Dende hai unha semana, Zapatero e o Executivo que preside decidiron iniciar unha ofensiva política para explicar e defender o seu duro programa de axuste. Con tal motivo pretenden mobilizar os cargos socialistas e, en primeiro lugar, os ministros do Goberno. Á fronte de todos eles situouse o noso paisano José Blanco, que, despregando unha irresistible iniciativa, multiplica a súa presenza en actos, debates e entrevistas en todo tipo de medios audiovisuais. Debo recoñecer que realiza o seu traballo con intelixencia e enerxía pero con escaso éxito, porque, malia a indiscutible habilidade do ministro de Fomento, o novo programa político que deriva do xiro copernicano emprendido polo Goberno é dificilmente defendible.
Así pois, permítome interrogar publicamente a Pepe Blanco sobre algunhas cuestións que el nunca explica nas súas reiteradas comparecencias. Hai dous anos todos os gobernos, incluído o noso, sinalaban co dedo acusador aos verdadeiros culpables da grave crise que nos asola - a gran banca e os especuladores financeiros-, e por todas as partes se escoitaban voces autorizadas que reclamaban nada menos que a refundación do capitalismo, a necesidade de meter en cintura aos mercados financeiros ou o fin dos paraísos fiscais. Por qué todo iso desapareceu de súpeto do debate público? Por qué razón os excesos reáis deste capitalismo de amiguetes foron substituídos no debate por uns supostos e inexistentes excesos do Estado do benestar, cuxas prestacións, en consecuencia, é preciso recortar para saír da crise? Cómo é posible que o Goberno aceptase este basto cambio de escenario?
Nada disto aclaróu nas súas comparecencias o ministro de Fomento. Como tampouco explica os motivos polos que o groso do axuste se realiza a través de medidas socialmente inxustas e economicamente ineficaces, tales como a redución do gasto social e dos investimentos públicos. Por qué se renunciou a incrementar os recursos do Estado combatendo a fraude e subindo os impostos aos mais ricos, tal como anuncian países como Portugal, Francia ou o Reino Unido? Xa sabiamos que para os ricos o Estado constitúe unha carga, agás cando, como acontece agora co rescate das entidades financeiras en quebra, serve aos seus intereses particulares. Do mesmo modo que é detestado cando serve ao benestar e mesmo á supervivencia dos mais necesitados. O que non sabiamos, e Blanco non o aclara, é que o Goberno socialista compartise semellantes principios.

Hoxe é notorio que asistimos a un impetuoso crecemento de concentración financeira, que promoven poderes económicos, de carácter global e orixe non democrática, que impoñen a súa lei e gobernan o proceso mundial sen que existan poderes democráticos capaces de subordinalos ao interese xeral. O resultado é a marxinación da política e unha crise profunda da democracia. Haberá quen vexa neste diagnóstico un elevado grao de catastrofismo ou o anuncio dunha nova apocalipse. Ao que así pense, recoméndolle que reflexione sobre o número de veces que escoitou nos últimos meses afirmar que, no contexto da crise actual, non existe marxe para un proxecto político diferente ao que vén aplicándose. Pero se non hai espazo para alternativas diversas, se non existe marxe de decisión, non estamos teorizando o fin da democracia, cuxa esencia radica, precisamente, na capacidade de elixir e decidir, nun acto de soberanía, entre opcións diferentes dentro do respecto ás regras do xogo previamente pactadas? Tampouco Pepe Blanco parece ter conciencia das terribles consecuencias que pode carrexar este espiñento asunto.
Finalmente, conviría que o celebrado ministro de Fomento aclarase se ás medidas en marcha vanse engadir outras, tales como a reforma laboral a golpe de decreto, a redución de axudas ás enerxías renovables ou a privatización das caixas de aforro. Se é así, completaríase un programa político que desvirtuaría a natureza mesma do Partido Socialista e que, sen dúbida, o levará a unha onerosa derrota política e electoral. Peor aínda, inhabilitaríao no futuro, e por moito tempo, para exercer unha oposición crible ao PP, que encontrará, cando chegue ao Goberno, un terreo despexado e se limitará a aplicar e afondar nas medidas que está a punto de aprobar o Goberno socialista. Ao parecer, como denunciaba Galbraith, os disparates dos ricos pasan neste mundo por sabios proverbios.

ANXO GUERREIRO-El País.
No hay comentarios:
Publicar un comentario