Que alguén, nalgunha parte, aprenda algo de todo isto. Que a crise non remate igual que chegou, sen que ninguén saiba como foi, igual que a primavera do refrán. Que os economistas se equivoquen, -total, unha vez máis, que importa?-, e o emprego creza por enriba das súas previsións. Que, máis alá dos balbucidos das aspirantes a Miss Universo, se consolide un pouco, aínda que sexa moi pouco, a paz á que podemos razoablemente aspirar. Que se asine un acordo para frear o cambio climático. Que unha vez resolta a emerxencia financeira, os que non se poñen de acordo para reducir as emisións que nos matan lentamente, se acorden doutras crises que matan moi á présa nas rexións máis pobres do planeta. Que non se cruce un xuíz na nosa vida. Que ninguén volva pasar o Nadal tirado nun aeroporto, despois de pasarse medio ano aforrando para comprar unha praza nun avión que non vai saír. Que o Estado deixe de resolver a irresponsabilidade dalgúns empresarios co diñeiro de todos. Que os políticos se acorden do significado da palabra política. Que os investigadores poidan traballar. Que o seu traballo sexa fecundo. Que a tecnoloxía, que inventa cada mes teléfonos móbiles un pouco máis pequenos, sirva para resolver, cada mes un pouco máis, as enormes traxedias cotiás da humanidade. Que a tía boa do instituto se namore dese rapaz fraco e con lentes, que non fala pero saca matrículas en física, ou do gordo que tampouco fala, pero sabe tocar o violín. Que España gañe o Mundial. E xa, por pedir, que o Atleti non baixe a Segunda.
Á miña prima Alicia, que gaña 800 euros ao mes nunha axencia de viaxes e non ten máis propiedades que Audrey, un can vagabundo de raza incerta, tocoulle o gordo da lotaría de Nadal.
Que teñan vostedes a mesma sorte.
Feliz Aninovo.
Traducido ó galego por Radio Rexurdimento.
Traducido ó galego por Radio Rexurdimento.
ALMUDENA GRANDES-EL PAÍS: http://www.elpais.com/articulo/ultima/2010/elpepiult/20091228elpepiult_1/Tes?print=1
No hay comentarios:
Publicar un comentario