O Concello de Ferrol promove o reforzo dos coñecementos sobre a Guerra Civil na comarca coa unidade didáctica Ferrol 1936. Golpe de estado e represión, que foi presentada esta mañá de modo público.
A guía de estudo consta de 52 páxinas e nela recóllense fotografías e exercicios sobre o alzamento militar, enfocado a alumnos de Secundaria e Bacharelato.
Durante a presentación, Suárez indicou que, entre o 25 de xullo e o 21 de agosto de 1936, houbo «máis de cen feridos na zona e 33 falecidos». Na súa opinión, «houbo pouca resistencia, pero foi heroica». Contemplábanse «fusilamentos decretados por Consello de Guerra ou paseos de modo ilegal e sen un xuízo xusto». Suárez destaca ao Arsenal Militar, o castelo de San Felipe e o antigo cemiterio de Canido como os «principais centros de fusilamento e paseo da cidade».
O traballo de investigación, que se distribuirá en centros educativos e asociacións culturais da cidade, arrinca o 18 de xullo de 1936, e recolle os lugares do municipio onde se desencadearon acontecementos durante a guerra.
En total, unhas 719 persoas perderon a vida na comarca durante os tres anos de contenda bélica. Con todo, Xosé Manuel Suárez subliña que «aínda hoxe, é difícil de calibrar a cifra exacta».
Fuente: La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario