http://www.wikio.es

3/3/10

"Isto arranxámolo, pero sen eles"

Nace na rede unha contracampaña á de "Esto lo arreglamos entre todos". Que estean detrás as empresas máis poderosas e algúns grandes bancos indigna a traballadores e parados: "Non somos pagados por unha gran empresa. Non estamos a soldo de ningunha organización de empresarios. Non nos enchen o peto por esta web nin Telefónica, nin as Cámaras de Comercio. Non somos Iberia, nin El Corte Inglés, BBVA, Banco Santander, La Caixa, Caixa Madrid, Repsol, Cepsa, Endesa, Iberdrola, Rede Eléctrica, Mapfre, Renfe, Abertis, Mercadona, Indra, nin a patronal da construción, Seopan. Non temos nada que ver con eles. Ao contrario, cremos que se hai que buscar culpables a toda esta situación, é entre eses nomes. Porque sabemos que isto o arranxaremos cando acabemos con eles. Quen somos? Somos traballadores e parados, como ti,".

Esta é a carta de presentación dunha nova iniciativa,
"Esto sólo lo arreglamos sin ellos", nacida da indignación que suscitou a campaña oficial "Esto lo arreglamos entre todos", coa que se pretenden fomentar as actitudes positivas para combater a crise. O que indigna non é tanto a mensaxe como quen está detrás da campaña: as Cámaras de Comercio e 18 grandes empresas. Nela aparecen Andreu Buenafuente, Michael Robinson, Angels Barceló, Ferrán Adriá ou Pau Gasol e o seu cote foi de catro millóns de euros.

"Rinse de nós. Din que desta saímos todos xuntos, mentres se reenvorcan nos seus beneficios", esgrimen os promotores da contracampaña e avisan de que "co que nos están a sangrar, preparan os seus cairos para abaratar o despedimento, para unha nova reforma laboral, para contratar traballadores aterrorizados que obedezan sen chiar".

A canalización das protestas ante a campaña dos catro millóns de euros estase a facer a través de Facebook e de Twitter. "Esto deberían arreglarlo los que lo jodieron" é unha destas plataformas pero non a única.

No hay comentarios:

Publicar un comentario