historiador Carlos Fernández. «Dos oito, só un foi bautizado, José. Os outros tiñan nomes tan rechamantes como Voltaire, Jaurés, France ou Bebel», continúa. O seu pai, que se dedicaba á venda e distribución de lejía, era un destacado militante socialista, ideoloxía que abrazaron os seus fillos. O 20 de xullo de 1936, Bebel, France e Jaurés axudaron na defensa do Goberno Civil, atacado por unha batería de artillería situada no Parrote. Pepín, outro dos irmáns, tamén colaborou na defensa, pero puido escapar. Os outros tres foron detidos. «Tras unha parodia de xuízo militar sumarísimo, Bebel e France foron executados o 29 de xullo. Jaurés librouse porque era menor de idade, pero ao ano seguinte, durante un cambio de cárcere, apareceu morto xunto ao cemiterio de San Amaro. Dixeron que se intentou escapar», engade o historiador.


¿Foi real o episodio urinario? «Dise que si, pero non queda ninguén que poida confirmalo», responde Fernández. Si queda quen pode falar das virtudes futbolísticas e humanas de Bebel. Rodrigo García Vizoso, que o próximo febreiro cumprirá 100 anos, foi compañeiro de vestiario do fusilado. «¡Como non me vou acordar de Bebel! Vivía na rúa San Roque. O seu pai era un líder do partido socialista. Era moi bo mozo, moi gracioso, aínda que algo infantil. E moi valente, facía fronte á policía e a todo o que fixese falta. Cando veu o movemento paseábase cun colar e unha cruz pola rúa Real. Tíñaos ben postos», resume o que foi porteiro deportivista.


Segundo a historia do club coruñés realizada por Bocelo, Bebel (que aparece no libro como Babel) xogou catro tempadas no Dépor, todas en Segunda, nas que coincidiu, entre outros, con Chacho. En ningunha desas campañas o equipo conseguiu logros importantes. «Era suplente», apunta Fernández. Un bo suplente. Na 32-33, Bebel xogou cinco partidos e fixo un gol. Na seguinte, participou en 20 e conseguiu 10 tantos. Na 34-35 só disputou dúas, e un na 35-36. En total, 28 encontros, nos que conseguiu 11 goles. «Era un bo dianteiro, un extremo dereita. Aínda que moi baixiño, case anano, tiña unhas condicións fabulosas para o fútbol, pero na cabeza tiña outras cousas», recorda Rodrigo.


Non foi o único xogador do Dépor fusilado. «Lemos, que estaba a facer a mili, foi un dos soldados detidos en 1937 aos que se condenou por preparar unha insurrección contra os seus superiores», informa Carlos Fernández.



RV.

“As silenciadas”, o documental que dá voz ás guerrilleiras galegas

As silenciadas” é un documental histórico que recupera historias de vida, contextualizadas, de numerosas mulleres que estiveron na clandestinidade como guerrilleiras nos montes ou que apoiaron desde a chaira o movemento de resistencia anti-franquista servindo de enlaces, facéndose con armas ou realizando outros labores de intendencia.

Pola súa condición de mulleres e por defender a liberdade e foron dobremente e duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, desterro ou exilio. Non obstante, o seu papel foi fundamental na supervivencia da resistencia. Foron, de feito, a columna vertebral da guerrilla.

A historia non lles fixo xustiza, relegándoas ao papel de amantes dos guerrilleiros e negando a súa participación ideolóxica e política no movemento. Agora, o documental As silenciadas visibiliza a seis destas mulleres con testemuños en primeira persoa e tamén coas voces de familiares destas loitadoras.


Un traballo pioneiro, dirixido por Pablo Ces, e produto da investigación que durante catro anos realizou a súa nai, a profesora da USC Aurora Marco, que tamén escribiu un libro, aínda inédito, no que reflicte todo o recollido ao redor deste tema.

Para min foi un orgullo participar naquela loita. Fun varios anos enlace e despois pasei á guerrilla do monte, con armas e loitando coma eles. Non queriamos o fascismo, loitabamos pola liberdade, contra Franco. Os fascistas nunca nos poñerán no lugar que nos corresponde, sempre nos rebaixarán. As guerrilleiras eramos como todas as mulleres e nada tiñamos que ver coa imaxe que tiñan de nós. Sabiamos cal era a nosa loita. Eramos donas dos nosos actos e non tiñamos que dar explicacións a ninguén...”.

Estas son palabras de Consuelo Rodríguez López, coñecida como a guerrilleira Chelo e exiliada en Francia. Viviu nos montes galegos, pertenceu á Federación de Guerrillas León-Galicia e é unha das protagonistas do documental As silenciadas, que ás oito e media desta tarde se estrea na Domus da Coruña.

A entrada á proxección é de balde ata completar o aforo.


As silenciadas (Web do documental)


Entrevista a Aurora Marco, quen fala do documental “As silenciadas”

28/3/11

Mesa Redonda sobre a “Lei de Augas de Galicia”

Dentro da campaña de sensibilización “Mes da Sustentabilidade”, Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) organiza unha mesa redonda na que se abordarán, entre outras cousas, os puntos controvertidos da nova Lei de Augas de Galicia, vixente dende finais de 2010. O obxectivo é achegar á poboación en xeral e máis concretamente á universitaria o debate que está tendo lugar sobre un tema clave dende o punto de vista social e ambiental como é a xestión da auga.

Co obxectivo de poñer algo de luz, aportar o maior número de opinións e tocar moitos dos puntos de vista que se están a dar no debate, ESF Galicia conseguiu reunir para este evento a algunhas das persoas máis implicadas nese debate e tamén a algúns expertos e organizacións que poden aportar novas visións:


·D. Francisco Menéndez, Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia.

·D. Joaquín Suárez, Dr. Enxeñeiro de Camiños, profesor na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños e membro do GEAMA.

·D. Manoel Docampo, membro da dirección executiva do Sindicato Labrego Galego.

·Dna. Montserrat Valencia, asesora xurídica da Asociación Amigos da Terra.

·D. Xosé Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.

·Representante da empresa privada de xestión e tratamento de augas.


A cita será o xoves, 31 de marzo de 2011 ás 16:00h na Sala de Grados 1 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (Campus de Elviña, s/n. 15.071 – A Coruña).


· Día: Xoves, 31 de marzo de 2011 · Hora: 16:00h · Lugar: Sala de Graos 1 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña, s/n. 15.071 – A Coruña.


[Asistencia libre para todos os interesados]


· Organiza: Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.


Para máis informacións, os interesados poden contactar con:


· Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. Campus de Elviña, s/n. 15.071 – A Coruña.

981 16 70 00 Ext.: 1479


http://www.galicia.isf.es

17/3/11

As emisións radioactivas en "Fukushima I" están moi por riba dos niveis permitidos

As explosións en catro reactores da central de Fukushima I lanzaron ao exterior nubes de material, en boa parte radioactivo, acadando unha altura superior ao quilómetro, que se suman a ás emisións controladas de gases radioactivos polo venteo da contención. Segundo datos do AIEA, no emprazamento estanse medindo doses de 400 milisievert por hora, algo que irá diminuíndo coa distancia a medida que o material radioactivo se distribúa polos arredores. A dose legalmente permitida que pode absorber una persoa é de 50 milisievert ao año.

O alcance destas emisións está aínda por determinar, pero o que si se está constatando unha vez máis é o secretismo co que se manexan habitualmente estas situacións.

Ata agora non se coñecían medicións de radioactividade fiables nos exteriores das centrais, o cal non impedira ás autoridades niponas repartir masivamente doses de iodo para evitar que a poboación absorba o iodo radioactivo que provén dos reactores nucleares. Nin tampouco a evacuación de decenas de miles de persoas nun radio de 20 quilómetros, e pediuse aos habitantes a menos de 30 quilómetros, que non saian das súas casas. O aumento da radiación xa empeza a medirse de forma clara incluso en Tokio, aínda que por agora está por debaixo dos límites establecidos.

Afortunadamente non todo son malas novas. Pese a que as autoridades recoñeceron que o núcleo de Fukushima 1 está parcialmente fundido, parece que a reacción aínda non volveu a entrar en situación crítica, como tampouco o fixo en Fukushima 3 e o tempo corre a favor de que se vaian arrefriando. Pola súa parte a explosión no reactor número 2 si danou a piscina de condensación, o que pode afectar ao arrefriamento do reactor e ao control da presión. Tamén se produciu unha explosión no reactor número 4, que estaba parado antes do terremoto. o traballo dos técnicos está sendo o adecuado ata o momento así como as decisións tomadas son correctas. Se exceptuamos o feito de instalar 54 centrais nucleares nunha das fallas sísmicas máis activas do mundo. Entre as decisións apropiadas, destacan a evacuación da poboación en 20 quilómetros á redonda, a liberación de gases á atmosfera para reducir a presión da contención e a inxección de auga de mar para refrixerar os reactores, o cal os deixará inutilizables no futuro.

Por agora, a clasificación na escala INES de sucesos nucleares segue sendo de 4, dato que xa non se sostén. Todos os expertos apuntan a que será un 5 con seguridade e posiblemente un 6, en función dos impactos no exterior das centrais, xa que o nivel catro implica unha baixa probabilidade de medidas de protección fóra do emprazamento, algo que xa foi superado.

A central de Fukushima I é xemelga á de Santa María de Garoña, como xa se informou. As emisións destes días detectáronse na central de Onagawa, a 150 quilómetros das explosións, o que causou alarma na citada central por se nela había escapes radioactivos. Se a central nuclear de Garoña sufrise un contratempo similar, tendo en conta a dirección noroeste do vento que adoita ser a habitual na zona, o material radioactivo chegaría ata Zaragoza. O material iríase depositando de máis a menos polo val do Ebro contaminando zonas poboadas como Vitoria e Logroño, en cantidades que só se coñecerán cando pase moito tempo, se é que algunha vez se fan públicas. Nun accidente similar, o da Illa das Tres Millas en EE UU, nunca se fixo pública a cantidade de radiación nin la poboación afectada.

A pesar de todo, a campaña do “lobby” nuclear está sendo especialmente intensa explicando que todo está baixo control e que no hai ningún perigo para la poboación.

Para Verdegaia* e Ecoloxistas en Acción, o ocorrido no Xapón marca un antes e un despois para as centrais nucleares. Ninguén pode defender en serio que Garoña, – que está en peores condicións que estaba a central de Fukushima I –, poida seguir funcionando varios anos máis, nin apoiar de ningún modo á industria nuclear como está decidido a facer o Ministro de Industria construíndolles un Almacén Temporal Centralizado para quitarlles de enriba o problema dos residuos.

*
Verdegaia é unha asociación ecopacifista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente. Naceu 2 de Abril de 2006 co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global.

* Radio Rexurdimento.gal, forma parte de Verdegaia.

13/3/11

Xeneración en precario (geraçâo à rasca), irrumpe nas rúas de Portugal.

Centenares de miles de mozos e mozas enchen as rúas de Portugal contra a súa precariedade, o desemprego e o hartazgo respecto da actual clase política.

Convocados a través das redes sociáis máis de 300.000 xóvenes portugueses, acompañados de nais e pais e mesmo dalgúns avós, encheron a avenida da Liberdade de Lisboa ata a praza do Rossío, berrando contra o seu Goberno, pedindo a demisión do Primeiro Ministro, o socialista Sócrates, e mesmo esixindo a disolución da Asemblea da República.

Asimesmo a praza da Batalla no Porto fíxose tamén insuficiente para acoller a uns 80.000 manifestantes que ao final se desprazaron ata a avenida dos Aliados. Tamén celebráronse outras concentracións en Coimbra, Braga, Punta Delgada e outras cidades.

Nestas movilizacións masivas, púxose demanifesto a involución en materia de libertades e dereitos sociáis e laboráis que están sofrindo no país, amosando a preocupación e mesmo a alarma sobor da implantación do que será o cuarto programa para reducir o déficit público en menos dun ano.

Namentras, diferentes analístas portugueses, prantexan cómo poden reaccionar outros sectores do país tamén vítimas do desemprego, a suba dos impostos indirectos e os recortes nas prestacións sociáis. Pola súa banda, o primeiro ministro, José Sócrates, dí que “comprende a ansiedade dos problemas dos mozos”. En todo caso, o líder dos socialistas portugueses volvéu a insistir en que vaí a aplicar un novo axuste económico ao país.

Manifesto de “Geraçâo à rasca”, en castelán:

Manifiesto de la Generación Precaria.

Nosotros los desempleados, “quinientoseuristas” y otros que somos mal remunerados, esclavos disfrazados, sub contratados, contratados a plazo fijo, falsos trabajadores independientes , trabajadores intermitentes, pasantes, bolseros, trabajadores-estudiantes, trabajadores, madres, padres e hijos de Portugal.

Nosotros, que hasta ahora fuimos cómplices de esta condición, estamos aquí, hoy, para dar nuestra contribución en el sentido de iniciar un cambio cualitativo en el País. Estamos aquí, hoy, porque no podemos seguir aceptando esta situación precaria a la cual fuimos arrastrados. Estamos aquí, hoy, porque nos esforzamos a diario con el intuito de merecer un futuro digno, con estabilidad e seguridad en todas las áreas de nuestra vida.


Protestamos para que todos los responsables de nuestra situación de incertidumbre actual – políticos, empleadores y nosotros mismos – actúen como un todo para cambiar rápidamente esta realidad, que se torno insustentable.

Caso contrario:

a) Se defrauda el presente, por no tener oportunidad para demostrar e ejercer nuestro potencial, impidiendo de esa manera que no exista una mejoría en las condiciones económicas y sociales del país. Se desperdician las aspiraciones de toda una generación que no puede prosperar.

b) Insultamos el pasado, porque las generaciones anteriores trabajaron por nuestro acceso a la educación, por nuestra seguridad, por nuestros derechos laborales y por nuestra libertad. Se desperdiciaron décadas de esfuerzo, inversión e dedicación.
C) Se Hipoteca el Futuro, que puede ser visto sin una educación de calidad para todos y sin justas reformas para aquellos que trabajaron toda su vida. Se desperdician los recursos e habilidades que podrían llevar al país a un suceso económico.

Somos la generación con mayor nivel de formación académica en la historia del país. Por eso, no bajaremos los brazos ni por el cansancio, ni por la frustración ni por la falta de perspectivas. Creemos que tenemos las herramientas e recursos necesarios para alcanzar un futuro mejor para nosotros y para Portugal.

No protestamos contra otras generaciones. Apenas no estamos ni queremos estar esperando por que los problemas se resuelvan. Protestamos por una solución de la cual queremos formar parte.

7/3/11

8 de Marzo. Día internacional da muller traballadora


‎8 de Marzo de 2011. Día internacional da muller traballadora.
Igualdade, corresponsabilidade e paridade, valores para outro mundo posíbel.
(Radio Rexurdimento.gal)


6/3/11

Manifesto contra os mercenarios.

Radio Rexurdimento.gal, únese á iniciativa conxunta dos xornáis L’Unitá (Italia), Libération (Francia), Taz (Alemania), The Nation (EEUU), e Público (España), para espallar e difundir iste Manifesto dirixido ás autoridades nacionáis e internacionáis, cofín de denunciar á barbarie das forzas mercenarias en Libia e reclamar catro medidas concretas para rematar con iste desmán.

Dende eiquí, facemos unha chamada aos blogues amigos e aos cidadáns no seu conxunto para que se xunten a ista iniciativa dándolle pulo e máxima difusión e colabourar cívicamente no remate desta barbarie.


MANIFESTO:

Ao Goberno, á Unión Europea, ao Secretario Xeral das Nacións Unidas

Nós os cidadáns asistimos con terror e indignación ao incesante masacre de civís inocentes por parte das milicias mercenarias ao servizo da ditadura de Gadafi. Pero as execucións en masa, as detencións arbitrarias, as torturas e as mutilacións contra todo tipo de persoa que se atreve a opoñerse ao réxime que domina ilegalmente Libia non poden quedar impunes.

As forzas mercenarias que operan en Libia teñen que ser detidas, e debe impedirse a reiteración de tales crimes. Pedímoslles que fagan todo o posible para que calquera violación da Convención das Nacións Unidas contra os mercenarios e a súa actividade sexa comprobada e castigada. A devandita Convención entrou en vigor no ano 2001, pero presenta moitos puntos débiles e non foi adoptada polos países dos que proceden as principais compañías de mercenarios. As atrocidades perpetradas en Libia, ademais, reclaman a adopción dun instrumento legal máis radical e eficaz contra a praga destas milicias.

As actividades mercenarias son unha ameaza para a paz e seguridade de todos nós, e téñense que considerar coma se fose xenocidio, pirataría ou asasinatos en masa, é dicir crimes contra a humanidade. Esta actividade ten que ser prohibida en todas as súas manifestacións, e en particular cando se disfraza tras a máscara das denominadas "empresas privadas militares e de seguridade" que actúan en Libia, África, Afganistán, Iraq e noutras zonas de conflito, onde se están a destacar pola súa crueldade, a falta de controis e as graves violacións dos códigos penais civís e militares.

Polo tanto, pedímoslles con urxencia que se comprometan para elaborar unha nova convención internacional que:

1. Prohiba e castigue coa máxima severidade a todo tipo de persoa que recrute, organice, use, adestre e financie mercenarios en calquera parte do planeta.

2. Prohiba estritamente aos estados que deleguen ou subcontratar a entidades ou individuos privados as súas funcións específicas en temas de seguridade e monopolio da violencia física.

3. Obrigue os estados asinantes a que prohiban todo tipo de actividade militar no estranxeiro feita por empresas e cidadáns propios, así como tamén o recrutamento destes últimos por parte desta clase de compañías.

4. Prevexa a realización de axeitados programas de asistencia para as vítimas dos mercenarios e do tráfico criminal relacionado con eles.

Ista iniciativa cívica, póde ser asinada por calqueira cidadán e cidadá que compartan os obxectivos mencionados, na seguinte ligazón: Asina o Manifesto facendo click eiquí

27/2/11

En cada rosto igualdade. Fái 24 anos que morréu Zeca Afonso

"Ocupar Abril, tomar de assalto o mês de Maio", é o desafío lanzado polo Núcleo do Norte da Associaçâo José Afonso. Con ise mesmo espíritu diferentes colectivos cidadáns xúntanse ao proxecto "Em cada rosto igualdade", a traveso do cál pretendese reafirmar os valores humáns da Fraternidade, Igualdade e Libertade que José Afonso sempre defendéu tanto a través da súa música, como poloa súa postura de hombre diante do mundo.

O proxecto alicerzado nun manifesto, é dirixido a todos cuantos se recoñezan na súa universalidade. Será un espacio de convivencia, anticipando dende xá o mundo mellor que todos desexamos.


Manifesto:

Vivemos num mundo doente!

Doente, um mundo que circula indiferente perante Seres Humanos que vivem no chão da rua e comem de uma sopa nada mais que caridosa.

Doente, um mundo que assume como lei natural meia dúzia possuírem algarismos virtuais que os torna bem alimentados, bem vestidos, bem vividos, perante milhões de outros que, sem algarismos virtuais, sobrevivem de uma fome bem real.

Doente, um mundo em que a propriedade do Ter, roubou a dignidade de Ser.

Doente, um mundo que ajuíza o que cada um é pelo que cada qual possui, assim pretendendo fazer crer que entre seres iguais um possa ser mais e outro menos.

Não!

Não chegamos ao fim da História!

Porque o sabemos reclamamos um outro mundo!

Nós ousamos contrariar as regras com que nos tentam ajoelhar todos os dias.

Nós queremos construir um Mundo mais são, justo e digno para todos os seres.

Nós assumimos que o que nos estrutura enquanto Seres Humanos é a forma como vemos o outro.

E em cada rosto desconhecido, triste ou feliz, rude ou amável, amargo ou gentil vemos um Ser Humano Igual.

O Mundo que queremos é outro!

O que queremos é um Mundo de gente igual por dentro e gente igual por fora!

O Mundo que queremos é a Terra da Fraternidade - sentida, vivida e contada por José Afonso.

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade

17/2/11

SOBRE O CATÁLOGO DE MEDICAMENTOS DE GALICIA.

A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Publica ante a decisión do goberno de recorrer ante o Tribunal Constitucional a posta en funcionamento do catalogo de fármacos en Galicia, ten que sinalar:

1) O elevado gasto farmacéutico é o principal problema para a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde e a súa rebaixa é polo tanto imprescindible e urxente, sobre todo nun momento de crise económica.

2) O catalogo de fármacos aprobado en Galicia recollía unha antiga reivindicación da FADSP: que o Sistema Sanitario Público só financiase o medicamento que con igual principio activo sexa o mais barato do mercado, porque sen alterar a calidade da prescrición favorece o control do gasto.

3) É evidente, non obstante, que é o Ministerio de Sanidade o que ten a competencia exclusiva sobre a prestación farmacéutica e que polo tanto é mais que probable que o recurso do goberno sexa formalmente razoable.

4) Tamén que unha medida deste tipo debería de terse xestionado no seo do Consello Interterritorial e terse aplicado para o conxunto do SNS.

5) Resulta tamén sorprendente que sexa un goberno do PP, partido que se caracteriza polos seus alharacas e declaracións sobre a "ruptura" da unidade de España e sobre a necesidade de restrinxir as competencias das CCAA, os que, á primeira ocasión fan exactamente todo o contrario do que predican.

6) Por outro lado convén recordar que en Galicia o goberno do PP esta embarcado en varios proxectos de construción de hospitais polo modelo PFI, (publico-privado), que teñen un sobrecusto de 5-6 veces e que levan a Comunidade Autónoma a unha situación económica dificilmente sostible.


Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (click versión en castellano)


Febreiro de 2011

11/2/11

Mubarak: Game Over!

Parabéns ao pobo exipcio e ao conxunto da humanidade sensible que fói quen de resistir ata derribar ó despota. Agora, non se trata de trocar as caras do Réxime, senon de acadar a Libertade e a Democracia.

Vídeo do momento en que comunícase aos cidadáns concentrados na Praza da Liberación do Cairo á renuncia de Hosni Mubarak. Os locutores de Al Jazeera gardan silenzo e estoupa a alegría.


7/2/11

O 1848 árabe: os déspotas tambaléanse e caen

Non pode permanecer moito máis porque os militares declararon que non dispararán ao seu propio pobo, o que exclúe a opción da praza de Tiananmen. Se os xenerais (que sostiveron ao longo de moito tempo a este réxime) faltasen á súa palabra, poderían dividir o exército e preparar o terreo para a guerra civil. Ninguén quere iso por agora, nin mesmo os israelís aos cales gustaría que os seus amigos estadounidenses mantivesen o seu home clave no Cairo tanto tempo como fose posible. Pero iso tamén é imposible.

Así que chegará Mubarak a este fin de semana ou ao próximo? Washington quere unha "transición ordenada", pero as mans de Suleiman el Fantasma (ou o Señor da Tortura como algunhas das súas vítimas chámano), o vicepresidente que obrigaron a aceptar a Mubarak, están tamén manchadas de sangue. Substituír un torturador por outro xa non é aceptable. As masas exipcias queren un cambio total do réxime, non unha operación ao estilo de Paquistán onde un civil desvergonzado substitúe un ditador uniformado e non cambia nada.

A infección tunecina expandiuse moito máis rapidamente do que ninguén imaxinaba. Despois dun longo letargo inducido por derrotas (militares, políticas, morais) a nación árabe está a espertar. Túnez impactou inmediatamente na veciña Alxeria e o estado de ánimo cruzou entón a través do Jordán e chegou ao Cairo unha semana despois. Estamos a ser testemuñas dunha onda de levantamentos nacional-democráticos, que recordan máis as axitacións de 1848 -contra o Tsar e Emperador e aqueles que colaboraron con el que varreron Europa e foron os presaxios de posteriores turbulencias. Este é o 1848 árabe. O Tsar-Emperador de hoxe é o presidente da Casa Branca. Iso é o que diferencia estas proto-revoluciones-revolucións dos asuntos de 1989: iso e o feito de que, con poucas excepcións, as masas non se mobilizaron elas mesmas no mesmo grao. Os europeos do leste dobregáronse os occidentais, vendo niso un futuro feliz e entoaron "Tomádenos, tomádenos, xa somos vosos".

As masas árabes queren romper co horrible abrazo. Os EUA-Unión Europea deron o seu apoio a ditadores dos que [as masas árabes] queren desembarazarse. Son revolvidas contra o universo da miseria permanente: unha elite enceguecida pola súa propia riqueza, corrupción, desemprego masivo, tortura e subxugación a Occidente. O redescubrimento da solidariedade árabe contra as ditaduras repelentes e aos que as sustentan é un novo punto de inflexión no Oriente Medio. Trátase da renovación da memoria histórica da nación árabe que foi destruída brutalmente pouco despois da guerra de 1967. Neste aspecto, o contraste non pode ser máis vivo. Gamal Abdel Nasser, a pesar das súas moitas debilidades e erros, viu a derrota de 1967 como algo polo que tivo que admitir a súa responsabilidade. Dimitiu. Máis dun millón de exipcios botáronse ao corazón Del cairo para pedir que se quedase no poder. E cambiou de opinión. Morreu no cargo poucos anos despois, co corazón roto e sen diñeiro. Os seus sucesores entregaron o país a Washington e Tel Aviv por un prato de lentellas.

Os sucesos do último mes sinalan o primeiro auténtico renacer do mundo árabe dende a derrota de 1967. Todos os viraventos sempre alertan para non estar nunca no lado equivocado da historia e evitar sempre toda experiencia de derrota, pero foron sorprendidos por estes levantamentos. Esqueceron que as revoltas e as revolucións, formadas por circunstancias reais, suceden cando as masas, as multitudes, a cidadanía -chamémolo como queiramos deciden que a vida é tan insoportable que non será soportada moito máis. Para esta xente, unha infancia pobre e a inxustiza resultan tan naturais como unha patada na cabeza recibida na rúa ou un interrogatorio brutal no cárcere. Experimentaron todo iso, pero cando as mesmas condicións están aínda presentes e agora xa son adultos, entón o medo á morte retrocede. Cando esta etapa se alcanza, unha soa faísca pode acender un lume na pradaría. Neste caso, literalmente, como a traxedia do vendedor ambulante en Túnez que se prendeu lume demostra.

Estamos ao principio do cambio. As masas árabes non foron arrastradas pola forza esta vez e non sucumbirán. Que ofrecerán os que substitúan os déspotas de Túnez e El Cairo ao seu pobo? A democracia por si soa non pode alimentalos ou darlles emprego...


Tarik Alí
Fonte: sinpermiso

5/2/11

Apoiando a Libertade de Prensa. Pola Libertade.

Pola Libertade de Prensa. Pola Libertade.
Por elas e por eles. Por José Couso.
Por todos nós. Por todos.

Asdo.: Radio Rexurdimento.gal


Sete Asociacións de Periodistas presentan un corto en homenaxe ao Día Mundial da Libertade de Prensa

1/2/11

IU Abierta e o Pacto de pensións.

Radio Rexurdimento.gal, publica esta resolución de IU Abierta porque moito nos tememos que terá poucas posibilidades de ser publicitada. Non fai falta dicir que compartimos o contido deste documento, co que nos unimos a outros amigos e compañeiros que tiveron a mesma iniciativa para a súa difusión.

"IU Abierta valora positivamente o traballo negociador dos sindicatos en materia de pensións".

Gaspar Llamazares anuncia, dende unha posición crítica con algunhas medidas que implican recortes de dereitos, que intentará mellorar o acordo na súa tramitación no Congreso.

IU Abierta valora positivamente o traballo desenvolvido polos sindicatos no seu labor negociador co Goberno tras alcanzar un acordo na actual situación de crise. Este labor dos representantes dos traballadores cobra especial valor xa que fixeron fronte e suavizou en boa medida as posicións conservadoras que apostaban pola imposición dende dentro e fóra do Goberno. Nese sentido avalamos as propostas e logros que introduciron tanto CC.OO. como UGT, sendo conscientes de que, aínda tratándose dun recorte non desexado, o resultado da negociación matiza a aposta por un axuste "duro" nunha liña de privatizacións como as que quería introducir o Executivo nas súas primeiras intencións.

Mantemos a nosa posición crítica cara ao Goberno que sempre estivo máis atento ás instrucións e demandas conservadoras do mercado que á defensa dos dereitos cidadáns e as políticas sociais dos traballadores. Algo que contribuíu a desequilibrar a posición de partida na negociación cos sindicatos. Razón pola que sempre fomos críticos cunha saída "conservadora" da crise.

O resultado do acordo alcanzado cos sindicatos permite unha maior e mellor capacidade de manobra no parlamento para que o noso grupo, dende a esquerda, poida melloralo dende o Congreso nun sentido progresista. Neste sentido IU Abierta aposta por manter no Congreso as achegas e emendas que xa anunciou o voceiro parlamentario de IU, Gaspar Llamazares, para defender e mellorar o sistema público de pensións.

Esta primeira valoración debe ter en conta outros aspectos nos que hai que afondar como os referentes á negociación colectiva, o desenvolvemento das políticas activas de emprego e outras materias sociais que se engloban nesta negociación. En todo caso debemos recoñecer de forma positiva que a actitude dos sindicatos permitiu flexibilizar o que eran aspectos innegociables do Goberno na súa proposta inicial. Así o tramo de xubilación se fixa entre os 65 e 67 anos e o cálculo de pensións de realiza en dúas fases que abrangue entre os últimos 20 a 25 anos de cotización, entre outras melloras fronte ao marcado inicialmente polo Executivo.