
28/4/10
¡¡ BIENVENIDOS !!

26/4/10
A natureza política da críse.

25/4/10
¡Vivan as flores de Abril!
23/4/10
Intervención del fiscal José María Mena en el acto de solidaridad con Garzón en el Paraninfo de la Universidad de Barcelona

No deseo, porque no es justo ni conveniente, desviar la atención hacia personalismos anecdóticos. A Garzón su dimensión de juez estrella, ahora, judicialmente, no le beneficia en absoluto. Y, además, mueve a reacciones personales extrajurídicas de un corporativismo transversal inaceptable que nos llena de amarga perplejidad.
Pero ni los compañeros de La Complutense el 13 de Abril, ni nosotros, aquí y ahora, desestabilizamos la democracia con nuestro firme apoyo a la independencia judicial, y con nuestra severa crítica al Tribunal Supremo.
22/4/10
Galicia a prol do xuíz Garzón e as vítimas do franquismo

21/4/10
“A sociedade que non pon luz no pasado carece de saúde"

“Houbo un silencio de chumbo ao respecto e moitos dos grandes medios arxentinos non contan o que pasa. Hai máis de mil xuízos e centos de militares condenados ou esperando condena. Pero hai moitos medios que non din nada”, denuncia Gelman, quen decidiu vivir en México mesmo despois de que a orde de busca e captura sobre el decretado pola ditadura fora suspendida.
Pese a distancia, Gleman non renuncia o seu compromiso pola verdade e a revisión do pasado. “A loita durará até que termine. Houbo 30.000 vítimas e agora temos asociacións e organizacións como as Nais da Praza de Maio que continúan”, sinalou o escritor dos poemas do escritor inventado por el mesmo Sidney West.
O poeta e escritor, que aproveitou a súa presenza na Coruña para presentar a última edición do seu libro Bajo la lluvia ajena, tamén amosou a súa preocupación pola situación internacional que se vive actualmente. “Sigo particularmente a política internacional e escribo sobre ela. Estamos bordeando unha castástrofe nuclear. O 11 de setembro foi o que me fixo ver que algo podería ocorrer”, explicou.
Na Coruña, Gelman agradeceu o premio concedido pola AELG e manifestou o seu interese por Galicia. “Estou emocionado con este premio, xa que se me entregue un galardón por escritor galego universal, iso confirma que realmente son arxentino”, ironizou o escritor, quen chegou o sábado para participar na Cea das Letras organizada polo gremio de autores galegos.
Dende o seu punto de vista, a pegada deixada pola emigración galega no seu país de orixe é incuestionable e moi valorada dende o punto de vista cultural. “Moitas figuras intelectuais galegas incorporáronse ao tecido arxentino. É o caso de Seoane e os seus descendentes. Por outro lado, houbo campesiños e obreiros que desenvolveron mil e un traballos. En realidade, tiña especial interese en vir a Galicia porque me parece que ten unha cultura universal e eu, un apetito de coñecemento”, confesou o autor.
19/4/10
Carta abierta a la dirección de Jueces por la Democracia
Recollido do blogue do noso prezado e benquerido amigo José Luís López Bulla, xunto o cál e de moitos máis suscrebémolo contido desta carta.
Metiendo Bulla
Plataforma Unitaria "Galicia con Garzón e as vítimas do franquismo": Concentración o 21 de abril na Coruña.

A plataforma convoca a toda a cidadanía a participar no acto para manifestar o seu apoio e solidariedade co xuíz Baltasar Garzón Real, que o día seguinte, 22 de abril, podería ser apartado da carreira xudicial «por abrir unha investigación sobre os crimes da guerra civil e do franquismo, dando así amparo e satisfacción ás familias das vítimas».
Enlazamos o vídeo resumen del Acto de apoyo al juez Baltasar Garzón, celebrado en la Universidad Complutense el 13 de abril de 2010.El anfiteatro Ramón y Cajal de la Facultad de Medicina de la Complutense se ha llenado hasta la bandera, pasillos incluidos, para apoyar al juez de Garzón, en un acto convocado por CCOO y UGT, que ha contado con las intervenciones de los secretarios generales de ambos sindicatos, del ex fiscal Anticorrupción, Carlos Jiménez Villarejo, y del rector de la UCM, Carlos Berzosa. Entre el público estaban los emblemáticos pañuelos blancos de las Abuelas de la Plaza de Mayo de Buenos Aires y rostros conocidos como el de Pasqual Maragall o el del escritor Ian Gibson.
16/4/10
Confesiones de un prevaricador

Pues bien, yo, humildemente y reconociendo mi culpa, quiero colaborar con el señor Varela Castro en esta cruzada contra la prevaricación y en defensa del legalismo más absoluto, ese que permite ir contra un juez no porque no sea verdad la cuestión que ha puesto de manifiesto o que no esté justificada su iniciativa, sino porque no ha tenido en cuenta una ley que precisamente se hizo para impedir que alguien intentara tal cosa.
Francisco Espinosa.
*Francisco Espinosa Maestre, prezado, benquerido e admirado historiador, membro do comité que asesoróu ao xuíz Garzón e autor do “Informe sobre la represión franquista” que xuntóuse á causa 399/2006-E.
14/4/10
Concentración diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña. "Galicia con Garzón e coas vítimas do franquismo"

13/4/10
Unidade didáctica: Ferrol edita un caderno de exercicios sobre as causas e repercusións do Golpe do 36

A guía de estudo consta de 52 páxinas e nela recóllense fotografías e exercicios sobre o alzamento militar, enfocado a alumnos de Secundaria e Bacharelato.
Fuente: La Voz de Galicia
"Namentras": Polo impulso e renovación do pensamento crítico e de esquerdas. Unha concepción converxente, plural e aberta.

Librémonos entón dos impostos, dos obstáculos que para o mercado representa os servizos públicos e a Seguridade Social, e das múltiples regras que limitan o beneficio acumulable das empresas. Sexa cal for a actividade en cuestión, o equilibrio alcanzado polo mercado é sempre o mellor posible e calquera intervención pública só pode deterioralo. Este era o núcleo duro do discurso ultraliberal de Friedman e os seus amigos.
Asociación socio-cultural Namentras.
NAMENTRAS: "O Estado do benestar en Galicia"

Nesta situación de críse xeneralizada, existe un proceso creciente de privatización ou externalización de diferentes servizos públicos, mesmo de restricción de dereitos básicos que vanse concretando nunha desmontaxe paulatina por parte das diferentes administracións. O estado do benestar que o noso país labróu en trinta anos de democracia non só non conseguíu alcanzar os nivéis europeos, senón que hoxe se ve inmerso nunha críse que pon en tensión a súa pervivencia. Un país que camiña cara ao envellecemento, que non logra repoñer á súa poboación activa, garantir o equilibrio demográfico, formar aos seus mozos nun nivel suficiente, nin fuxir dunhas taxas de paro e fraude máis propias do Terceiro Mundo, abren enormes interrogantes sobre ese futuro.
- TÍTULO: "O estado do benestar en Galicia"
DATA: Xoves, 15 de abril de 2010
LUGAR: Salón de actos da Casa-Museo "Casares Quiroga", Rúa Panaderas, 12. A Coruña. - Relator:
Xaquín Álvarez Corbacho. Economista. Catedrático de Economía Aplicada da USC. - Presenta e Modera:
Manolo Lago. Economista do S.N. de CC.OO de Galicia e membro de NAMENTRAS.
11/4/10
"Inmunda escoria.A universidade franquista e as movilizacións estudiantís en Compostela, 1939-1968"

O acto contóu coa participación de Vicente Álvarez Areces (Presidente do Principado de Asturias), Senén Barro (Rector Magnífico da USC), Víctor Santidrián (Director da Área de Historia da Fundación 10 de mMarzo), Manuel Bragado (Director de Xerais) e Ricardo Gurriarán (autor do libro).
«Inmunda escoria» foi o titular co que un xornal caracterizou os estudantes universitarios antifranquistas en 1968, cando as súas protestas fixeron tremer as estruturas da Ditadura. Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 nace da exposición que a Fundación 10 de Marzo lle encargou a Ricardo Gurriarán para conmemorar os corenta anos das loitas do curso 1967/68 na Universidade galega.
A partir dun intenso labor de investigación en arquivos públicos –malia os impedimentos legais que amparan os tan «distantes» tempos da Ditadura franquista– e privados, así como das máis de cen entrevistas aos participantes directos e indirectos do conflito, Gurriarán analiza o que foi coñecido como «o 68 galego», que protagonizou toda unha xeración de persoas cun percorrido político, social e cultural que chega ata os nosos días.
A investigación arranca no ano 1939 e avanza ano a ano para chegar ao curso 1967/68, cando as mobilizacións estudantís antifranquistas conquistaron espazos de liberdade, á custa, iso si, de non poucos desgastes persoais.
Sen aqueles acontecementos, a sociedade galega de hoxe sería moi diferente. Inmunda escoria é un libro que non só enche un baleiro na historiografía, senón que está chamado a converterse, sen dúbida ningunha, nun referente para os estudos que sobre o antifranquismo se fagan no futuro.
*Ricardo Gurriarán (O Barco de Valdeorras, 1953) é licenciado en Educación Física (INEF) pola Universidade Politécnica de Madrid e desenvolve o labor docente no IES A. Xelmírez I de Santiago de Compostela desde 1977. Doutorouse en Historia Contemporánea na USC (2004) co traballo «A investigación científica en Galicia (1900-1940): institucións, redes formativas e carreiras académicas. A ruptura da Guerra Civil». Comezou a investigar sobre Valdeorras, a guerra civil e o exilio literario e científico. Obtivo o Premio Tertuliano Hervella (2003) con Gonzalo Gurriarán (1904-1975); e o Premio da Crítica (2007) coa publicación Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1936).
Participou en varias obras colectivas e foi comisario de diferentes exposicións. Forma parte de varios equipos de investigación da USC e da Fundación 10 de Marzo. Ten publicados máis de cincuenta artigos e media ducia de libros. Actualmente, centra os seus estudos na investigación dos movementos sociais na Universidade de Santiago. Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 (2010) é o seu primeiro libro no catálogo de Xerais.
10/4/10
MANIFESTO POLA XUSTIZA DO XUÍZ BALTASAR GARZÓN

El juez Baltasar Garzón ha sido uno de los principales promotores del desarrollo en España del principio de Justicia Universal.
7/4/10
III Encuentro "Cidade da Coruña" - Literatura e viaxe

- 19 de abril: Juan Gelman. “Baixo chuvia allea”
- 28 de abril: Miguen Anxo Murado. “Inventar un lugar en vez dunha historia”
- 05 de maio: Hélia Correia. “A poeira falante”
- 11 de maio: Alberto Manguel: “O camiño da lectura”
- 19 de maio: Xabier P. Docampo. “Viaxes imaxinarias”
O 19 de abril comenza o ciclo, Juan Gelman, poeta arxentino, de ascendencia familiar arxentina e xudía, a súa obra lírica flúe intensamente desde a segunda metado do século XX, sendo recoñecido en 1997 co Premio Nacional de Poesía e en 2007 co Premio Cervantes de Literatura. Obrigado a un exilio de doce anos que o levóu a vivir finalmente en México, a súa poesía, memoria da sombra da memoria, reproduce as consecuencias de extrema dureza biográfica experimentadas após o golpe de estado e posterior ditadura militar de 1976 na Arxentina.
6/4/10
Campaña da Renda 2009: Ningunha cruz contra a asignación tributaria

2. -Por implicar un prexuízo do público (do que é de todos) para beneficiar o privado (que é só dunha parte). Detraen se recursos (241 millóns de euros en 2008) do financiamento de necesidades públicas (escolas, hospitais, servizos sociais, infraestruturas, medio, promoción do emprego, etc.), para destinala ao que só beneficia a unha parte: a Igrexa católica, para o sustento do culto e o clero, así como para manter diocese, seminarios, asembleas, congresos, realizar manifestacións políticas partidarias, lanzar enormes e custosas campañas de propaganda destinada á represión sexual, á discriminación e segregación en razón do xénero, en contra da liberdade da muller á elección da maternidade, á libre elección da orientación sexual, aos avances científicos para mellorar as condicións de vida e de saúde, á morte digna, etc.
Así, malvérsanse fondos públicos, destinándoos a fins privados dunha determinada orientación relixiosa, que deberían ser financiados só polos interesados, conculcando o artigo 31 da Constitución.
. Nin a correspondente a "fins sociais"
4/4/10
No me preocupan más los antidemócratas apostados en los poderes del Estado que sus pusilánimes cómplices

--
1/4/10
Eixe Santiago- Módena

Desgraciadamente, todo este cadro cambiou radicalmente. Os anos de Goberno Berlusconi transformaron profundamente a política italiana, deterioraron o Estado ata extremos inconcibibles e, como consecuencia diso, a economía estancouse e as divisións políticas, sociais e territoriais disparáronse ata límites impensables nun país que aínda é a sétima economía do mundo. Como é posible que este perigoso e grotesco personaxe, que subordinou os intereses xerais aos seus negocios particulares, que cambiou as leis ao seu antollo e conveniencia e que practica o suborno e a prevaricación, conseguise o respaldo de media Italia?. Como pode explicarse que un dirixente como Berlusconi, que intentou proxectar o seu estilo ao conxunto de Europa, resucitando vellos contenciosos nacionais e removendo os alicerces da Europa moderna, que foi concibida precisamente para desterrar os estereotipos étnicos causa das guerras que asolaron o continente durante o século XX, poida ser primeiro ministro dun país fundador da Comunidade Europea?.
Iso non obstante, nada do que acontece naquel querido país é explicable se non se considera a profunda crise que atravesa a esquerda italiana. Hai case 25 anos puiden entrevistarme con Enzo Ferrari na súa mansión de Módena. Naquel encontro, o vello patrón do famoso equipo automobilístico que leva o seu nome sostivo que o PCI era o partido que mantiña cohesionar a Italia como nación, e que a el se debían todos os avances sociais e os procesos modernizadores que coñecera o país dende a Guerra Mundial.
Anxo Guerreiro
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Eje/Santiago-/Modena/elpepiautgal/20100331elpgal_9/Tes?print=1