Alertan sobre as intencións de "a amálgama ideolóxica liberal-conservadora" que pretende "relegar o pensamento crítico ao ostracismo"
Baixo o título "Críticos e Cidadáns", máis de 1.000 científicos e universitarios de 45 universidades públicas españolas e de diversos organismos públicos subscribiron un manifesto no que reivindican "o pensamento crítico no espazo público".
Baixo o título "Críticos e Cidadáns", máis de 1.000 científicos e universitarios de 45 universidades públicas españolas e de diversos organismos públicos subscribiron un manifesto no que reivindican "o pensamento crítico no espazo público".
O texto será defendido este mércores ás 18.30 horas nun acto público que se celebrará no Salón de Actos da sede do CSIC, situada no número 117 da madrileña rúa Montañés. Seis serán os relatores, entre os que se encontran Federico Mayor Zaragoza, ex ministro de Educación e Ciencia, e o filósofo Manuel Reyes Mate, encargados de avalar o manifesto.
O escrito alerta sobre as intencións de "a amálgama ideolóxica liberal-conservadora" que pretende "relegar o pensamento crítico ao ostracismo, á inhibición e á autocensura, abrindo dúbidas sobre a función social dos intelectuais".
"A actividade investigadora non pode permanecer encerrada nunha torre de marfil"
Estas voces, segundo explica o manifesto, xurdiron "nas últimas semanas ante os acontecementos económicos, políticos e sociais do noso país" para poñer "en cuestión o papel dos intelectuais na vida pública española".
"Estamos a asistir a duros ataques e agresivas campañas de desprestixio", asegura o texto, "polo mero feito de adoptar posicións críticas con determinados poderes en debates sobre o noso modelo político, económico, institucional ou xudicial".
O manifesto móstrase moi molesto con "a decepcionante resposta política e xudicial ante o clamor das vítimas do franquismo" e acusa "o crecente cuestionamento da versión oficial da transición á democracia", que "acentuou aínda máis a campaña de acoso ante calquera pensamento crítico".
Os asinantes tamén recoñecen que "os homes e mulleres da ciencia" "se instalaron nunha neutra eficiencia profesional" e que esqueceron a súa "ineludible responsabilidade social". Por iso, pide loitar contra este feito asegurando que "a actividade investigadora non pode permanecer encerrada nunha torre de marfil" e avogando por "mirar máis alá do propio microscopio".
"A nosa condición intelectual e ética esíxenos estar presente nos debates públicos", continúa o manifesto, "vencendo ao medo coa palabra". Por esta razón, os asinantes afirman a súa "vontade de actuar tamén como conciencia crítica ante o discurso dominante".
.Fonte: Público
No hay comentarios:
Publicar un comentario