Rosa Díez: "Zapatero es gallego, en el sentido más peyorativo del término"
Rosa Díez destapóu a (outra) caixa galega dos tronos ao acusar a Zapatero precisamente de "gallego", un adxectivo que, no bo sentido da palabra, podería significar diplomático e irónico. Mesmo taimado. Non obstante, a líder de UPyD referíase á quinta acepción do dicionario da Real Academia Española, só usada en Costa Rica, que a define como "tonto, parvo".

A antano conselleira socialista do Goberno vasco baixo a presidencia do PNV acudiu o pasado martes como convidada a Hoxe, o novo programa de Iñaki Gabilondo en CNN+, onde o presentador lle pediu que definise cunha idea ao presidente do Goberno.
"Podría ser gallego, en el sentido más peyorativo del término", respondeu a deputada no Congreso.
Un exabrupto acuñado por vez primeira o pasado novembro, cando durante unha visita a Galicia cualificou de igual modo ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Tanto o PP coma o PSOE saíron ao paso do seu boutade e esixiron desculpas polas súas "desafortunadas" declaracións, consideradas "un ataque frontal a toda a sociedade galega". O BNG foi máis alá e criticou a "progresión cara ao horror" das súas intervencións, "algo absolutamente inconcibible nunha dirixente democrática".
Díez non quixo rectificar este mércores. Fontes de UPyD optaron por gardar silencio e non matizaron a sentenza. "Tener que explicar una frase es sacarla de contexto". Cando Gabilondo, tras preguntarlle por Zapatero, lle pediu que definise a Mariano Rajoy, a parlamentaria limitouse a dicir: "Es gallego".
Vexan vostedes o vídeo coa entrevista completa. (Ver minuto 5' 00")
No hay comentarios:
Publicar un comentario