O pasado 18 de xullo presentouse, na Illa de San Simón, a plataforma Iniciativa Galega pola Memoria, nun acto no que se fixo público o documento fundacional do colectivo, formado por asociacións memorialistas e colectivos sociais e culturais galegos. Este documento está articulado en dúas partes: declaración de principios (condena do franquismo, anulación de xuízos, colaboración das Administracións nas exhumacións, supresión da simboloxía fascista, etc.) e unha relación de requirimentos dirixida á Xunta de Galicia, onde figuran, entre outras peticións, a continuidade do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces".
Podedes seguir esta nova nas seccións de prensa na Web dos nosos benqueridos amigos e compañeiros de Nomes e Voces: www.nomesevoces.net.
Tamén na Web da Iniciativa Galega pola Memoria: www.igmemoria.org onde consultar a declaración de principios.
Agardamos que esta información sexa de interese. Grazas como sempre pola vosa colaboración e un saúdo cordial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario