O líder de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, advertiu o Goberno que iremos alí onde sexa necesario e como sexa necesario para defender os dereitos dos traballadores". E para que a advertencia non caia en saco roto, onte a mañá na asemblea de delegados máis multitudinaria en moitos anos, convocou mobilizacións masivas contra a proposta de xubilación aos 67 anos. Serán durante a semana do 22 ao 26 de febreiro en todas e cada unha das cidades españolas. "Que ninguén se esqueza que temos capacidade para defendernos" recordou mentres máis de dous mil delegados abarrotaban o salón de actos e todos os seus accesos.
Asamblea delegados 4 febrero CCOO Madrid (resumen) from Alberto Leal on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario