Ante a inminencia do anuncio do contido do Decreto que derrogará o 124/2007 e que reducirá as porcentaxes de uso do galego no ensino por baixo do 50% que establecía o aínda vixente, cómpre estarmos atentos para darmos unha resposta colectiva. É probábel que o decreto saia estes días de vacacións para dificultar as posibilidades de actuación da plataforma Queremos Galego polo que temos que ter axilidade e previsión para darmos unha resposta rápida e visíbel a pesar dos intentos de ocultación destas medidas galegófobas por parte do goberno da Xunta.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia
Pazo de Raxoi
Praza do Obradoiro, s/n.
15705 Santiago de Compostela.
Señor Presidente:
Neste 2009 que remata, o noso pobo demostróu sobradamente que quere o seu idioma e desbota calquera tipo de retroceso na súa normalización. Agardo que aproveite o Nadal para reflexionar e mudar a dirección da súa política lingüistica.
Aínda está vostede a tempo de rectificar e facer posíbel que 2010 sexa o ano do necesario impulso que o noso idioma precisa. Nese camiño atopará, sen ningunha dúbida, o apoio da inmensa maioría da sociedade que quere unha língua milenaria que sente como parte imprescindíbel de sí.
Eu quero galego e deséxolle que no 2010 vostede tamén queira galego.
Asinado: Lóis Uxío Taboada Arribe
DNI: xxxxxxxxxx-x
Sinatura: -------------------------------
No hay comentarios:
Publicar un comentario