http://www.wikio.es

12/12/09

Mudemos o sistema non o clima - Díe de Accíón Global contra o Cambio Cimático

A cita "oficial" dos gobernos en Copenhague avanza lentamente. Unha situación que contrasta coas vizosas alternativas a prol dun futuro "sustentábel e socialmente máis xusto" que abrollan da sociedade.


Klimaforum, a cita alternativa en Copenhague.

Fronte ás burocracias, tensións e escasos e lentos compromisos que abrollan da conferencia oficial, de acceso restrinxido a xefes de Estado e funcionariado das diversas delegacións internacionais, contrasta a proposta do Klimaforum. Trátase dun evento de libre acceso promovido polo movemento ecoloxista danés e apoiado por diversos colectivos internacionais que se celebra de xeito paralelo ao cumio oficial apadriñado polas Nacións Unidas.

"A clave é fomentar que acontezan cambios no xeito de pensar e promover que a sociedade faga abrollar novas formas de organización", expoñen. Nese contexto de pensamento chaman a "recoñecer" que non existe ningunha tecnoloxía máxica que conduza á saída da crise climática. "Nin nuclear, nin biocombustíbeis, nin almacenamento de CO2...: estas solucións xeran á vez problemas máis grandes dos que orixinalmente resolven", advirten. Por este motivo, subliñan a necesidade dun xiro "radical" en favor da sustentabilidade da sociedade.

Nese escenario, o debate de solucións "autenticamente sustentábeis" baséase en priorizar o aforro e o uso eficiente da enerxía, as tecnoloxías renovábeis limpas e seguras, a promoción dunha menor emisión de gases que favorecen o efecto invernadoiro e, en consecuencia, que non fomenten o uso de combustible fósil; métodos baseados na agronomía, que fixan o carbón á terra, que reducen o uso de fertilizante químicos e que non constitúan unha ameaza para os ecosistemas, o clima e a biodiversidade; garantía sobre o uso sustentábel dos recursos para poder aproveitalos dun xeito xusto e equitativo e un sentido crítico "sobre o enfoque obstinado ao redor dos bens de consumo, que impregna á sociedade global de hoxe".

No hay comentarios:

Publicar un comentario