http://www.wikio.es

21/10/09

Reyes Mate, Premio Nacional de Ensaio, reivindica o papel da memoria histórica

Manuel Reyes Mate (Pedrajas de San Esteban, Valladolid, 1942) obtuvo ayer el Premio Nacional de Literatura 2009 en la modalidad de Ensayo por su obra La herencia del olvido, un ensayo sobre el papel político que la memoria juega en nuestro tiempo. «Las sociedades como las nuestras con un pasado dictarial o con una guerra civil no pueden construir su futuro pasando página», aseguró este autor, para quien la memoria es un tema «moral y políticamente, fundamental».

«La memoria ya es imparable. La Ley de la memoria histórica ha sido un primer paso y habrá que dar otros, es inevitable», señaló este autor, doctor en Filosofía por la Universidad Autónoma de Madrid y por la Wilhelms-Universität de Münste y director del Instituto de Filosofía del C.S.I.C.

Su libro La herencia del olvido, seleccionado por el Jurado del Premio Nacional de Ensayo, se centra no en la memoria «no como nostalgia al pasado», sino como «aquella parte oculta del presente sobre la que se reconstruye la historia» y en la que el papel fundamental lo tienen las víctimas, marginados y fracasados.

En esta misma línea, señaló que «tarde o temprano la memoria acabará cobrándose toda su significación» y apostó por continuar con iniciativas gubernamentales como la Ley de la Memoria Histórica y abogó por «hacer justicia a los más de 100.000 desaparecidos de la posguerra».

Mate presidió el Patronato del Instituto de Filosofía del C.S.I.C de 1987 a 1990, y desde entonces es su director, además de trabajar como profesor visitante habitual en universidades europeas y americanas. Su obra se ha construido en torno a dos grandes ejes teóricos: por un lado, la problemática de la filosofía después del Holocausto, campo en el que ha sido pionero en el mundo hispanohablante. Y, por otro lado, la pregunta sobre qué significa pensar en español.

20/10/09

Ciberacción para denunciar a manipulación da RTVG


A Rede de blogueiras/os en defensa do Galego, (da cál forma parte Radio Rexurdimento.gal), "Blogues pola Lingua" (BpL), convoca unha ciberacción conxunta para denunciar a nula cobertura e a evidente terxiversación e manipulación levada a cabo por parte da Radio Televisión de Galicia en relación á manifestación celebrada en Compostela en defensa do noso idioma.

A acción consistirá en que os blogues adheridos a BpL, escriban nas súas respectivas bitácoras unha entrada facéndose eco da realidade da manifestación, incluíndo material gráfico e audiovisual que desexen e o seguinte texto común:

O domingo 18 de outubro entre 50.000 (cifra dada pola Policía Local de Compostela) e 100.000 (cifra dada pola organización) galegas e galegos, de diferentes adscricións ideolóxicas, estratos sociolóxicos, e usos da lingua, nos manifestamos na defensa do noso idioma fronte o reiterado ataque que está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galiza presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP), convocadas e convocados pola Plataforma Cidadá Queremos Galego integrada por unha diversidade plural de centos de colectivos e persoas.

Os medios de comunicación públicos do noso país (a Radio Galega e maila Televisión de Galicia) non ofreceron unha información veraz que se axustase á realidade do verdadeiro impacto que tivo a mobilización, que contou cun resultado histórico en participación. Nese senso é preciso denunciar a obscena manipulación que por parte dos Servizos Informativos da TVG se quería levar a cabo, pretendendo iniciar unha conexión en directo coa manifestación, no momento xusto en que a primeira lectura do manifesto rematara, e as xentes que ateigaban a Praza da Quintana ían abandonándoa paulatinamente para permitir a entrada dos milleiros de persoas que inda non puideran entrar, e que agardaban nas Praza das Praterías e os seus arredores, e que finalmente encheron por segunda vez a Quintana. É evidente que a distorsión informativa tiña a intencionalidade de ofrecer unha imaxe minorizada dunha mobilización masiva, nun intento claro de manipulación que os milleiros de persoas presentes contestaron berrando, durante preto de dez minutos e con notábel indignación, a consigna "Televisión, manipulación", o que provocou que o equipo da TVG abandonase a praza.

Fronte a esa situación é preciso denunciar e difundir publicamente o acontecido, ao tempo que esixir que os medios de comunicación que pagamos todas e todos os galegos, deixen de ser un instrumento para a deformación interesada, cando non para a propaganda, en beneficio do Partido Popular no goberno do país.


Galerías fotográficas da manifestación (nas que se pode comprobar a asistencia):



http://www.xornal.com/album/2009/10/18/foto/2009101816281337296.html
http://www.anosaterra.org/nova/35944/fotogaleria-i-da-manifestacion-de-queremos-galego.htmlhttp://www.anosaterra.org/nova/35948/fotogaleria-2-da-manifestacion-do-18-de-outubro.htmlhttp://www.anosaterra.org/nova/35949/fotogaleria-3-da-manifestacion-do-18-de-outubro.htmlhttp://www.anosaterra.org/nova/35950/fotogaleria-4-da-manifestacion-do-18-de-outubro.htmlhttp://www.anosaterra.org/nova/35951/fotogaleria-5-da-manifestacion-do-18-de-outubro.htmlhttp://www.anosaterra.org/nova/35952/fotogaleria-6-da-manifestacion-do-18-de-outubro.htmlhttp://www.anosaterra.org/nova/35953/fotogaleria-7-da-manifestacion-do-18-de-outubro.htmlhttp://www.anosaterra.org/nova/35954/fotogaleria-8-da-manifestacion-do-18-de-outubro.htmlhttp://www.anosaterra.org/nova/35955/fotogaleria-9-da-manifestacion-do-18-de-outubro.htmlhttp://www.anosaterra.org/nova/35956/fotogaleria-10-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html



18/10/09

100.000 persoas nunha manifestación histórica

Cifras á marxe, o que converte en histórico este 18 de outubro é a pluralidade da manifestación. Máis de 500 entidades e 3.000 persoas artellan o seu esforzo ao redor de Queremos Galego. O resultado é que por vez primeira PSOE, BNG, Esquerda Unida-IU, Terra Galega e outras formacións marcharon da man contra os recortes á normalización do idioma executados pola Xunta do PP.


"A forza do noso amor non pode ser inútil. Viva Galicia e viva a lingua galega!". Con este desexo, parafraseando o homenaxeado no Día das Letras de 2010, Uxío Novoneyra, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística pechaba o seu discurso ao termo da manifestación a prol do galego deste domingo en Compostela. Unha marcha histórica, tanto polo número de participantes -maior que na anterior, do 17 de maio, e que os organizadores estiman en 100 mil persoas- como pola súa pluralidade ideolóxica, con representantes de todos os partidos políticos agás e sindicatos.


Todos con dúas reivindicacións comúns: exixir "o dereito a vivir en galego" e protestar pola política lingüística do Goberno que preside Alberto Núñez Feijoo. A manifestación partiu pasadas as 12.15 horas desde a Alameda e contra as 13.30 aínda había xente que non comezará a andar. A actriz Isabel Risco, que se encargou de manter o ánimo festeiro na Quintana, ironizou coa posibilidade de "ir tirando tabiques" para coller todos. "Se se pode tirar a lingua, porque non imos tirar tamén os muros da Quintana. Sóbranos patrimonio", dixo con sorna.


De feito, cando se soubo que a marcha non saíra por completo da Alameda, os asistentes que xa ateigaban a praza comezaron a berrar "Obradoiro, Obradoiro", aludindo á posibilidade de trasladar o acto final a esta outra, máis grande e con maior capacidade. "Cuestións técnicas" e "simbólicas", segundo explicou Fran Rei, impediron que así fose. O vicepresidente da Mesa quixo "pedir desculpas" por ver sobrepasadas todas as previsións. "Unha vez máis os galegos e as galegas demostran que cando nos tocan algo tan básico como a lingua, a nosa esencia, respondemos", dixo, e advertiu que "mentres esteamos aquí dando esta lección de civismo non haberá ningún goberno, veña quen veña, que sexa quen de nos dobregar".


Os maiores aplausos recibiunos Avelino Pousa Antelo -e tamén Mini e Mero, que interpretaron 'O carro'. Moi emocionado, o histórico intelectual fixo un discurso en que citou Castelao -"se os galegos aínda somos galegos é por obra e gracia da nosa lingua"- e Celso Emilio Ferreiro -"falo galego porque me peta". Ademais, arengou a ir "tocarlles a San Caetano , para que non durman tranquilos" e "cantarlles as corenta a eses galegos arrecastados que pensan que poden dispor para si de algo tan sagrado como a liberdade".


A actriz Patricia Vázquez foi a seguinte en falar. Enumerou as diversas medidas do Goberno da Xunta que "atentan contra o galego" -derrogación do decreto no ensino, retirada de subvencións as traducións ao galego ou a eliminación da proba de idioma nas oposicións-, todas elas recibidas con asubíos pola audiencia.


O discurso de Callón, a continuación, comezou con críticas para a TVG. "Esta si é unha verdadeira manifestación provida", sinalou en referencia á marcha contra o aborto deste sábado en Madrid, con ampla cobertura na televisión pública galega.


O presidente da Mesa -unha das organizacións convocantes de Queremos galego- realizou un discurso optimista e aberto a toda a sociedade. Fixo unha mención especial aos que "non usan o galego no día a día" felicitándoos pola súa presenza e recordándolles que "a mellor forma de defender o galego é falándoo".


"A política galegófoba e de racismo lingüístico conseguiu unha caída no número de falantes, mais trabúcanse Feijoo e os seus conselleiros se pensan que representan eses que non o falan pola presión social, pola ausencia de espazos", advertiu, e criticou a actitude "chulesca, arrogante e prepotente" dos dirixentes da Xunta que mesmo "presumen de non saber falar galego".


"Señores conselleiros, señor conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, que se manifestou en contra do galego, terían vostedes algún tipo de cargo se a lingua galega non existise?", preguntouse Callón, que tamén recordou, en referencia á "pseudoconsulta" lingüística aos país e ás subvencións da Deputación de Pontevedra ás Xornadas Bilingües, que "para atacar o galego non hai austeridade".

Asubíos para a TVG e concentración no Toural


Xurxo Souto pechou as intervencións cun tirón de orellas aos que non falan galego por "preguiza". A seguir, interpretouse o Himno, e unha vez rematou chegou a polémica. Cando a xente comezaba a abandonar a Quintana para que puidesen acceder os que aínda quedaban por entrar -uns 200 foron para o Obradoiro- e que case a volveron encher, a TVG fixo a conexión en directo. A reprimenda do público e dos que estaban no palco -especialmente de Pousa Antelo- foi intensa.


Por outra banda, a plataforma Galego Sempre Máis e as organizacións partidarias do reintegracionismo leron dous manifestos na Praza do Toural -o manifesto 'Contra o bilingüismo. Pola hegemonia social do galego' e o dos 'Três Pontos'-, onde remataron a marcha e que tamén estivo ateigada de xente. En xeral, tanto aquí como na Quintana e durante todo o percorrido salientou o ambiente festeiro, acompañado de música de gaitas e bombos, e con relativa abundancia de cativos e xente nova.


Falando de futuro, cómpre salientar que a plataforma Queremos galego comezará en días vindeiros unha recollida de sinaturas por vilas e cidades de todo o país para poder presentar unha iniciativa lexislativa popular e "termos voz propia no Parlamento".

17/10/09

Domingo, 18 de outubro, en Santiago: "Plataforma Queremos Galego".


Por primeira vez en toda a historia da autonomía, o Goberno galego non só non está a defender a nosa lingua propia, senón que encabeza o ataque contra o seu uso nos diferentes ámbitos.

O goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo é o primeiro destes 30 anos de democracia que non respecta a obriga estatutaria de promover e potenciar o uso da lingua propia do país e garantir os seus usos oficiáis.

Todas e cada unha das medidas gubernamentais executadas ou anunciadas nestes meses no ámbito da lingua teñen sido dirixidas a anular medidas positivas para o noso idioma e os dereitos lingüísticos que nos asisten ou frear proxectos destinados a tales fins. Algúns exemplos son o anuncio de derogación do decreto do 50% de ensino en galego, (coa mal chamada "consulta" as familias e todo o seu ronsel de irregularidades); a supresión das axudas á tradución de libros para o noso idioma; ou a contrarreforma da Lei da Función Pública, só para que o galego non sexa igual de necesario que o castelán para acceder a un posto de traballo na administración galega.

Por sorte, existe en Galicia un amplo corpo social que quere o galego e está disposto a responder na súa defensa. A esta base social que entende a nosa lingua como algo de seu, heteroxénea na súa composición e mesmo na súa práctica lingüística habitual, é que nos diriximos desde a Platafora cidadá QUEREMOS GALEGO: unha iniciativa conformada por entidades sociáis de diversa tipoloxía e persoas a título individual que nace coa vontade de ser o espazo común no que converxan as diferentes sensibilidades e colectivos cidadáns que defenden o galego.


Acude á manifestación que sairá da Alameda de Santiago de Compostela o domingo 18 de outubro as 12 da mañá.



Lembrar para non esquecer

"Lembrar para non esquecer" non é un título redundante para unha sociedade coa memoria dun peixe, sometida a miles de estímulos interesados en convertela nun dócil contribuínte, que baixo os tópicos: non hai que remover o pasado, a reconciliación está por enriba de todo, todos mataron, era unha guerra, os dous bandos, aquilo queda moi lonxe, o que importa é o futuro e outros moitos, non deixan construír unha democracia sólida que sexa capaz de resolver todo aquilo que durante 70 anos non se quixo tocar.

E 70 anos é demasiado ignorar


15/10/09

A esforzada labor das Cortes españolas en pro da impunidade


El pasado 7 de octubre de 2009 se ultimó prácticamente el acoso y derribo al principio de justicia universal en nuestro país, introducido en la Ley Orgánica del Poder Judicial en 1985 por vía del artículo 23.4, que permitía perseguir delitos de genocidio y cualquier otro que “según los tratados o convenios internacionales, deba ser perseguido en España”. Este funesto día para la persecución de los crímenes contra la Humanidad el Senado aprobó la reforma de este artículo, gracias al cual cualquier juez español podía abrir una causa contra atrocidades cometidas en cualquier parte del mundo. El portavoz de Justicia del PP en el Senado, Luis Conde, estaba exultante al haber conseguido terminar con algunos “juececitos”, según su propia denominación. Se refería a los jueces que han abierto causas contra verdugos que han aterrorizado a sus pueblos con asesinatos, torturas y otras intimidaciones que constituyen delitos de lesa humanidad. Al señor Conde le costaba contener la alegría por devolver la impunidad a estos sujetos.

El principio de justicia universal se abrió camino en fecha tan temprana como 1961, cuando el Estado de Israel juzgó a Adolf Eichmann, dirigente nazi que había escapado de los juicios de Nuremberg y que había sido secuestrado ilegalmente en Argentina por agentes israelíes precisamente para sentarlo en el banquillo. Es paradójico que ahora Israel haya presionado a España para desactivar este principio ante la causa abierta por unos crímenes en Gaza en 2002. En esta acción Israel provocó 14 muertos. Para qué hablar de las presiones que están ejerciendo Israel y Estados Unidos contra el informe encargado por la ONU sobre los crímenes cometidos en diciembre de 2008, con más de 1400 muertos, informe dirigido por un juez sudafricano.

La puntilla al principio de justicia universal perpetrada el pasado día 7 no hace más que continuar la política seguida por el Estado español ya desde la Ley Orgánica de Cooperación con la Corte Penal Internacional, en la que (artículo 7.2) se cercena el principio al establecer que si se presenta una denuncia o querella en nuestro país, referida a autores de delitos de esta naturaleza que no son españoles, el órgano ante el que se ha presentado la denuncia se limitará a informar al denunciante o querellante de la posibilidad de acudir a la Corte Penal Internacional, cuando este organismo tiene un carácter complementario de las jurisdicciones nacionales (o sea, la obligación de investigar crímenes contra la Humanidad es en principio del Estado, no de la Corte).

Pero la labor en pro de la impunidad no termina aquí, sino que el PSOE (el PP aquí no cuenta, no le cabe a uno esperar que la derecha pura y dura haga algo en pro de la justicia, ni social ni penal) se prestó, so pretexto de “ampliarlos”, a recortar los derechos de las víctimas del franquismo, reconocidos por el derecho internacional de derechos humanos, de obligado cumplimiento por el Estado español. Así, los perpetradores nacionales de crímenes de guerra y de lesa humanidad, ya gozan de su ley “de punto final” con la Ley 52/2007, conocida como Ley de la Memoria Histórica, que desactiva todos los posibles mecanismos que las víctimas del franquismo pudieran utilizar para resarcirse de los crímenes cometidos por este ominoso régimen. Mecanismos previstos en la legislación internacional en materia de derechos humanos (“Convención Internacional para la protección de todas las personas contra las desapariciones forzadas”, “Principios relativos a una eficaz prevención e investigación de las ejecuciones extralejales, arbitrarias o sumarias”, “Principios básicos sobre el derecho de las víctimas de violaciones manifiestas de las normas internacionales de derechos humanos y de violaciones graves del derecho internacional humanitario a interponer recursos y obtener reparaciones”, etc.) y que el Estado español tiene la obligación de cumplir.

En concreto, esta ley imposibilita ejercer los tres derechos que tienen las víctimas de crímenes contra la humanidad: derecho a la verdad (el Estado se niega a investigar, y ni siquiera permite a las víctimas conocer los nombres de los perpetradores de crímenes), derecho a la justicia y derecho a la reparación. La ley no “amplía” derechos a las víctimas, como proclama, sino que los limita estableciendo cortapisas contrarios a las normas de derecho internacional, según diversos informes de Amnistía Internacional y de otras organizaciones de derechos humanos. El esperpento llega al extremo de que puede ser que el único que pague por los crímenes franquistas sea el juez que ha iniciado actuaciones para aclararlos.

Como vemos, entre 2003 y 2009, prácticamente un lustro, nuestros parlamentarios han trabajado denodadamente por corregir el espíritu de persecución de los crímenes más graves cometidos contra la Humanidad, introducido en el artículo 23.4 de la Ley Orgánica del Poder Judicial. No tiene, desde luego, nada de sorprendente que el Estado español se niegue a investigar los crímenes en suelo ajeno cuando no está dispuesto a investigar los perpetrados en el propio. Quizás el principio de justicia universal haya que invocarlo desde otro país para denunciar a nuestros gobiernos (sean de un partido o de otro) por negarse a investigar y a reparar los crímenes cometidos en nuestro territorio durante una de las más feroces dictaduras que han existido en la historia; crímenes que, según los tratados de los que es parte nuestro país, está obligado a investigar. Así, a lo mejor se nos quita la manía de ir por el mundo dando lecciones de cómo hay que llevar a cabo la transición de una dictadura a una democracia.

Pedro López López es Profesor de la Universidad Complutense. http://www.rebelion.org/noticia.php?id=93158

14/10/09

Iniciativa pola concesión do Premio Sájarov do Parlamento Europeo ao xuíz Baltasar Garzón e aos familiares dos desaparecidos do franquismo.

Nesta entrada quedaron activados os comentarios a disposición daquelas persoas que queiran subscribir a iniciativa, abondando con deixar nome e apelidos, lugar de residencia e un correo electrónico de contacto. Todo apoio en difusión deste manifesto a outros webs ou países - con especial atención á Unión Europea dada a próxima Presidencia española, será igualmente benvido.


Iniciativa pola concesión do Premio Sájarov do Parlamento Europeo ao xuíz Baltasar Garzón e aos familiares dos desaparecidos do franquismo.
"Os abaixo asinantes…,

Fái clck eiquí:


Algúns, moitos, españois, e as linguas cooficiais...


¡Y seguimos hablando de hipócritas! A veces una piensa, que lo peor que puede pasar es que algo se convierta en bandera “electoral”. Eso ha pasado con las lenguas. Empezó un ambicioso, que no conseguía la suficiente relevancia en el PP y se montó su partido. Ayudaron entusiásticamente La Cope (con Losantos and company), El Mundo y Telemadrid.

El PP Catalán se dio cuenta de que ese segmento se les había escapado (con razón, dado que Aznar fue el que cerró el úlitmo colegio que daba las clases íntegramente en castellano) y decidió dar la batalla por ahí.

Al salir UPyD, hicieron bandera de ello también. Ahora ya hasta el PSOE, está hablando de “revisar” la ley catalana y el Ministro de Educación, habla del derecho a estudiar en la lengua materna, refiriéndose a Cataluña, da palmas al gobierno de Patxi López, ¿será porque ahora rebaja la equiparación del Euskera con el Castellano y lo deja en lo que ellos se supone que creen que debería ser?.

A muchos les gusta presumir de que en España hay cuatro lenguas, pero a tres de ellas, lo que realmente les gustaría es tenerlas de florero.

Y ahora, España pide a la UE que nuestras lenguas cooficiales, también lo sean reconocidas en el Parlamento Europeo. Puede que alguien no entienda proqué me cabrea esta noticia, cuando es una buena noticia. Lo que pasa es que, en el Parlamento Español, no se puede hablar en otra lengua que no sea la castellana.

Y esta petición me suena a más una posición de imagen, de fíjate qué buenos que somos, que protegemos todas las lenguas “españolas” por igual, a que de verdad se tenga conciencia de que el castellano no es ni más ni menos que el resto.

Así que yo les pido, al igual que hacen ellos con el Parlamento Europeo, que en el Parlamento en Madrid, se puedan hablar las cuatro lenguas oficiales en España.


13/10/09

IV Simposio Internacional: "Transiciones, democracia y políticas de la memoria: España y el Cono Sur latinoamericano"



IV SIMPOSIO INTERNACIONAL:
"Transiciones, democracia y políticas de la Memoria: España y el Cono Sur latinoamericano"
20 y 21 de octubre de 2009
Facultad de Geografía e Historia de la Universidad de Salamanca.


Nos últimos 25 anos a democracia converteuse no sistema politico ao que aspira calquera sociedade. Non obstante, as democracias difiren notablemente entre si.

Que é a democracia, ou que se pode esperar dela? España, Arxentina, Chile e Uruguai son países vinculados por nutridos lazos históricos, pero talvez o que anima a comparalos é que todos eles gozan hoxe de sistemas democráticos estables tras experimentar traumáticas experiencias autoritarias.

Debería sorprender que tras máis dun cuarto de século de exercicio das liberdades os seus desempeños sexan bastante diferentes?

Como condiciona a transición dende un réxime autoritario o futuro da democracia?

Como inflúen as formas de recordar, (ou esquecer), o pasado ditatorial sobre a acción das novas xeracións, ou a formulación dun proxecto colectivo?

Ten isto algo que ver co éxito económico ou a cohesión social?

Pacto educativo: moitas esperanzas e poucos obxectivos

O Ministro de Educación anunciou un pacto pola educación. Apelar ao consenso e ao pacto na educación sempre é unha apelación ao sentido común pero de tan manido que soa propagandístico.

En realidade o verdadeiro pacto necesario seria aquel que formulase as liñas básicas dunha reforma educativa; non obstante ninguén formula nada. O Consello escolar do Estado, non obstante se propuxo unha serie de medidas que se deberían ter en consideración. Destacariamos dous: en primeiro lugar, igualar o gasto en educación non universitaria ao gasto medio da OCDE. Como se sabe a media sitúase en 5.5% do PIB e España encóntrase no 4,3%. Este seria un primeiro obxectivo.

En segundo lugar, seria alcanzar os niveis de titulación obrigatoria para o 85% ou 90% da poboación escolar: ese seria un segundo grande obxectivo xa que o noso abandono escolar se sitúa case no 30%.

Indubidablemente existen outros obxectivos a alcanzar nunha reforma educativa en profundidade. Por exemplo abordar unha verdadeira reforma nos contidos e métodos do ensino obrigatorio e desenvolver unha reforma da formación profesional de longo alento. Se se emprendese a reforma necesaria na formación profesional requiriríase polo menos o dobre de gasto que na actualidade e a implicación das organizacións empresariais e os sindicatos.

Pero as reformas non serian só necesarias en canto aos obxectivos a formular tamén serian o en canto ao modelo educativo e aquí encóntrase o centro do problema.

O noso modelo educativo reproduce a segregación social existente distribuíndo aos nenos non en función das súas capacidades e necesidades senón da súa pertenza a tal ou cual nivel social e para iso utiliza un sistema público e outro privado financiado publicamente. Esa é a realidade. E todo isto faise en nome da liberdade de ensino e da liberdade relixiosa. De aí provén, en boa medida, a desorde e o desasosego escolar. A desorde escolar é patente nos resultados xa que os nosos alumnos están cualificados ente os máis baixos, entre os países europeos, no famoso estudo de PISA.

A educación privada España supón o 30% dos alumnos escolarizados cando a media Europa non alcanza o 10%, é dicir España é o primeiro país europeo onde o ensino privado é máis forte. Para o sociólogo Vicente Navarro aquí encóntrase o problema esencial da educación o cal só ten solución se se incrementa o gasto en educación e se fortalece o sistema publico educativo. Un pacto escolar que non aborde o problema dos centros privados concertado e a fragmentación en dous sistemas do financiamento público non avanzará demasiado.

Detrás dos centros privados-concertados, existen moitos intereses xa que a educación non só é un servizo publico, desgraciadamente tamén é un negocio con claras implicacións ideolóxicas.

A voceira do Partido Popular, Sr.a Cospedal declarou que o pacto só será posible se se respecta a liberdade de elección de centro escolar, toda unha declaración de boas intencións para non pactar nada. Avanzar nun novo modelo educativo significa acabar con estas ratios desproporcionadas de educación privada.

A medida máis axeitada, neste contexto, sería propoñer unha moratoria dos concertos escolares con centros privados e investir máis recursos na educación xestionada publicamente.

Se se quere pactar para manter o actual status quo actual, entón farase un fraco servizo á educación.


Antonio Gómez Movellán. Fonte: www.kaosenlared.net