http://www.wikio.es

9/5/10

Confluencias: E pur si muove...

A esquerda madrileña e a necesidade dun proxecto de cambio real.

As últimas mobilizacións en Madrid, demóstrannos que subxacer un impulso de cambio; que hai moita xente que está farta da prepotencia, dos silencios, da política xestionada de costas á cidadanía e de actitudes resignadas ante o avance da dereita.

As enquisas lévannos sempre ao eterno debate sobre se Madrid é irremediablemente de dereitas e por que non é posible un cambio. Pero máis que interrogarnos sobre que lle pasa aos demais, deberiamos preguntarnos que facer para cambiar o signo dunha Comunidade na que se instalou a dereita e as súas políticas. Unha Comunidade na que teceron unha rede potente de intereses e onde pretenden conseguir que a crise do seu propio partido e as sospeitas de corrupción, se convertan nun cuestionamento da política e dos espazos públicos. A dereita inverteu a carga de responsabilidade pretendendo sacar beneficios e réditos electorais dunha situación na que tiñan e teñen a máxima responsabilidade.

E neste contexto, o drama da esquerda en Madrid é tamén o drama duns partidos que foron incapaces de cambiar, de someterse a unha nova forma de entender e facer política en mestizaxe, coa xente; uns partidos ensimesmados e remisos a construír con outros unha alternativa clara. Unha alternativa e un discurso potente cultural, política e intelectualmente, capaz de arreporlle á dereita.

Os madrileños e madrileñas asisten con impotencia á degradación das súas institucións, e -cecáis- por iso están a xurdir novos movementos que chaman ao activismo, que puxeron en cuestión o politicamente correcto, o politicamente pactado, abriron debates a raíz do xuíz Garzón e as victimas do franquismo, e ignoraron dende as mensaxes dos medios de comunicación, ás receitas dos tertulianos, pasando polas consignas dos partidos políticos.

Despois de Gürtel, os espionajes, a persecución ao doutor Montes e o seu equipo no Severo Ochoa, os ataques á Complutense, os medios de comunicación ao servizo do PP, os recortes en xustiza gratuíta, as proclamas para reformas restritivas do mercado laboral ao ditado das esixencias dos poderosos.

Despois dun proceso implacable de privatizacións, do desmantelamento dos servizos públicos, da ocupación e especulación sobre o territorio poñendo en risco a sostibilidade do futuro.

Despois de todo isto: Hai miles de razóns para reaccionar.

É urxente lanzar unha convocatoria ampla e plural á esquerda política e social e á cidadanía no seu conxunto para construír un proxecto de cambio real. É necesario traballar dende a esquerda para esixir unha alternativa limpa e potente. E lanzar tamén aos partidos de esquerdas unha advertencia para que esquezan a súa inercia e pequenos intereses á hora de xestionar os seus espazos de representación.

É tempo de cambios e é a hora de conquistar os cambios que queremos

Saúdamos aos prezados amigos e compañeiros de "Confluencias", compartindo realidade e argumentos. Non sen certa envexa, eso sí, nembargantes algo se move...

No hay comentarios:

Publicar un comentario