http://www.wikio.es

13/4/10

NAMENTRAS: "O Estado do benestar en Galicia"

Dentro do ciclo organizado por NAMENTRAS que leva o título xenérico de "Galicia, hoxe", o vindeiro xoves, día 15 de abril, celebraráse unha conferencia-coloquio co título "O estado do benestar en Galicia".

Nesta situación de críse xeneralizada, existe un proceso creciente de privatización ou externalización de diferentes servizos públicos, mesmo de restricción de dereitos básicos que vanse concretando nunha desmontaxe paulatina por parte das diferentes administracións. O estado do benestar que o noso país labróu en trinta anos de democracia non só non conseguíu alcanzar os nivéis europeos, senón que hoxe se ve inmerso nunha críse que pon en tensión a súa pervivencia. Un país que camiña cara ao envellecemento, que non logra repoñer á súa poboación activa, garantir o equilibrio demográfico, formar aos seus mozos nun nivel suficiente, nin fuxir dunhas taxas de paro e fraude máis propias do Terceiro Mundo, abren enormes interrogantes sobre ese futuro.

Pode soster o noso país e mellorar ese Estado de benestar pra alcanzar os nivéis de esixencia europea?. Pode garantir que o seu sistema sanitario, de pensións, a súa oferta educativa, as súas infraestructuras ou a súa capacidade de renovar a poboación tras a derruba dun modelo económico depredador e fracasado?.Para facer unha reflexión obxectiva do proceso que se está a producir, e debatir e albiscar saídas, convocamos ao conxunto dos cidadáns ao acto que celebraremos o vindeiro xoves, ca presenza de Xaquín Álvarez Corbacho, como relator convidado.
  • TÍTULO: "O estado do benestar en Galicia"
    DATA: Xoves, 15 de abril de 2010
    LUGAR: Salón de actos da Casa-Museo "Casares Quiroga", Rúa Panaderas, 12. A Coruña.
  • Relator:
    Xaquín Álvarez Corbacho. Economista. Catedrático de Economía Aplicada da USC.
  • Presenta e Modera:
    Manolo Lago. Economista do S.N. de CC.OO de Galicia e membro de NAMENTRAS.

Descargar dípitico do ciclo

http://www.namentras.org/



No hay comentarios:

Publicar un comentario