http://www.wikio.es

22/1/10

Os Museos Científicos Coruñeses presentan a segunda edición do ciclo de divulgación científica “Os luns con ciencia”.

ALTERNATIVAS ENERXÉTICAS E BIODIVERSIDADE
Desde o 18 de xaneiro ata o 19 de abril de 2010, destacados expertos farán na Domus un repaso das diferentes alternativas enerxéticas, incidindo nos aspectos que máis preocupan á sociedade, como é o seu efecto sobre a conservación da biodiversidade.


25 xaneiro: «AHORA, unha alternativa á crise enerxética»
Conferencia:
Domus, 20:00
Juan José Gómez Cadenas, físico e novelista
Director do Grupo de Física de Neutrinos do Instituto de Física Corpuscular do CSIC en Valencia.

Durante a súa intervención, Juan José Gómez Cadenas explicará que AHORA é o acrónimo dunha fórmula (AHOrro Renovables Atomica) que quizais poida axudar a resolver ou mitigar o que seguramente vai ser o problema do século: a crise enerxética motivada pola combinación de escaseza de combustibles fósiles (petróleo e gas natural) e contaminación (emisións de CO2, moi en particular asociadas á combustión de carbón).






No hay comentarios:

Publicar un comentario