http://www.wikio.es

25/10/09

Paul Preston, o PP e as mentiras herdadas.

O pasado luns, Paul Preston, recoñecido hispanista e catedrático de Historia Contemporánea Española, abriu en Huesca o Congreso "Vencedores e vencidos. Exilio e ditadura, setenta anos despois", no que diferentes expertos, como Jordi Gracia, José Andrés Rojo, Julián Casanova e Almudena Grandes, trataron diversos temas (historia, arte, literatura, cine) relacionados coa ditadura nacional-católica e os exiliados da Guerra Civil.

Foime imposible asistir, pero seguín a prensa para acceder, polo menos, aos datos máis relevantes que se expuxeron no Congreso. Porque, a estas alturas, o pasado traumático que marcou en España a política e a sociedade durante moitas décadas, segue sendo, en moitos aspectos, unha incógnita a desvelar. A estas alturas, trinta e catro anos de democracia non foron suficientes para mirar os corenta anos do franquismo con asepsia intelectual por parte dos consabidos sectores relixiosos e políticos.
A estas alturas, en España segue existindo unha dereita que quere seguir ocultando as tremendas vergüenzas dunha ditadura que someteu ao país á miseria, á angostura vital e á máis implacable falta de liberdade; por que se non o PP se opuxo á Lei de Memoria? Por que se non fixo campaña de acoso e derrubamento contra o xuíz, Garzón, que pretendía restituír a dignidade ás vítimas do franquismo e ás súas familias? Por que se non falan os do PP de "reabrir feridas" cando saben moi ben que esas feridas nunca se curaron? y por que, afastada de toda moderación democrática, a dereita continúa dando por válidas algunhas mentiras do franquismo?


Para Paul Preston, segundo argumentou no seu discurso inaugural, algunhas respostas están no control absoluto que tivo o franquismo dos medios de comunicación e do sistema educativo, que permitiu ao ditador "facer cuajar certas mentiras" nas xeracións que creceron no estado represivo. Tamén aludiu aos corenta anos que tiveron os franquistas para facer desaparecer as probas dos seus crimes, que foron moitos; e preguntouse en voz alta: "Se os franquistas estaban tan orgullosos do que fixeran, por que puxeron tanto empeño en facelo desaparecer? ". A propia dereita, por opoñerse a desvelar a verdade da ditadura, autoincúlpase.
Quizais sexa esa a explicación a que esa dereita que "sufrimos" continúe con esas mentiras aínda "cuajadas" e sexa, por iso, experta en arremeter, en desprestixiar e en mentir indiscriminadamente; e en opoñerse de xeito sistemático a calquera avance democrático; e en tapar, con incrible cinismo, as súas descomunais corruptelas; e en manipular con mentiras manifestas a conciencia dos seus votantes.
E en aliarse cos intereses da xerarquía católica e, á súa vez, ser referente político da inxerencia constante do clero nos asuntos públicos; e en facer feroz campaña contra a educación democrática na escola; e en enganar á cidadanía con argumentos falaces sobre a Lei do aborto; e en tantas e tantas cousas que nos seguen afastando os españois dese democratismo político que tanta falta nos fai.
Afortunadamente, existen expertos, historiadores, homes e mulleres da ciencia e a cultura que, con honradez intelectual, continúan desmadejando a inmensa maraña de incógnitas e mentiras que aínda pululan en moitas conciencias. E mentres tanto, esta dereita impresentable, que se nega a condenar o franquismo, e que chama "asasinato" á interrupción do embarazo segundo pautas cientificamente consensuadas, volve a cabeza ante miles de mortes que aconteceron fai non tantos anos por defender a democracia e a liberdade. A esas mortes non as chaman "asasinatos"; a aniquilación desas vidas nin a contemplan. Tremenda contradición que os define e os delata.
Coral Bravo é Doutora en Filoloxía e membro de Europa Laica
http://www.elplural.com/opinion/detail.php?id=39417

(Traducido do castelán).

No hay comentarios:

Publicar un comentario