http://www.wikio.es

2/3/10

Ángel Exposito (Director de ABC) é tan idiota e reaccionario como Rosa Díez

Nunha semana os sectores máis conservadores de España insultaron gravemente aos galegos e galegas. Primeiro foi Rosa Díaz, agora o Director do xornal monárquico-conservador ABC o que utiliza despectivamente o termo, "gallegada", para criticar ao Ministro de Traballo, Celestino Corbacho, no programa da televisión pública, TVE-1, "59 segundos".

Desde Radio Rexurdimento, instamos a dirección da RTVE que o devandito señor Expósito non volva a participar nun programa da televisión pública ata que pida disculpas e retire o seu insulto aos galegos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario