- O despedimento será máis doado e barato..
- Vai supoñer un aumento da temporalidade..
- Incrementarase a capacidade de decisión dos empresarios, deixando desprotexidos millóns de traballadores de pequenas e medianas empresas..
- A negociación colectiva sufrirá un duro golpe, nun proceso de fragmentación que favorecerá a individualización das relacións laborais.
A patronal coas súas esixencias inaceptables abortou o diálogo social sobre a reforma do mercado de traballo; e fíxoo co mesmo entusiasmo con que aplaudiu o plan de axuste. Pero isto é só unha parte da verdade.
O Goberno cedeu ás presións do liberalismo europeo e dos mercados internacionais, e activou un discurso político de recorte de dereitos sociais e laborais e de quebra das rendas de empregados públicos e pensionistas que presentou como un discurso "valente e responsable".
Paradoxos da vida: valente cos asalariados e os que perden o seu emprego (máis de 2 millóns dende que se iniciou a crise) e responsable coas rendas de capital e rendas máis altas que nin sequera roza.
Un discurso de axuste duro e reforma laboral de forte contido antisindical que levou aos sindicatos a responder con firmeza e contundencia: a convocatoria dunha folga xeral o 29 de setembro.
A realización da folga xeral virá precedida de asembleas en todos os centros de traballo e polígonos industriais, manifestacións nas capitais das comunidades autónomas o próximo 30 de xuño, e por unha masiva concentración de delegados e delegadas o 9 de setembro en Madrid. O secretario xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, afirma que "imos traballar para unha participación masiva na folga xeral co obxectivo de parar os ataques ao Estado de Benestar e aos dereitos dos traballadores e traballadoras".
Fai falta outra política económica para saír da crise e crear emprego
FOLGA XENERAL No aos recortes sociais e laborais
Fonte: GacetaSindical. Descarga eiquí o exemplar extraordinario 17.06.10
No hay comentarios:
Publicar un comentario