O proxecto "Nomes e Voces" ten como principais liñas argumentais o estudo da violencia, o debate sobre o xenocidio e o interese polo pasado e a reflexión sobre o esquecemento. Intégrase para isto, o acontecido en Galicia durante o Golpe de Estado de xullo de 1936 e a inmediata guerra, nun contexto internacional. Especialmente nos casos nos que se comparte un mesmo marco cronolóxico e histórico, pero cunha perspectiva na que se abarquen outros procesos máis distantes no tempo e na historia.
Baixo o nome de "Educación", o Proxecto "Nomes e Voces" ofrece na súa páxina Web, recursos de investigación á comunidade educativa, de xeito que poda converterse nun útil de traballo na aula e unha nova vía de coñecemento.
O propio sitio Web e, especialmente, a base de nomes con todas as súas posibilidades é en si mesmo un instrumento cunha importante vocación didáctica, mediante a cal se poden levar a cabo diversas propostas de traballo: o coñecemento da represión no concello onde se encontra o centro de ensino; o coñecemento máis pormenorizado dunha vítima en particular; recoñecer os apelidos das vítimas e poñelos en relación coa comunidade do presente; a represión en función do xénero, idade ou grupos socio-profesionais...recursos aos docentes e alumnos para levar a cabo diversas propostas de traballo ao redor da represión franquista en Galicia.
Click para ligazón co website de Nomes e Voces

No hay comentarios:
Publicar un comentario