A plataforma QUEREMOS GALEGO anunciou a data da gran manifestación en favor da lingua cuxa convocatoria xa adiantara no mes de xullo: será o vindeiro 18 de outubro en Santiago de Compostela e partirá ás 12 da mañá da Alameda. É unha convocatoria na que se chama a participar ao conxunto da sociedade galega, “a esa inmensa maioría de galegas e galegos que queren o seu idioma, que o consideran un dos nosos máis valiosos patrimonios e sinais colectivos, por riba de afiliacións ou mesmo da lingua que empreguen para comunicarse no día a día”.
Esa mesma chamada ao conxunto da sociedade “é válida tamén para que se sumen a esta plataforma e ás súas iniciativas as persoas e entidades que entenden o galego como un elemento a querer e a defender fronte a quen pretende agredir os nosos dereitos”.
“Radio Rexurdimento.gal”, únese a esta convocatoria e anima aos amigos e amigas a participar nela.

No hay comentarios:
Publicar un comentario