http://www.wikio.es

25/5/10

Sanidade está estudando o copago sanitario.

Diferentes asociacións de pacientes mostráronse "rotundamente en contra" de implantar o copagamento como medida para "garantir a sostibilidade" do Sistema Nacional de Saúde (SNS) e reducir o déficit público , tachando la medida de "frívola" e "injusta" tras coñecer as declaracións realizadas este martes pola ministra de Sanidade e Política Social, Trinidad Jiménez, nas que recoñeceu que o seu departamento está a estudar esta fórmula. A ministra confesa que o "copagamento" sanitario está en estudo pero non para adoptalo "neste momento".

Radio Rexurdimento.gal, únese a esas asociacións e colectivos cívicos, como Dempeus per la salut pública, a este rexeitamento e reitera a súa vontade de loitar en todas as frontes ao noso alcance para evitar esta medida que non supón unha corresponsabilidade no uso dos servizos sanitarios, como pretenden facernos crer, senón un repagamento pola mala administración e dilapidación dos recursos públicos, sanitarios ou non, e entre eles o "reflote" da banca. Non podemos seguir tolerando pasivamente o desmontaxe dos servizos públicos básicos e dos dereitos cidadáns acadados ao longo dos tempos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario