http://www.wikio.es

25/9/09

A Plataforma Prolíngua convoca a súa asemblea constituínte

A plataforma de persoas Prolingua, a prol da defensa e promoción da lingua galega, celebrará a súa asemblea constituínte o 3 de outubro en Santiago de Compostela. Nesta plataforma poden participar persoas a título individual, mais non está permitida a participación de colectivos.

ProLingua é unha plataforma creada por persoas que ten como obxectivos a promoción do galego e a consecución da súa oficialidade real, que pasa por unha presenza normal en ámbitos dos que se mantén practicamente excluída, como a empresa, a xustiza e outros servizos públicos e privados, especialmente os medios de comunicación. Para isto, declara como obxectivos irrenunciábeis a totalidade dos contidos da actual Lei de normalización lingüística de 1983 e o Plan xeral de normalización da lingua galega de 2004.

Prolingua estabelece como único requisito para as persoas que desexen pertencer a ela a intención de se comprometeren na defensa da lingua galega e na promoción do seu uso en todos os ámbitos, tanto públicos coma privados.

Nesta plataforma só poden participar persoas a título individual, pois non está permitida a participación nin a colaboración de colectivos. Ademais, segundo declaran no seu sitio web, Prolingua "nunca se sumará a ningunha acción allea" e, ademais, "cando nunha acción figure o logo de ProLingua nunca poderá figurar ningún outro".

A asemblea desta Plataforma terá lugar o día 3 de outubro ás 11.30 h na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.

Este blog, adhírese a esta convocatoria e compromete a súa presencia nela.



No hay comentarios:

Publicar un comentario