Vivir en galego, o noso dereito
O goberno galego anunciou a derrogación inmediata do decreto en vigor sobre a utilización do galego no ensino e como primeiro chanzo da desfeita puxo en marcha a realización dun cuestionario dirixido ás familias no que estas poderán dar a súa opinión ao respecto.
Nos vinte e cinco anos de existencia de Nova Escola Galega non lembramos ningunha outra ocasión –e houbo motivos abondo- en que se utilizase instrumento tal para coñecer a opinión de toda ou parte das comunidades educativas. A auténtica intención do cuestionario é, sen dúbida, a de sustentar politicamente mediante unha consulta pseudodemocrática o deseño dun retroceso normativo da presenza do galego no sistema educativo.
É por iso que Nova Escola Galega puxo en marcha unha serie de iniciativas –moitas delas de xeito unitario con boa parte dos colectivos relacionados co ensino- que pretenden informar ás familias sobre a situación creada con esta medida gobernamental.
Esta sección do web pretende ser un punto de encontro de todas as iniciativas que persigan acadar un dereito tan elemental como o de podermos vivir en galego no noso día a día.
Consulta as famílias sobre a lingua:
No hay comentarios:
Publicar un comentario