http://www.wikio.es

25/9/10

Declaración de apoio á folga xeral do 29-S

Radio.Rexurdimento.gal, adhírese ao contido do Manifesto Público do colectivo NAMENTRAS, de apoio á folga xeral convocada para o vindeiro 29 de setembro, polos sindicatos de clase. Iste blogue, que hónrase en formar parte da asociación socio-cultural NAMENTRAS, anima a tódolos seus amigos a espallar este Manifesto. Grazas.

MANIFESTO DE NAMENTRAS EN APOIO DA FOLGA XERAL DO 29-S.

1. A reforma laboral aprobada polo Goberno supón a maior agresión aos dereitos laborais dos traballadores dende o inicio da democracia.

2. A crise económica non ten as súas causas nin as súas respostas no mercado de traballo. Como a experiencia demostra e a mellor literatura económica pon de manifesto, ningunha reforma laboral serviu para crear emprego, senón que a recuperación económica e o crecemento provén doutros factores. Por iso a reforma do mercado de traballo impulsada polo Goberno non ten relación ningunha co recorte do déficit nin coa contención do gasto público. Tampouco busca a recuperación económica. Persegue estes obxectivos: abaratar, facilitar e subvencionar o despedimento, obstaculizando e debilitando o control xudicial deste; modificar de xeito claro as causas para o despedimento obxectivos por motivos económicos, tecnolóxicos, organizativos ou de produción; non impide en absoluto a fraude na contratación temporal, rompe o sistema de negociación colectiva sectorial, dá un forte impulso á precarización a través das ETTs. e liberaliza as axencias privadas de contratación. A reforma laboral aprobada polo Goberno sitúa a España nos niveis máis baixos de protección dos traballadores europeos, aumenta o autoritarismo na empresa e erosiona de tal forma os dereitos e garantías laborais que deteriora profundamente o sistema democrático de relacións laborais.

3. A reforma laboral é unha peza máis do xiro político que o goberno deu en materia económica e social que de iniciou co recorte de 50.000 millóns de euros, continuou co plan de axuste (conxelación de pensións e rebaixa salarial dos empregados públicos), fortes recortes no investimento público e pretende continuar coa anunciada reforma do sistema público de pensións ou a privatización das Caixas de Aforros.
4. Cando un Goberno como o que preside Zapateiro en metade da lexislatura cambia radical e abruptamente o seu proxecto político e abandona o programa que lle levou ao poder, rompendo desta forma o contrato cos cidadáns, só existen dúas saídas políticas diferentes. A primeira, que o Goberno convoque eleccións xerais para someter á cidadanía o seu novo programa político.A segunda consiste na mobilización social para que o Executivo rectifique a súa política. Como unhas eleccións só as pode convocar o presidente do Goberno, e este non parece disposto a tomar semellante decisión, aos sindicatos só lles queda o recurso da mobilización democrática da cidadanía. E esta resposta, se quere estar á altura do desafío do Goberno, non pode ser outra que unha acción de carácter nacional, é dicir, unha folga xeral.

5. Por suposto, os sindicatos non só teñen o dereito constitucional de promover unha acción desta envergadura, senón que, ademais, nas actuais circunstancias os asiste toda a razón. Por todo iso, a "Asociación sociocultural NAMENTRAS" como tantos outras asociacións sociais e culturais, quere mostrar publicamente o seu apoio aos sindicatos e á convocatoria de folga xeral realizada por estes para o día 29 de setembro.

En Galicia, 23 de setembro de 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario