http://www.wikio.es

5/2/10

AD non quere traballadores entre os seus clientes. Boicot a "Adolfo Dominguez"


Se hai alguén destro en España á hora de sacar as tesoiras, ese é o modisto galego Adolfo Domínguez. O ourensano demostrou onte que o mesmo deseña patróns, que lle fai un remendo ao mercado laboral en cuestión de minutos sen cortarse un pelo. Deixouno moi claro na súa participación no Fórum Europa Tribuna Galicia, onde deu receitas para todo, aínda que, para traxe, o que lle fixo ao "asustado" Executivo de ZP. Sobre a súa xestión despachouse a gusto: Pediu eleccións anticipadas, porque "de seguir gobernando estes" levarán ao país "á quebra", acusándoo de falta de sensibilidade ante a crise e improvisar medidas "dun día para outro".


En cuestión de recortes, Domínguez empezou por urxir a liberalización das relacións laborais a través dun despedimento libre "sen trabas administrativas nin xudiciais", "ao xeito anglosaxón", o que provocaría un "aumento de produtividade inmediato" ao motivar as persoas a gañar "cada día" o seu posto de traballo.


O empresario interpretou que saír da crise require "unha reforma laboral profunda", que permita ás empresas expandirse no exterior, e avogou por recuperar os "valores do esforzo" e do traballo "ben feito", de abandonar o "eloxio da preguiza", no que se instalou a esquerda "cando se viu obrigada a abandonar por inservibles as bandeiras do socialismo real". Nesta liña, afirmou non crer no Estado do benestar "tal e como o organizaron os europeos e españois"."Non" creo "nun sistema permite que que alguén se colla un ano por depresión, a maioría das veces fraudulenta, se reincorpore e teña 30 días de vacacións", reprobando un sistema que xera "un montón de pícaros".


E que dicir dos sindicatos?... Pois o deseñador non ten "nada en contra" -asegura-, aínda que moito ollo, "porque teñen moito pillín entre as súas filas", aseverou.

O deputado do PSdeG José Manuel Lage Tuñas acusou hoxe o deseñador ourensano Adolfo Domínguez de "caradura" e criticou que se aproveita" das subvencións" ao mesmo tempo que "externaliza" o traballo da súa empresa para "aproveitarse da man de obra barata". "Queda retratado coas súas palabras", entendeu.
Despois de que o modisto defendese onte o despedimento libre no mercado laboral español, o socialista considerouno "unha persoa con dobrez", xa que "pon a man para pedir e logo losquea a administración". "Por que non renuncia ás axudas públicas?", cuestionou, e, tras sinalar que "criticar é libre", recomendoulle "un pouco de prudencia e mesura".
"Para o presente e o futuro do meu país, non me gustaría que Domínguez fose o exemplo a seguir polo empresariado", sentenciou, tras espetar que se merece que alguén o poña no seu sitio".
Desde este blog tan modestamente como taxantemente, unímosnos as decenas de iniciativas de boicot contra Adolfo Domínguez que xurdiron por toda Galicia e polo conxunto de España.

No hay comentarios:

Publicar un comentario