http://www.wikio.es

15/9/09

Culturgal 09: a cultura que queremos!


Un pouco de Historia retronarrada:


-Na tardiña do 14 de setembro de 09 comezamos a organizarnos na plataforma Queremos Culturgal09, abrigada por Blogaliza.


-O 14 desetembro a AGE (Asociacion Galega de Editores) reúnese coa Concelleira de Cultura do Concello da Coruña. Falamos con María Xosé Bravo e con Afonso Sanmartín, quen nos informan dos seguintes puntos:


A Concellaría de Cultura ten reservado espazo en Palexco desde o ano pasado para celebrar o Culturgal o próximo decembro, mais non pode asumir a organización dun evento das características do e 2008 na súa totalidade.


A AGE valora positivamente a iniciativa da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, aínda que considera que levar de novo o Culturgal para Pontevedra abarataría os custos.


A AGE toma o orzamento de Culturgal 07 como referencia mínima para acometer unha feira das industrias culturais galegas.


A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a AGE mostran a súa satisfacción polo apoio da sociedade civil ao Culturgal 09, mostra do respaldo público preciso para a súa produción.


-O 11 de setembro créase o grupo de Facebook Queremos Culturgal09 que, en só tres días de vida acolle case 700 persoas dispostas a ofrecer parte dos seus folgos e do seu tempo para colaborar en facer posíbel que Culturgal 09 se celebre, aínda sen o apoio da Xunta.


-O 9 de setembro a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña expresa o seu malestar pola decisión da Xunta de non convocar este ano o Culturgal.

-A comezos de setembro de 2009 a Consellaría de Cultura comunica á AGE que non dispoñen de diñeiro para organizar o Culturgal 09.


-O 17 de decembro de 2008 a Conselleira de Cultura anuncia que o Culturgal fixa a súa sede permanente na cidade da Coruña.

-En 2008 a Consellaría de Cultura asume a organización do Culturgal e a edición dese ano ten lugar na Coruña.


-En 2007 a AGE organiza o primeiro Culturgal en Pontevedra.


---x-x---


Ista bitácora, "Radio Rexurdimento.gal", comparte os obxectivos, adírese a esta iniciativa e colaboura no seu espallamento.



Queres colaborar?


"Queremos Culturgal09" é unha plataforma cidadá de apoio concreto á organización e ao desenvolvemento da Feira das Industrias Culturais Galegas, Culturgal 2009. Se queres colaborar podes inscribirte cubrindo este formulario e difundindo a existencia e as actividades desta plataforma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario