Juan Carlos Medal, un dos fundadores da Casa das Ciencias e o responsable técnico do Planetario, faleceu o domingo aos 63 anos tras unha longa enfermidade.
Medal, que era coñecido polos seus amigos e compañeiros como Jaíto, foi profesor no colexio dos Xesuítas, onde tamén coincidiu con Ramón Núñez Centella, co que promovería a construción da Casa das Ciencias fai 25 anos, xunto con Elena Rilo e Jesús Prado. Juan Carlos Medal tamén formaba parte da asociación de amigos deste museo científico, así como da agrupación astronómica Ío.

Así mesmo, formou parte da Plataforma Cidadá pola Democracia en Sada, onde tiven a honra de compartir con él momentos de esixencia de dignidade e de civismo activo pola democracia.
Moncho Núñez, que dirixiu os Museos Científicos Coruñeses, recordou que unha frase da exposición dedicada a Galileo polo Muncyt, que agora dirixe, -«Falarán de ti sempre as estrelas», verso que un autor barroco dedicoulle a Galileo- pódese aplicar perfectamente a Jaíto.
«É a persoa que máis horas pasou no planetario. Ensinou durante 25 anos a escolares galegos a ver as estrelas. E estou seguro de que as estrelas están agradecidas a Jaíto porque as fixo máis famosas», dixo Núñez, que explicou que «máis dun millón de nenos de Galicia escoitaron os seus comentarios. Co entusiasmo co que llo dicía deixábaos encandeados. O planetario tivo unha historia de 25 anos moi importante, serviu para que nacesen sociedades astronómicas como Ío e para intensificar a afección pola astronomía en Galicia, e débese moito ao seu traballo».
Estou moi seguro de que cando miremos o ceo acordarémonos/acordarémosnos de Jaíto.
In Memoriam.
No hay comentarios:
Publicar un comentario