http://www.wikio.es

7/12/09

Comunicado da Plataforma de apoio a Aminatou Haidar

Toledo sinalou que o enviado de Moratinos, Agustín Santos, mentiu á activista saharauí ao asegurarlle que esa operación tiña o consentimento de Marrocos. O traslado estaba baseado nunha simple autorización da torre de control, sinalou.

Tamén denunciou que a pesar de que Marrocos negou a autorización para aterrar no Aaiún, o Goberno insistiu en continuar a operación. Era un plan urdido sen permiso para trasladala a El Aaiún e deixala abandonada á súa sorte.

A plataforma considera que o trato do Goberno español cara a Haidar é degradante e inxusto, que a ningunea e a trata como unha pelota cando se encontra nun estado de saúde grave.

Responsabilizan da situación ao Goberno de Marrocos, coa complicidade de España e piden que o Goberno español inicie as presións en organismos internacionais para rematar con esta situación.

Ademais a plataforma considera que o equipo negociador encabezado por Agustín Santos demostrou a súa inoperancia e solicitan a súa retirada inmediata e a chegada dun novo equipo negociador. Piden, igualmente, a intervención de Rodríguez Zapatero e o Rei Juan Carlos I.

Toledo sinalou que só o Goberno de Suecia foi contundente ata agora sinalando que votará en contra de que Maruecos sexa socio preferente da UE se persiste na súa actitude. O actor pediu que España vete tamén esa posibilidade.

Por outra parte, Haidar continúa nun cuarto do aeroporto de Guacimeta nun estado moi debilitado No esta previsto que volva subir á terminal do aeroporto, donde estivo as últimas tres semanas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario