A defensa duns ideais políticos e a súa condición de sindicalistas acabaron levando ante o pelotón de fusilamento a tres mineiros do Bierzo que fuxiron ao monte xusto ao estalar a Guerra Civil. Pasados case 57 anos, onte foron localizados os seus corpos na parroquia de Vilabella, no municipio lucense de Triacastela, onde foran enterrados nunha foxa común.
Os membros da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), cun equipo de dous arqueólogos e oito voluntarios, non tiveron que buscar moito. Comezaron pouco despois do mediodía e a primeira hora da tarde xa deron cos cadáveres dos tres mineiros leoneses que, fuxindo da represión, abandonaran os depósitos de carbón para refuxiarse á sombra do bosque, onde sobreviviron durante sete anos.
Pedro Voces Canóniga, veciño de Villabuena; Antonio Vega Guerrero, de San Juan de Mata, e Félix Yáñez González, de Campelo, todos eles con idades comprendidas entre os 28 e 30 anos, fuxiron ao monte en 1936. A súa agudeza axudoulles a burlar en varias ocasións o cerco das forzas de seguridade franquistas. Ata que o 12 de novembro de 1943 foron capturados e fusilados sen miramentos pola Garda Civil.
A insistencia das familias das vítimas foi determinante para que a ARMH tivese constancia do caso e se decidise a acometer a exhumación. Os tres proviñan de familias con claras inclinacións esquerdistas e republicanas. O caso máis rechamante é o de Pedro Voces Canóniga: catro dos cinco irmáns botáronse ao monte e fixéronse maquis. Tres deles remataron os seus días fusilados e o outro cumpriu prisión durante 16 anos tras entregarse voluntariamente á Garda Civil.

Tamén Antonio Vega Guerrero pertencía a unha familia de represaliados. Despois de que o seu irmán Luciano fose paseado polos franquistas, tomou a determinación de fuxir ao monte. Voces e Veiga, xunto ao terceiro fusilado, Félix Yáñez González, de orixe biscaíña, formaban parte "probablemente da CNT", segundo o vicepresidente da ARMH, Santiago Macías, xa que as súas familias se movían no ámbito do anarcosindicalismo. Primeiro botáronse ao monte no Bierzo pero acabaron pasando a Galicia suponse que destinados polos mandos da Federación de Guerrillas León-Galicia, fundada en 1942.
Segundo conta Macías, pénsase que os traizoou un compañeiro do maquis, quen indicou á Garda Civil o seu escondedoiro e os condenou así ao pelotón de fusilamento.
Fonte: elpais.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario