Durante a II Conferencia Internacional das Mulleres Socialistas, celebrada en Copenhague, en agosto do ano 1910, Clara Zetkin conseguiu que se aprobase a Celebración do Día Internacional da Muller, data que se consolidou posteriormente no día 8 de marzo.
Durante estes cen anos, o 8 de marzo serviu para visibilizar as loitas e as demandas feministas, loitas pacíficas que significaron importantes avances na vida de millóns de mulleres, creando novas formas de pensamento e acción, propoñendo e construíndo un novo modelo de relacións sociais.
Mais, cen anos despois, as mulleres seguimos tendo que reivindicar o evidente.
No ano do centenario do 8 de marzo, as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres dos cinco continentes, facemos un chamamento a “marchar” para demostrar a nosa perseveranza e a nosa forza colectiva, con distintas experiencias, culturas políticas e orixes étnicas, pero compartindo sempre un obxectivo común: o desexo de superar a inxusta orde actual que provoca a violencia e pobreza, e constituír o mundo que queremos baseado na paz, a xustiza, a liberdade, a igualdade e a solidariedade.
Convócase a toda a cidadanía a participar nos actos que as diferentes coordinadoras comarcais da MMM van realizar en celebración do Día Internacional das Mulleres.
Máis información en www.feminismo.info
ACTOS DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES na GALIZA
Ourense
Luns, 8 de Marzo
Obradoiro ás 17:30 hrs.
Praza Maior
A Coruña
Luns, 8 de Marzo
Festa de celebración do movemento feminista
de 12:00hrs ás 20:30hrs
Praza das Conchiñas
Vigo
Luns, 8 de Marzo
Manifestación ás 20:00 hrs.
Desde a Praza de Portugal
Compostela
Luns, 8 de Marzo
Manifestación ás 20:30 hrs.
Desde a Praza do Toural
Ferrolterra
Luns, 8 de Marzo
Concentración ás 20:00 hrs.
Cantón de Molíns (Ferrol)
Pontevedra
Luns, 8 de Marzo
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza 8 de Marzo
No hay comentarios:
Publicar un comentario