http://www.wikio.es

10/3/10

"GUETO"

"GUETO" é un percorrido polos distintos territorios de Cisxordania e Gaza, onde se mostran parte das ferramentas que utiliza Israel para a constante apropiación de terras e recursos.



Somos Diego Gebelin e Carlos Pla, estudantes de periodismo da Universidade de Valencia e traballamos cun grupo de profesionais do sector da comunicación.

Buscamos promover un tipo de información libre de influencias externas, intereses privados e ideoloxías.O noso obxectivo é intentar mostrar de forma fiel, a actualidade internacional dentro dos territorios que no século XXI seguen sufrindo a influencia do colonialismo, a ocupación e a explotación dos seus recursos e cidadáns.

Os proxectos nos que traballamos son audiovi- suales e baséanse en trasmitir de forma clara e no terreo, as consecuencias que estas guerras eoperacións militares teñen nas poboacións que as sofren, pero sobre todo mostrar a orixe, as causas e os intereses que producen estes conflitos e toda unha serie de consecuencias, que son as que aparecen de forma periódica nos medios de comunicación.

A nosa estratexia é expoñer as secuelas físicas e sociais provocadas por estes conflitos, sempre nun contexto onde destaquen as causas, os intereses e os responsables destas accións.

A finalidade é achegar unha visión o máis gráfica posible, coa esperanza de crear conciencia social e apoiar, de forma directa ou indirecta, en primeiro lugar ás distintas poboacións que sofren en primeira liña, e tamén promover iniciativas para axudar ás poboacións damnificadas e favorecer medidas legais, como o informe Goldstone en Palestina, que buscan levar a que os responsables de violacións dos Dereitos Humanos, en calquera lugar do mundo, paguen polos seus actos.

Temos a convicción de que o libre fluxo de información é a ferramenta máis eficaz para loitar contra todos os intereses que hoxe en día son a peor ameaza tanto para a paz, coma para o bo entendemento entre todas as culturas do mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario