http://www.wikio.es

17/10/09

Domingo, 18 de outubro, en Santiago: "Plataforma Queremos Galego".


Por primeira vez en toda a historia da autonomía, o Goberno galego non só non está a defender a nosa lingua propia, senón que encabeza o ataque contra o seu uso nos diferentes ámbitos.

O goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo é o primeiro destes 30 anos de democracia que non respecta a obriga estatutaria de promover e potenciar o uso da lingua propia do país e garantir os seus usos oficiáis.

Todas e cada unha das medidas gubernamentais executadas ou anunciadas nestes meses no ámbito da lingua teñen sido dirixidas a anular medidas positivas para o noso idioma e os dereitos lingüísticos que nos asisten ou frear proxectos destinados a tales fins. Algúns exemplos son o anuncio de derogación do decreto do 50% de ensino en galego, (coa mal chamada "consulta" as familias e todo o seu ronsel de irregularidades); a supresión das axudas á tradución de libros para o noso idioma; ou a contrarreforma da Lei da Función Pública, só para que o galego non sexa igual de necesario que o castelán para acceder a un posto de traballo na administración galega.

Por sorte, existe en Galicia un amplo corpo social que quere o galego e está disposto a responder na súa defensa. A esta base social que entende a nosa lingua como algo de seu, heteroxénea na súa composición e mesmo na súa práctica lingüística habitual, é que nos diriximos desde a Platafora cidadá QUEREMOS GALEGO: unha iniciativa conformada por entidades sociáis de diversa tipoloxía e persoas a título individual que nace coa vontade de ser o espazo común no que converxan as diferentes sensibilidades e colectivos cidadáns que defenden o galego.


Acude á manifestación que sairá da Alameda de Santiago de Compostela o domingo 18 de outubro as 12 da mañá.



No hay comentarios:

Publicar un comentario