http://www.wikio.es

21/1/10

A ESCOLA PÚBLICA GALEGA EN FOLGA: 90% SECUNDAN A MOBILIZACIÓN CONTRA O DECRETAZO

Ducias de milleiros de persoas toman Compostela para defenderen a lingua

Minutos depués das once e media da mañá arrincou desde a Alameda de Santiago a manifestación convocada pola plataforma «Queremos Galego» polas rúas compostelás en contra do decreto do plurilingüismo da Xunta.

A manifestación deu comezo na Alameda, deu a volta pola praza de Galicia e penetrouse no caso vello. Unha hora despois chegou á praza do Obradoiro cando aínda moitas persoas esperaban na Alameda para poder comezar a marcha. A protesta, que se desenvolveu sen incidentes, terminou coa lectura dun manifesto.

Xa no Obradoiro, un grupo de profesores acordou propor á Xunta que o diñeiro que lles van a descontar por participar hoxe na folga dedíquese a axudar aos damnificados en Haití. Unha proposta que foi ovacionada polas miles de persoas presentes na manifestación.
  • Máis de sesenta expertos xuristas advirten da ilegalidade do decreto

Aseguran que podería ser declarado nulo e que amosa “un preocupante descoñecemento do marco constitucional e estatutario que rexe o uso das linguas oficiais”.

Galerías:
Fontes: Efe, La Voz e Vieiros

No hay comentarios:

Publicar un comentario