13/9/10

A Coruña: Acto público "As razóns da folga xeral"


A asociación socio-cultural NAMENTRAS, identificada cos argumentos que xustifican a convocatoria unitaria de folga xeral do vindeiro día 29-S realizada polas centráis sindicáis, e dando continuidade ao seu compromiso nese obxectivo de ser un resolto punto de encontro e de anállise ao servizo da sociedade, quere aproximar a información e o debate ao conxunto da cidadanía coruñesa.

Con ese motivo, organizamos este Acto Público, informativo e de debate, que desenvolveráse como sigue:

ACTO PÚBLICO CON COLOQUIO. "AS RAZÓNS DA FOLGA XERAL"

Mércores, día 15 de setembro, as 20:00 horas, no salón de actos do Circo de Artesáns, (rúa S. Andrés, 39 da Coruña).
Relatores:
- José Antonio Gómez Gómez, secretario xeral da UXT-Galicia.

- Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral do S.N. de CC.OO. de Galicia


Agardando contar coa súa habitual colaboura da difusión da convocatoria deste acto público, aproveitamos a ocasión para expresarlles a nosa consideración máis distinta e cordial saúdo.

Atentamente,

NAMENTRAS








1 comentario: