Don Javier Martínez, arcebispo de Granada, nunha recente homilía comparou a Lei do Aborto, votada maioritariamente polo Parlamento español, cos crimes de Hitler manifestando que "se a muller aborta, o varón pode abusar dela".
Un grupo de cidadás e cidadáns creamos na tarde de onte o grupo "Que la justicia actúe contra el Arzobispo de Granada", na rede social Facebook, xa que segundo o noso punto de vista, as súas palabras poden constituír un delito ao incitar e xustificar a violencia de xénero. Recordemos que no noso país se condenou, cunha pena de quince meses de prisión ao imán de Fuengirola (Málaga), por defender posicións similares.
No grupo incorporáronse artigos publicados na prensa nacional así como a homilía integra descargada en formato pdf da páxina oficial do Arcebispado de Granada:
Non pasaron aínda vinte e catro horas dende a creación do grupo e achegámonos xa a 3.000 persoas as que formamos parte deste, expresando con liberdade e transparencia nosas opinións sobre o tema.
Na mañá de hoxe procedeuse a enviar escritos individuais por parte de algúns dos integrantes do grupo ao Ministerio de Igualdade, asociacións cidadás, partidos políticos, Conferencia Episcopal... para que se manifesten sobre as palabras pronunciadas, pedindo a intervención da Fiscalía por se as mesmas constituen un delito.
A violencia de xénero é unha eiva social que se cobra moitas máis vidas que o terrorismo. Non podemos permitir que ninguén, e menos se o fai dende unha tribuna pública ou de un púlpito, poida contribuír coas súas palabras á súa propagación e xustificación.
Entendemos que a lei debe ser igual para todas e todos, sexan cristians, musulmáns, agnósticos ou ateos, agóchense tras dun pasamontañas, unha sotana ou un despacho institucional.
Se os poderes públicos silencian estas situacións, as cidadás e cidadáns debemos pasar da indignación á denuncia e á acción para que as nosas liberdades e leis non se desvaloricen polo desleixo dos que teñen que velar polo seu cumprimento.
Grupo en Facebook
NOTA: Este blog adhírese á nota de petición de actuación da xustiza en contra dunhas manifestacións tan graves de destacados membros da xerarquía da igrexa católica española e co desexo de que non queden impunes unha vez máis.
vídeo en YouTube:
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=c8uBK4vTMMc