A MMM é unha rede internacional de organizacións feministas, que temos como obxectivos prioritarios rematar coa pobreza e a violencia contra as mulleres.
Dende a pluralidade da que partimos, sabemos que sin unha participación activa e que teña como protagonistas imprescindibles ás mulleres, non será posible que a humanidade camiñe hacia un outro mundo mais xusto, libre e solidario.

Por iso é obxectivo da MMM poñer en relación aos grupos de mulleres de base que traballan a nivel local, con accións internacionais, nunha rede solidaria que dirixe as súas mobilizacións na rúa para denunciar a falta de compromiso dos gobernos coas nosas demandas.
As mulleres da Galiza participamos na MMM desde o ano 2000 combinando a participación nas campañas internacionais co deseño de campañas propias axeitadas á nosa realidade máis próxima, nomeadamente arredor das datas do 25 de novembro, Día internacional contra a Violencia de Xénero, e do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres.
Descarga a volantina: http://www.feminismo.info/webgalego/images/stories/pdf/Accion2010MMMRAG.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario