23/3/10

Aí vái o meu croio, Ratzinger.

O actual obergrüppenfürher do Estado Vaticano, ex dirixente máximo da Santa Inquisición, a Súa Santidade Ratzinger, (Bieito XVI), no habitual comicio matinal do domingo, fói quen de convidar a tódolos que non foran pederastas a que arroxaran a primeira pedra. Poderíamos convir que iso fói un erro de cálculo, xa que logo, moitos curas en España, Irlanda, Alemaña, EE.UU., en todo o mundo abusaron de moitos nenos, e facíanno coa tolerancia e a discreta complicidade da xerarquía católica de cada lugar.

Eiquí, nas Españas, contamos con un especímen chamado cardenal Cañizares que lle parece más grave abortar que abusar sexualmente dos nenos. O reaccionario Cañizares, nunha pugna por ver quen é máis reaccionario, non comprende que abortar non é delito e violar nenos e nenas sí. Pero sérvelle todo. Non hai sorpresas.

Aí vái o meu pelouro contra os pederastas e contra dos que abusando da sotá e dunha noxenta superioridade relixiosa ou moral, adícanse a violar nenos e nenas coa manifesta complicidade da súa xerarquía. Agardo que estos sátrapas indeseables apañen unha boa canteira.

Agora, tócalle o turno a Xustiza civil, democrática, xulgar estos feitos de especial gravidade pola indefensión das vítimas e que afroran por un e outro lado e condenar duramente os culpables e os seus cómplices.

Namentras descargamos as pedras instamos a intervención dos estamentos xudiciáis de cada país, impedindo que se pague o silencio ou se remate ollando pra outro lado.


Radio Rexurdimento.gal




1 comentario:

  1. Me ha dado un error y tengo que repetir mi comentario.

    Te decía que lamento enormemente no poder contestarte en uno de los idiomas más bonitos de la humanidad, el gallego, a pesar de ser de una comarca reconocida como bilingüe. No lo puedo hacer porque la derecha arrasa con todo, incluida la cultura.

    Hablando ya del tema de las piedras, la iglesia está tan acostumbrada a abusar, han sido tantos los siglos de abusos que hasta los sexuales los ven legítimos. Hablas de Cañizares, pero ... ¿qué me dices del Arzobispo de Granada que dijo que si la mujer aborta el varón puede abusar de ella?

    A esos les daba con el magalito en la cabeza.

    ResponderEliminar