http://www.wikio.es

7/1/10

2010 ANO INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE

A Conferencia das Partes do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica, a través da Decisión VI/26 adoptou o Plan Estratéxico para a Conservación da Diversidade Biolóxica. Na declaración da súa misión, as Partes comprométense á implementación máis efectiva e coherente dos tres obxectivos do Convenio para lograr, no ano 2010, unha redución significativa da taxa actual de perda de biodiversidade a nivel global, rexional e nacional, como unha forma de contribuír ao alivio da pobreza e beneficiar toda forma de vida sobre a terra.

Na Decisión VII/30 da Conferencia das Partes adoptouse un marco de traballo para facilitar a avaliación dos progresos obtidos cara á meta do 2010, co fin de promover a coherencia entre os programas de traballo do Convenio e prover un marco flexible dentro do cal puidesen ser fixados os obxectivos rexionais e nacionais e identificados os indicadores.

Este marco de traballo inclúe sete áreas focais e a identificación de indicadores para avaliar os progresos obtidos nos países membros foron invitados a desenvolver tamén os seus propios indicadores:

1. Reducir a taxa de perda dos compoñentes da biodiversidade, incluída (i) biomas, hábitats e ecosistemas; (ii) especies e sub-poboacións; e (iii) diversidade xenética (indicadores inmediatos: tendencia na extensión de biomas seleccionados; tendencia e distribución de especies seleccionadas; cobertura de áreas protexidas).

2. Promover o uso sostible da biodiversidade.

3. Estudar as maiores ameazas á biodiversidade, incluídas aquelas acontecidas debido ás especies invasoras (indicador inmediato: depósitos de nitróxeno).

4. Manter a integridade dos ecosistemas e a provisión de bens e servizos proveí­dos pola biodiversidade nos ecosistemas (indicadores inmediatos: í­ndice tráfico mariño; calidade da auga en ecosistemas mariños).

5. Protexer o coñecemento tradicional, innovacións e prácticas (indicador inmediato: estado e tendencias da diversidade lingûí­stica e número de falantes de linguas indíxenas).

6. Asegurar o beneficio xusto e equitativo derivado do uso de recursos xenéticos.

7. Mobilizar recursos financeiros, especialmente dos paí­ses desenvolvidos, cara a aqueles menos desenvolvidos, estados e illas en desenvolvemento e paí­ses de economí­as en transición, para a implementación do Convenio e o seu Plan Estratéxico (indicador inmediato: desenvolvemento oficial de asistencia desenvolvido polo Convenio).

Este blog únese aos obxectivos fixados pola ONU para este Ano Internacional da Biodiversidade e participará e dará cumprida información dos actos e campañas que se convoquen.

http://www.cbd.int/2010/welcome/

No hay comentarios:

Publicar un comentario