http://www.wikio.es

7/2/10

Ofensiva sindical contra a privatización sanitaria.

Os sindicatos da sanidade pública puxeron sobre a mesa un calendario de mobilizacións contra as políticas da Consellería de Sanidade. Consideran que o departamento de Pilar Farjas pretende privatizar a sanidade aproveitando a construción do novo hospital de Vigo. De feito, a empresa que edifique ese centro quedará durante vinte anos coa xestión dos servizos non clínicos e cobrará un canon anual duns 50 millóns. Xestionará eses servizos tanto no novo complexo de Beade coma nos outros centros hospitalarios públicos da cidade.

E a contestación dos sindicatos vai ser grande. Onte presentaron nunha rolda de prensa un calendario de mobilizacións contra a política do PP, que culminará cunha gran manifestación o día 24 de febreiro. Esa concentración pretende emular, e mesmo superar, á mobilización cidadá do pasado 29 de outubro, cando varios miles de persoas saíron á rúa para demandar que o novo hospital fora público. Neste caso tamén formulan unha folga para ese día e para o 2 e 3 de marzo.

Chegará precedida polas mobilizacións desta semana e polas que se levarán a cabo na próxima, o martes, mércores, xoves e venres. Haberá concentracións continuas e asembleas nos hospitais. Ademais, prepáranse actos lúdicos para os días de Carnaval. O Mércores de Cinza, os sindicatos sairán ao Enterro da Sardiña vestidos con batas brancas e lazos de cor negra, simbolizando que se enterra á sanidade pública.

Ás mobilizacións organizadas polo comité de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) súmase a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública, integrada por sindicatos e asociacións cidadás e usuarios que tivo novos afiliados nos últimos días.

Os sindicatos aproveitaron o acto de onte para cargar contra o labor dos medios de comunicación porque, din, deron unha información de parte nos últimos días. Refírense ao acto no que o xerente do hospital decidiu abandonar o salón de actos porque un grupo de persoas o apuparon mentres explicaba os plans da consellería. Gran parte do persoal presente na reunión criticou a actitude dos que apuparon.
Cortesía de "Dempeus pel la salut pública"

No hay comentarios:

Publicar un comentario