A Plataforma unitaria "Galicia con Garzón e coas vítimas do franquismo", convoca unha concentración de apoio o vindeiro día 21 de abril, mércores, as 19:30 horas, diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na praza de Galicia, na Coruña.
Así o decidiron as doce entidades que conforman ista Plataforma nunha xuntanza mantida hoxe nos locáis do Seminario Galego de Educación para a Paz, para amosar o apoio ao maxistrado que o día 22, o seguinte a esta concentración, podería ser apartado da carreira xudicial por abrir unha investigación sobor dos crimes da guerra civil e o franquismo.
Ista Plataforma unitaria, está formada por varias entidades da sociedade civil galega, sindicatos, fundacións, ONG's e persoalidades da vida cultural galega.
Intervención completa do Sr. Jiménez Villarejo no acto celebrado onte na Complutense:
No hay comentarios:
Publicar un comentario