http://www.wikio.es

27/7/09

Base de Datos das vítimas da guerra civil e a represión

O Proxecto de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces" presentará publicamente a Base de Datos das vítimas da guerra civil e a represión franquista en Galicia, nun acto que se celebrará o día 29 de xullo de 2009 ás 12.00 h, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC na praza de Mazarelos en Santiago de Compostela.

Deste xeito, dáse a coñecer parte do traballo desenvolto polo equipo de investigación nos últimos anos referente ao estudo das vítimas da represión franquista entre 1936 e 1939. A base de datos que presentamos dista de ser definitiva, nin polo número, nin polo tempo que duróu a represión da ditadura, nin polas formas que esta adquiriu pero todos os datos que presentamos están criticados, cruzados entre diferentes fontes e sometidos polo tanto a unha contrastación e validación que non sempre é doada.

Expedientes dos procesos xudiciais (2.608-máis de 400.000 páxinas), rexistros civís dos concellos (310), fonte oral (100 entrevistas das 450 que posúen os fondos do proxecto, e o resto seguirán a incorporarse) e traballos publicados por diferentes autores nas últimas décadas (52).

Este traballo signifícase como unha das iniciativas de recuperación da memoria da represión e do franquismo máis completas no conxunto do Estado. Nos próximos anos, a equipa do Proxecto, dirixido polo catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto e coordinado por Emilio Grandio (A Coruña), Mª Jesús Souto (Lugo), Julio Prada (Ourense), Dionisio Pereira (Pontevedra) e Xosé Manoel Núñez (Galicia Exterior) ampliará, nunha segunda fase de desenvolvemento da investigación a cronoloxía das súas pescudas abordando os primeiros anos da instauración da réxime franquista a partires de 1940.

O acto contará coa presenza do I.P. Lourenzo Fernández Prieto e o equipo A Navalla Suiza, responsable da nova ferramenta de consulta.

A prezada e benquerida amiga da "agenciabarreiroforever", cubrirá o acto e manterános informados. Deixen alí os seus comentarios: http://agenciabarreiroforever.blogspot.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario