http://www.wikio.es

11/1/11

A necesidade dunha Lei de Liberdade de Conciencia

Como en anos anteriores a xunta directiva de Europa Laica invita aos socios e socias, aos simpatizantes, a todas as persoas, organizacións cívicas e entidades comprometidas coa "construción dun estado laico", a que nos acompañen a establecer un espazo de liberdade, discusión, convivencia e reflexión, no que se analice a necesidade (ou non) dunha "Lei de Liberdade de Conciencia" que clarifique de forma xurídica as relacións do Estado coas diversas conviccións, os dereitos das cidadás e cidadáns relacionados coa liberdade de conciencia, os dereitos e deberes das organizacións relixiosas ou doutra natureza filosófica, tendo en conta a actual realidade social española, así como os enormes privilexios simbólicos, xurídicos, económico, tributarios, mediáticos e en materia de ensino e servizos sociais dos que goza unha determinada organización relixiosa (a católica).

Organización que, ademais, pon en cuestión, de forma permanente, dereitos civís aprobados democraticamente e principios básicos de convivencia, co silencio, cando non o apoio dos poderes públicos do Estado. Por iso seleccionamos unha serie de conferencias e paneis de debate sobre: A liberdade de conciencia dos menores, o financiamento e o poder das entidades relixiosas, o papel e influencia dos medos de comunicación e a necesidade de avanzar en dereitos civís básicos de cidadanía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario