A familia de José Couso presentóu hoxe ás 12:00 do mediodía unha denuncia ante a Fiscalía da Comunidade de Madrid pola información revelada por Wikileaks sobre as supostas irregularidades habidas no proceso xudicial aberto polo asasinato da cámara José Couso o 8 de abril de 2003 durante a invasión de Iraq por membros do Exército estadounidense. Segundo os cables da diplomacia estadounidense filtrados por Wikileaks sobre este caso, e publicados polo xornal EL PAÍS, altos cargos do goberno español e membros da Fiscalía da Audiencia Nacional e do Estado terían compartido información sobre este caso con diplomáticos estadounidenses en España e membros do goberno estadounidense. Así mesmo, segundo estes cables, tanto algúns ministros coma fiscais españois teríanlles comunicado aos representantes estadounidenses, seguindo as súas instrucións, que intervirían para evitar que prosperase o xuízo contra os tres militares presuntamente culpables do asasinato de José Couso.
Na denuncia, recóllense as quince informacións sobre as supostas inxerencias no "Caso Couso" que foron reveladas na última semana e "non" negada "no substancial a data de hoxe polas persoas nelas mencionadas", como apunta a denuncia. Estas violacións das garantías dun proceso xudicial xusto e transparente foron analizadas pola periodista Olga Rodríguez, unha das tres testemuñas do do asasinato de José Couso e que xa declarou dúas veces ante a Audiencia Nacional.

A nota de prensa enviada pola familia Couso sinala que "a obriga legal da Fiscalía é a persecución dos crimes e a defensa dos dereitos das vítimas. Por iso consideramos necesario e propio dun Estado de dereito que se investigue o contido dos documentos filtrados por Wikileaks. É a Fiscalía o organismo ao que constitucionalmente lle corresponde a investigación destes feitos. A demanda sinalará expresamente as persoas que presuntamente participasen nas reunións e intercambios descritos nos telegramas filtrados".
A denuncia recolle os nomes expresamente da entón vicepresidente María Teresa Fernández de la Vega, o Ministro e o Secretario de Estado do Ministerio de Asuntos Exteriores, respectivamente, Miguel Ángel Moratinos e Bernardino León, o entón Ministro de Xustiza, Juan Fernando López Aguilar, o Secretario de Estado de Xustiza, Julio Pérez Hernández, o Fiscal Xeral do Estado, Cándido Conde Pumpido, e o Fiscal Xefe da Audiencia Nacional, Javier Zaragoza e o Presidente da Sala do Penal da Audiencia Nacional, Javier Gómez Bermúdez.
Así mesmo, a familia tamén esixe no texto á Fiscalía que se investigue se se puido entregar documentación das actuacións a quen non é parte do proceso, como a embaixada estadounidense,"algo que está expresamente vetado pola Lei de Axuizamento Criminal," como apuntan na denuncia.

Fonte: periodismohumano.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario