http://www.wikio.es

5/12/09

FINÓU JORDI SOLÉ TURA. IN MEMORIAM

Jordi Solé Tura faleceu na mañá de onte, aos 79 anos. Senador, membro do relatorio que se encargou de redactar a Constitución de 1978 en representación do PCE e fói ministro de Cultura nun dos Gobernos de Felipe González, alternou a actividade política coa docente. Natural de Mollet del Vallès (Barcelona), destacou pola súa loita antifranquista nas filas do Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC) e despois pasou a militar no PSC.

Apartado da vida pública dende 2004, ano en que lle diagnosticaron Alzheimer, fíxose pública a enfermidade en decembro de 2007, cando o seu fillo, Albert Solé, anunciou a realización dun documental, dirixido por el e titulado Bucarest. A memoria perdida que trataba desta e que foi premiado cun Goya.


No hay comentarios:

Publicar un comentario